09/03/2009

MEMORIA HSTÓRICA

Despois de asaltarme a curiosidade decido saber que equipos galegos xogaron algunha vez na Segunda División. En total foron dez: Deportivo, Celta, Compos, Pontevedra, Lugo, Racing de Ferrol, Ourense, Arousa e os xa desaparecidos Sporting Vigo e Juvenil La Coruña. En definitiva dez equipos das oito cidades do país. Mais nesta lista debera estar tamén o Lemos de Monforte. Clube hoxe clasificado no 15ª posto da Preferente Norte e acuciado como tantos outros por graves problemas económicos, conseguiu o ascenso á categoría de prata no ano 1936 despois dunha dura eliminatoria co Club Gijón. Mais nunca chegou a xogar un partido en Segunda. Logo chegou a Guerra Civil e a Liga non volveu ata o 1939, cando a Federación española decidiu recompoñer as distintas categorías en función das novas circunstancias das que o Lemos xa non formaba parte. Non dispoño de máis información. Alguén coñece algo máis sobre o tema?

Nenhum comentário:

Postar um comentário