25/03/2009

EN POSTOS DE PROMOCIÓN

Nunca pensaron os seareiros do Pontevedra que a solución aos seus males, coa chegada de José Aurelio Gay, había de ser tan rápida. Sete semanas despois o equipo xa está outravolta entre os catro primeiros. Houbo que sumar para iso seis vitorias seguidas. A da xornada de hoxe, contra o Barakaldo en Pasarón, foi se cadra das máis complicadas. Os bascos pecharon ben as bandas e impediron que o Pontevedra creara demasiadas ocasións. Porén, o gol chegou no minuto 30. Marcou, como non, o brasileiro Charles. No segundo tempo, o Pontevedra non sufriu pois o Barakaldo acabou o partido con 9 por expulsión de Arbilla (vermello directo) e Cerro. Tras a xornada de hoxe, o equipo pontevedrés é cuarto con 50 puntos, a 2 da Ponferradina, terceira con 52, e cos mesmos puntos co Lemona, quinto con 50. A vindeira xornada, o equipo viaxa a Valladolid para enfrontarse ao filial pucelano, pechacancelas da categoría con apenas 21 puntos e que hoxe perdeu 2-1 co Celta B en Vigo. Unha boa oportunidade para afianzarse nos postos de arriba. Complícaselle a vida, en cambio, ao Fabril, que perdeu en Abegondo por 3-4 ante o Bilbao Athletic. O dianteiro coruñés Iván Pérez fixo un hat trick e o equipo chegou a dominar o marcador por 3-2 pero os de Tito Ramallo sofren moito este ano para pechar os partidos e viron como os bilbainos acababan remontando. Os coruñesesestán en descenso a tres puntos da salvación. O Racing de Ferrol, que está na loita polos postos de promoción, empatou 1-1 en Las Llanas contra o Sestao River e queda a un punto do Pontevedra. Empataron tamén a domicilio o Lugo no campo do Guijuelo (0-0) e o Ciudad de Santiago ante a Real Sociedad B (1-1). (A foto de Charles da web do Pontevedra).

5 comentários:

  1. 1、We have excellent customer service team, which could solve online various problems about the Air Jordan and Nike Dunk we provide in 24 hours.
    2、We have perfect Logistics system, which guarantees all the ordered Nike Air Jordan shoes and Nike Dunk shoes are delivered to you in good shape as fast as possible.
    3、We have strong manufacture plant, which are able to provide various models, sizes & colors of Air Jordan shoes and Nike Dunk shoes ranging from 1 to 23 according to what you request.
    4、We have the first-rate after-sale service , in case that the Jordan Shoes and Nike Dunk shoes products that you receive come across some quality problems, then, please do not worry, we are abound to refund all the payment in one week. Also, the products can be changed in one me month.The main products we specialize in are showed as follows.

    Our Jordan Shoes:

    Air Jordan 1
    Air Jordan 2
    Air Jordan 3
    Air Jordan 4
    Air Jordan 5
    Air Jordan 6
    Air Jordan 7
    Air Jordan 8
    Air Jordan 9
    Air Jordan 10
    Air Jordan 11
    Air Jordan 12
    Air Jordan 13
    Air Jordan 14
    Air Jordan 15
    Air Jordan 16
    Air Jordan 17
    Air Jordan 18
    Air Jordan 19
    Air Jordan 20
    Air Jordan 21
    Air Jordan 22
    Air Jordan 23

    ResponderExcluir
  2. Penso que sí que deberías mercar unha desas air jordan.

    Despois dun comenzo moi preocupante de tódolos equipos, salvo o Cidade de Santiago, semella que están espabilando, e todavía están a tempo de conseguir algo -sobre todo o Pontevedra e o Racing- de vivir tranquilos -Lugo, Celta B (¡2º gol de Joselu!) e Cidade (non sei se servirá de algo pola súa situación) e de salvarse (Fabril: que por certo, debería recuperar o seu nome dalgún xeito).
    A min dame pena o de Rafa Saez no Pontevedra, porque é un tío que me cae bastante ben e despois da súa etapa no Celta B mercía ter sorte, pero o Pontevedra ten un equipo bastante serio, sen contar o presuposto que ano a ano invirten, como para non entrar, lástima que o Real Unión esté tan lonxe e que con este novo modelo no que dos catro campeóns de grupo ascenda dous, soamente queden dúas plazas para os outros clasificados.

    Por certo que o Pontevedra ten un xuvenil, Javi Rey, que xogou varios partidos, que está a piques de marchar, e non sei a qué agardan Celta e Deportivo para botarlle man. Xa posou co rapaz que marchou ao Castilla, e penso que vai ocorrer doutra volta

    ResponderExcluir
  3. Foi unha pena que o Pontevedra non aproveitara a súa oportunidade na Segunda, porque como dis, o ascenso dende a Segunda B é cada vez máis complicado. Pontevedra ten unha afición que merece estabilizarse, cando menos, na Segunda División. Do que dis de Javi Rey, xa ves, nada novo. O da fuga de talentos no fútbol non deixa de ser moi diferente á que acontece noutros eidos da sociedade. Somos moi pouco dados a valorar o que temos e a confiar no que sae da casa. Xa pasou con Jonathan Pereira ou Iago Falqué, Julio Álvarez, Nano, etcétera, etcétera. Tamén é certo que, en moitos casos, pais, adestradores, olladores do país sempre pensan, en canto hai un rapaz que despunta, en chamar ants a Madrid ou Barcelona cos cós equipos do país. Pero vistos modelos de canteira como por exemplo o do Vilarreal é unha mágoa que os clubes galegos non aposten dunha vez por todas polos futbolistas do país. Estou convencido de que inda que Fran só hai un, ducias de xogadores galegos que poderían destacar na Primeira División, non chegaron sequera a ter un contrato profesional ante a falla de oportunidades.

    ResponderExcluir
  4. En canto o das Jordan, vaites! Pensareino

    ResponderExcluir