09/03/2009

GAY QUE ROELO!

O Pontevedra gañou con claridade a domicilio (0-3) no campo do Sporting B con goles de Vázquez e Charles en dúas ocasións e suma unha espectacular xeira positiva de resultados dende a chegada ao banco de José Aurelio Gay. Despois de empatar no seu debú contra o Celta B, suma xa tres vitorias consecutivas e volve albiscar a promoción de ascenso como algo factible. Está a seis puntos do cuarto clasificado inda que hai moitos equipos na fariña. Porén, o Pontevedra é un dos mellores equipos da categoría, cunha das mellores afeccións, e merece estar aí arriba. Onte gañou con solvencia un partido no que se ben tampouco foi moi superior ao seu rival, demostrou a pegada dos grandes. O vindeiro domingo recibe ao modesto Marino de Luanco, en postos de descenso, no estadio de Pasarón. Asegurar os tres puntos sería o pulo necesario para meterse definitivamente na loita. Ogallá que o consiga porque o Pontevedra e José Aurelio Gay merecen unha nova oportunidade na Segunda División.

Nenhum comentário:

Postar um comentário