15/03/2009

MARSHALL DECIDE PARA OS SIXERS

Os Sixers aproveitáronse do cansanzo de Miami, que viña de impoñerse a noite anterior nun agónico partido con tres prórrogas ante os feros Jazz. Con resultado exiguo (77-85), os dePhiladelphia sumaron a súa terceira vitoria consecutiva, a mellor xeira dende o All Star e que coincide co excelente momento de forma de Thaddeus Young, que hoxe anotou 17 puntos, e sobre todo, co compromiso de Dalembert, un home fundamental por canto é o cinco de referencia do equipo. Despois dos 19 rebotes do último día, esta tarde sumou outros doce, ademais de catro tapóns e oito puntiños. Pero por riba dos demais a actuación máis salientable do partido foi a do veterano Donyell Marshall (17 temporadas na NBA), quen non contaba para Di Leo dende o 17 de febreiro. Entrou no último cuarto e anotou 10 puntos (3 de 4 en triples) e 5 rebotes. Marshall apenas xoga pero cando o fai sempre aflora a súa calidade e experiencia nos momentos decisivos. Por parte dos de Florida Wade, exhausto depois de facer 50 puntos no citado partido contra os Jazz, quedou nuns discretos 18 puntos. (Foto da web oficial dos Sixers)

Nenhum comentário:

Postar um comentário