06/04/2009
SPORTING E BENFICA NON CEDEN
Benfica e Sporting non podían errar onte nos seus partidos a domicilio despois da vitoria do Porto o sábado en Guimarães. Calquera tropeza a estas alturas do campionato pode costar o título. O Sporting de Lisboa visitaba Matosinhos para se enfrontar ao Leixões, equipo revelación da primeira volta e ao que a segunda se lles está a facer demasiado longa. Os leixonenses perderon (0-1) ante un Sporting serio e ordenado que atopou o gol nunha xogada entre os dous avanzados. Liedson asistiu a Derlei que marcou. O Benfica, pola súa banda, tamén se impuxo, nesta caso na Reboleira de Amadora, por 1-2 ao Estrela e con novo favor arbitral, o que está a ser unha constante nas últimas semanas. O árbitro, a indicación do seu asistente, indicou penalti nunha xogada na que o defensor derrubou ao Nuno Gomes claramente fóra da área. Coa vantaxe no marcador, o Benfica tivo un novo penalti, desta volta si que foi, por man dentro da área. O paraguaio Cardozo transformaba por segunda vez. Os de Quique, porén, foron moi reservóns ante un Estrela de Amadora que estivera en folga toda a semana por problemas económicos do plantel. Púxose a agardar atrás ante a perplexidade dos benfiquistas desprazados ao Estádio da Reboleira. Á media hora de partido Varela marcaba, tamén de penalti o 1-2. O Benfica dedicouse a conservar a vantaxe e acabou pedindo a hora despois dun partido moi requeno que le permite, porén seguir a cinco puntos do Porto, líder indiscutible. O Sporting segue segundo a catro puntos. Por atrás, despois dos tropezos do Leixões e do Maritimo, que empatou na casa (1-1) ante o Trofense, o Braga aséntase no cuarto posto ao gañar claramente en Setúbal con dous goles de Orlando Sá e outro de Rodríguez. O Sporting sácalle catro puntos ao Nacional, que xoga inda hoxe en Vila do Conde na casa do Rio Ave, pechacancelas. (A foto da web oficial do Sporting)
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário