09/03/2009

PRIMEIRO GOL DE AIMAR EN LIGA

O Benfica tiña un partido fundamental onte en Figueira da Foz para non perder comba na loita que mantén co Porto e co Sporting, que gañaran o sábado, na loita polo título. Para iso tiñan que romper cunha negativa xeira de máis de tres meses sen gañar fóra do Estádio da Luz. E as cousas puxéronselles de cara de inicio ao marcar Pablo Aimar o seu primeiro gol en Liga coa camisola das aguias. O arxentino comezou por debaixo do seu nível a competición mais nas últimas semanas estase erixindo no xogador máis determinante do equipo lisboeta. Con todo, o partido non ficou resolto pois o Naval 1º de Maio deu moita guerra e empatou á volta do descanso con gol do Marcelinho. Tivo que ser un clásico, o grego Katsouranis, o que lle dese aos de Quique a vitoria definitiva que mantén o Benfica a dous puntos do Porto e con dous de vantaxe sobre o Sporting. No resto da xornada, o Sporting Braga e o Maritimo de Funchal empataron a domicilio na súa loita polos postos UEFA. Boa oportunidade para o Nacional que xoga esta noite en Setúbal.

Nenhum comentário:

Postar um comentário