
Todas as aspiracións dos
Bobcats por estar nos playoffs pasaban por vencer aos
Pistons, oitavos, en Detroit. Mais bateron co verdugo máis inesperado: Will Bynum, terceiro base dos Pistons, que fixo o partido da súa vida. Anotou 32 puntos, 26 deles no último cuarto!!!, record histórico da histórica franquía de Michigan. Unha auténtica xesta que certifica a presenza do seu equipo na postemporada. Coa súa actuación estelar, Bynum desequilibrou finalmente (
97-104) un partido que os Bobcats gañaban por un ao remate do terceiro cuarto. En
Nova Jersey, os
Sixers fixeron o peor partido (
67-96) da temporada e volvéronlle ceder o quinto posto da Conferencia aos Heat. Para os de DiLeo apenas Louis Williams anotou máis de dez puntos. Miller e Iguodala, decisivos a noite anterior ante os Pistons, quedaron nuns tristes 7 e 5 puntos respectivamente e piden a berros descanso de cara aos playoffs. Pola súa banda, en the Q de Cleveland, os
Cavs resarcíronse das súas dúas últimas e humillantes derrotas ante Wizards e Magic, cunha clara vitoria (
81-101) ante
San Antonio Spurs. Lebron James anotou 38 puntos. En Toronto, os
Knicks vingáronse (
112-103) dos
Raptors, que viñan de gañar no Madison, e cortaron a xeira de seis vitorias seguidas da franquía canadense malia os 31 puntos e 14 rebotes de Chris Bosh. No Oeste, os
Nuggets aproveitaron a derrota de San Antonio para afianzarse no segundo posto impoñéndose claramente aos
Timberwolves (
110-87). Os
Rockets tamén deron un paso importante na súa loita polo cuarto posto ao gañarlle (
88-102) ao seu rival directo, os
Blazers. Os
Mavericks, entrementres, sepultaron as poucas opcións dos
Suns de entrar nos playoffs cun contundente
116-140. No duelo entre dous equipos en declive, os
Jazz impuxéronse na cancha dos
Hornets (
108-94). Os Lakers, moi relaxados nas últimas semanas, vnceron no derbi anxelino ante os Clippers (
88-85). Outros partidos:
Warriors- Kings (
105-100),
Pacers-Thunder (
117-99). (A foto da web da
NBA)
Es que Bynum es un crack. Por eso se lo llevaron de vuelta desde Europa. Ojalá siga gozando de minutos para demostrar lo que vale. Y otro que me parece que puede seguir sus pasos es Lynn Greer. Vaya genio. Aunque a lo mejor el ser tan pequeño sería un lastre en la NBA.
ResponderExcluirUn saludo!
Páginas Deportivas
Un crack si, pero...26 puntos no último cuarto nun partido tan decisivo é unha auténtica pasada. UNHA APERTA
ResponderExcluir