13/04/2009

O CELTA GÁÑALLE A OUTRO DOENTE

O Celta gañou por fin, trece semanas despois, por primeira vez dende que chegara Eusebio xa fai mes e medio. O resultado foi cativo (1-0), apenas un afortunado gol de Ghilas á volta do descanso, e o xogo do equipo non diferíu en exceso do visto as semanas anteriores en Balaídos. O equipo foi irregular no seu xogo. Por veces daba mostras de calidade e bo trato ao balón, outras amosaba un terrible desconcerto e inseguridade defensiva. Rubén, como xa é costume, cometía dous ou tres graves erros que a piques estaban de costar un disgusto. O porteiro, neste caso Falcón que entrou por Notario nunha sorprendente decisión de Eusebio, interviña puntualmente con brillantez para evitar os goles do contrario. O público, máis escaso que nunca, animaba por momentos pero axiña apupaba cando agromaban os males endémicos do equipo. Que mudou, xa que logo, desta vez? O rival. O Córdoba tivo as súas ocasións, máis que outros equipos que sacaron tallada de Balaídos nas semanas anteriores, posiblemente mereceu o empate, pero este ano na segunda, ademais do Celta, hai máis equipos que non saben xestionar o seu desacougo. Copio textualmente o primeiro parágrafo da crónica do xornal El Día de Córdoba. Paga a pena: Yo perdono, tú perdonas, él perdona, nosotros perdonamos, vostros perdonáis... Ellos perdonan. Qué costumbre más fea tiene este Córdoba, que parece empeñado en demostrar que sólo se va a salvar porque hay cuatro equipos peores que él. Ayer, en Balaídos, volvió a desperdiciar innumerables ocasiones. Y el temeroso Celta, que llevaba once jornadas sin ganar, aprovechó un acto de fe de Ghilas en el arranque del segundo período para llevarse el gato al agua. El conjunto de Luna Eslava se mantiene quinto por la cola, con cuatro puntos de margen sobre el ascenso. Maldita mediocridad. Como se pode ver parece un calco de calquera crónica da prensa viguesa nos últimos meses. Os celestes bateron cuns doentes da súa mesma enfermidade. O Córdoba ten catro puntos de marxe sobre o descenso, o Celta sete. Se o Celta se salva será porque hai catro equipos piores ca el... e o Córdoba. En todo caso, sacáronse tres puntos que poden traer certo acougo para un plantel hipertenso. (Foto de eldiadecordoba).

Nenhum comentário:

Postar um comentário