13/03/2009

O COCHE DE MOURINHO

Debo recoñecer que un dos personaxes do mundo do fútbol polo que sinto maior debilidade é José Mourinho. Sei que é un tipo insoportable e mesmo maleducado por veces, pero eu non podo negar que me fai moita graza, e que de tan rosmón cáeme estupendamente. Logo, claro, están os seus méritos como adestrador. Ollando o seu palmarés non hai dúbida de que se trata dun dos mellores do mundo se non o mellor. Eu por unhas razóns e por outras declárme mourinhista. De feito, sempre pensei que aos galegos viríanos moito mellor ter de presidente a Mourinho que a Touriño. Os Consellos da Xunta serían fantásticos. Senhor Mourinho, que opina das críticas do PP a haches ou bes? E faltada que che criou! En fin... o caso é que non puiden evitar saber que coche ten Mourinho, despois de que tanto se falara do coche de Touriño. E velaí o tendes: un Ferrari 612 Scaglietti, o único que a fábrica de Maranello fabrica con catro asentos. O coche custa 2 millóns de euros, algo máis caro co de Touriño é, e é un agasallo persoal que lle fixo Abramovich, cinco meses despois de que Mourinho deixase o banco de Stanford Bridge. Ignoro se este Ferrari está blindado inda que parece que Mourinho ben se sabe defender el só.

3 comentários:

  1. Mourinho es el típico tipo que o te cae bien, o te cae mal, no hay un punto intermedio. Es cierto que es de los mejores en su cargo, pero hay formas y formas de ejercer en ese puesto.

    PD: Quen nos dera un coche así jeje

    Un saludo!!

    El fútbol es injusto

    ResponderExcluir
  2. Pois eu tamén son Mourinhista, primeiro porque é un exemplo de que se queres algo podes acadalo. En Barcelona moito rin da época de tradutor e todas esas lerias, pero foi a partires dese intre cando comenza a súa preparación, primeiro con Robson, despois cando chegou Van Gaal e el seguiu no Barça facendo non se sabe que, pero seguiu a prepararse, formándose. Despois , se non estou equivocado, estivo no Benfica e finalmente surxiu o home que levou ao FC Porto a gañar a Champions.
    Exemplo de que non é preciso ser un antigo xogador para ser un gran adestrador, de que hai que formarse e aproveitar as oportunidades.
    Pese ás críticas que caen sobre el -sobre todo despois da eliminación d Inter-, a min paréceme un adestrador de equipos moi equilibrados e nada defensivos -desde logo un equipo defensivo -poñamos calquera de Capello- non admitiría os erros defensivos deste Inter-, un equipo que sabe a que xoga e como inclinar o xogo cara os aspectos no que é superior.
    A mingústame o seu carácter -tamén me encantaba Khan, por exemplo- un tío que lle de certa salsa aos partidos, que te apetece escoitalo na sala de prensa e estou con el cando critica aos xornalista porquenon lle fan preguntas de fútbol e si as típicas preguntas de "fulano dixo tal... que tes que respostarlle?" buscando a polémica inmediata. Discrepo da súa teima na contra dos árbitros, pero non se vai coincidir en todo.
    Tamén me gusta que é un tío normal, que incluso recoñece ter rancor e todo co tema do Barça, pois claro que sí, riron del, despreciáronno e ten todo o dereito a expresarse como queira.
    Son Mourinhista, si.

    ResponderExcluir
  3. #Dani: está claro que ou cae moi ben ou moi mal, pero para min é moi divertido e anima moitísimo o cotarro. Ten a capacidade de facer algo que sempre supera o anterior.

    #Josele: A verdade é que é curioso. Xa sempre me chamou a atención o seu papel de tradutor de Robson. Habitualmente os tradutores non se fan tan coñecidos. E si, polo xeral alégrame cando lle responde aos xornalistas, porque un adestrador é malo e logo todo o mundo o pon caldo, pero aos xornalistas deportivos malos? Quen lles dá da súa propia medicina?

    Unha aperta aos dous.

    ResponderExcluir