13/04/2009
E FINALMENTE PASOU O BARÇA
O Barcelona será finalmente o equipo que dispute a Final Four tras vencer no quinto partido da súa eliminatoria de cuartos a un dos grandes favoritos: o TAU Baskonia. Os cataláns foron capaces de recuperarse do mazazo do primeiro partido, cando os vascos se impuñan no Palau, dábanlle a volta ao factor cancha e establecían un rexistro de sete vitorias consecutivas sobre os cataláns. No último partido, como no cuarto, as triples volveron destrozar a defensa baskonista (78-62). Juan Carlos Navarro asumiu a súa condición de líder dos blaugranas e machacou dende fóra o aro rival a bse de tiro exterior -16 puntos no primeiro tempo- Canda el, Jaka Lakovic e Ersan Ilyasova sumábanse á desfeita. O TAU non tivo capacidade de reacción. Rakocevic (10 puntos) empequeneceu no partido decisivo e apenas Splitter (19 puntos) e Mickeal (14 puntos) mantiveron o tipo. O Barcelona gañou todos os parciais e nunca desperdiciou a vantaxe no marcador gañada grazas ao tiro exterior. Canda Navarro, cómpre salientar o auténtico partidazo de Ersan Ilyasova, un xogador que no último ano e medio está a demostrar que ten unhas condicións únicas no básquet europeo. Se mantén este rendemento será, sen dúbida, un dos grandes do continente. Anotou 19 puntos, apañou 10 rebotes e deu catro asistencias. Cómpre salientar o mérito do técnico Xavi Pascual, que despois de xerar moitas dúbidas tras a súa chegada a finais da pasada temporada, está a demostrar un gran manexo dos partidos e tamén unha intelixente administración dos recursos do plantel ao longo do ano. O CSKA de Moscova será o rival nas semifinais. No apartado anecdótico, chama a atención que David Andersen convértese no primeiro xogador que disputa a final four con catro equipos diferentes. xa o fixo co Kinder Bologna, co Montepaschi Siena, co CSKA e tócalle agora co Barcelona. (Foto collida da web da Euroliga)
Marcadores:
Baloncesto,
Barcelona,
Ersan Ilyasova,
Euroliga,
Juan Carlos Navarro,
TAU,
Xavi Pascual
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário