14/03/2009

O DÉPOR XA TEN QUEN O PATROCINE

O Dépor atopou por fin patrocinador. Non foi sen tempo. Finalmente, segundo informa o Depor Sport,  será Estrella Galicia a que luza o seu logo na camisola do Dépor durante o que resta desta temporada e a seguinte, e un pensa que é xusto pois fai memoria e calcula que só co que un gastou na súa vida nesa marca de cervexa xa estaría o Dépor patrocinado dúas veces.  O caso é que inda non se sabe exactamente cal é o acordo económico entre o club e a empresa. La Voz xa ataca dicindo que fontes da empresa non quixeron responder sobre por que patrocinan un clube coa débeda do Dépor. Como se os da Estrella foran facerlle un favor ao Dépor e non investir no mellor soporte publicitario que existe neste país. É o que ten facer xornalismo dende o rencor. En fin, que as dúas empresas nas que máis cartos gastei na miña vida danse a man. Boa nova!

Nenhum comentário:

Postar um comentário