
Andre Iguodala e Andre Miller asumiron o protagonismo na vitoria (
90-95) desta madrugada dos
Sixers ante os
Pistons. Iguodala acadou o seu máximo anotador da temporada (31 puntos), metres que Miller asinou un fantástico triple doble (21 puntos , 12 asistencias e 10 rebotes). Despois de que Philadelphia chegara a ir perdendo por 12 no segundo cuarto, Tony DiLeo considerou que as súas dúas estrelas tiñan que xogar completo o segundo tempo dado o moito que hai en xogo a estas alturas da temporada: unha guerra aberta con Miami Heat polo quinto posto de conferencia, e abofé que estiveron á altura. O público do Wachovia Center quedou sen ver un dos ídolos recentes da franquía, Allen Iverson, aínda con molestias, que non estivo sequera no banco. O mellor dos Pistons foi Rodney Stuckey con 23 puntos. O equipo de Michael Curry é oitavo con dous partidos de vantaxe sobre os Bobcats. Os Sixers son quintos grazas a vitoria, pero en loita aberta cos
Heat que gañaron (
118-104) o seu partido na cancha dos
Wizards con 33 puntos de Dwyane Wade. Gilbert Arenas descansou despois da súa participación na machada contra os Cavaliers. Os
Bulls aséntanse no sétimo posto. Onte impuxéronse no United Center aos
Nets por
94-103. Non foi un partido memorable dos Bulls, pero abondo para superar a uns pobres Nets nos que destacaron, alén de Brook López (20 puntos,10 rebotes), dous secundarios no que vai de temporada: Ryan Anderson (17 puntos e 10 rebotes) e Dooling (16 puntos, 8 asistencias e 5 rebotes). Nos Bulls ninguén brillou especialmente pero tampouco deixou de cumprir co seu cometido, que é o que se pode esperar dun equipo coma este a estas alturas de temporada. Pola súa banda
Orlando, despois do festín do venres ante Cleveland, acadaron unha nova vitoria (
88-82) ante outro dos fortes do Leste:
Atlanta. O partido estivo marcado polas baixas porcentaxes de acerto dos dous equipos (38% Orlando e 39% Atlanta) e polos 23 rebotes de Dwight Howard. Outra lectura positiva que pode extraer Van Gundy é o bo rendemento da súa segunda unidade. No Madison Square Garden, os
Knicks sumaron unha nova derrota (
102-95) ante uns
Raptors emperrados en lavar a súa imaxe a última hora. Levan seis vitorias seguidas. Os flamantes segundos do Oeste,
Denver Nuggets déronse unha homenaxe na visita dos
Clippers (
104-120), cunha nova exhibición de JR. Smith, que anotou 34 puntos con 7 triples de 14 intentos. No outro partido que se disputaba onte, sen nada en xogo, os
Grizzlies gañaron en
Milwaukee (
107-102). (A foto de Miller da web da
NBA)
Nenhum comentário:
Postar um comentário