13/04/2009
O CABREO DE GAY
José Aurelio Gay, non cabe dúbida, é un tipo tranquilo. Por iso escoitalo tan cabreado o pasado domingo nos micrófonos da Radio Galega despois da derrota no Anxo Carro ante o Lugo, chama poderosamente a atención. O aragonés arremeteu con moitísima dureza contra a actitude dos xogadores do seu equipo e advertiu que así podían esquecerse de calquera obxectivo esta temporada. O certo é que o Pontevedra, despois da euforia das sete vitorias seguidas, súmense na desconfianza despois de sumar só un punto nas tres últimas citas. Volven quedar fóra dos postos de promoción de ascenso a falta de catro xornadas para o remate da temporada. O Zamora está a tres puntos, e supérano tamén na clasificación o Racing de Ferrol que se impuxo na Malata á sempre complicada Ponferradina (2-0), con goles de Carlos e Lamatina (destaca no equipo ferrolán a participación do canteirán de 17 anos Juan Martínez que se está a asentar no primeiro equipo), e o Celta B, que está a completar unha xcelente temporada que venceu (0-1) en San Lázaro ao Ciudad de Santiago con gol de Oriol Riera. Non dá saído da zona de descenso o Fabril que perdeu na complicada visita á Cultural Leonesa por 2-0 e segue a 3 puntos do posto que elude o descenso directo. (A foto de Gay dirixindo un adestramento do Pontevedra de pontevedracf.net)
Marcadores:
2ªB,
Celta B,
Ciudad de Santiago,
Fabril,
Fútbol,
José Aurelio Gay,
Lugo,
Pontevedra,
Racing de Ferrol
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário