
30/04/2009
SEN NOTICIAS DO ARSENAL

Marcadores:
Alex Ferguson,
Almunia,
Arsenal,
Carlos Tévez,
Champions,
Fútbol,
Manchester United,
Rooney
29/04/2009
DALLAS CONSUMA O ADEUS DOS SPURS

Os Lakers xa están nas semifinais da Conferencia despois de lle gañar (96-107) aos Jazz no cuarto partido, na volta ao Staples Center. Unha vez máis foi manifesta a superioridade do equipo de Phil Jackson sobre os Jazz, nos que nin Boozer nin Williams estiveron nos seus números. O equipo de Jerry Sloan dá por concluída unha das súas temporadas máis discretas dos últimos anos. No debe dos Lakers, outra vez, a súa relaxación no treito final do partido que permitiu unha recuperación do rival que, con todo, nunca chegou ameazar verdadeiramente o resultado. Gasol (17 puntos e 11 rebotes), Odom (26 puntos e 15 rebotes) e Kobe (31 puntos), foron novamente os mellores do seu equipo. (Xogador do partido: Lamar Odom)
Os Sixers perden en Orlando despois dunha pésima arbitraxe: Orlando gañou (91-78) o partido pero afrontará o sexto sen a súa grande estrela. Dwight Howard foi suspendido cun partido de sanción despois do cobadazo que lle arreou a Samuel Dalembert na loita por un rebote. Os árbitros do partido vírono pero no canto de expulsalo pitáronlle apenas unha técnica. No mellor blog sobre os sixers contan perfectamente como Howard, que fixo 24 puntos e 24 rebotes, cometeu unha chea de infraccións: pasos, dobles, faltas... ante a connivencia arbitral. Iso non quita que os Sixers, independentemente do seu incontestable espírito de loita, volveran caer nos mesmos erros que lle están a impedir gañar partidos ante un equipo que non é moi superior. Érranse demasiados tiros fáciles e cométense unha chea de imprecisións en contras aparentemente sinxelas. Andre Miller non tivo o seu mellor partido e Lou Williams segue sen ser o revulsivo anotador da Liga Regular. Tampouco Young está a gusto e Speights, o prometedor rookie de DiLeo volveu ver todo o partido dende o banco. Iguodala, porén, está a cumprir co seu papel de líder (26 puntos), malia que segue errando demasiados tiros libres, e Willie Green e Dalembert está facendo partidos máis que aceptables. Os Magic, desta volta, afinaron a puntería dende a liña de 3, especialmente un gran Rashad Lewis, e Alston anotou canastras decisivas. Vexamos que acontece esta madrugada sen Howard na cancha, e sen Courtney Lee, que abandonou a cancha lesionado e é baixa. (Xogador do partido: Dwight Howard)
Os Celtics gañan tras unha nova prórroga (104-106): Esta serie vai pasar á Historia. Será lembrada por moito tempo pase o que teña que pasar ao final. Pero Bulls e Celtics están a ofrecer un espectáculo extraordinario. Hoxe, nun partido de máxima emoción e igualdade, o equipo de 'Doc Rivers' impúxose despois dunha prórroga e de que Brad Miller errase dous tiros libres a falta de dous segundos que poderían ter forzado outros cinco minutos máis de xogo. Nos Bulls, Salmons e Ben Gordon anotaron sempre nos momentos decisivos e Derrick Rose tampouco se agochou, se ben cometeu algún erro froito da precipitación. Noah estivo espectacular no rebote apañando 17. Nos Celtics Ray Allen acabou desquiciado e eliminado por faltas pouco antes do remate do tempo regulamentrio, pero eríxironse tres grandes protagonistas: Rajon Rondo, que está a completar unha serie incrible e quedou a só dous rebotes do seu terceiro triple doble en cinco partidos (28-8-11), Paul Pierce, irregular durante o partido pero que procurou sempre a responsabilidade nos momentos decisivos sen que se lle encollese o pulso, e Kendrick Perkins, o center, que fixo 16 puntos e 19 rebotes. Ao final do partido, sobran os comentarios sobre o mal gañar de Kevin Garnett. (Xogador do partido: Kendrick Perkins)
Os Blazers salvan o primeiro match-ball. Estaban obrigados a gañar no Rose Garden para evitar unha eliminación que tería sido un auténtico xerro de auga fría despois das boas sensacións da Liga Regular. E facíano con Brandon Roy con molestias gripais e Lamarcus Aldridge con problemas nun ombreiro. Mais os dous foron, ao final, os principais artífices (con cadanseus 25 puntos) da vitoria dos de Oregon sobre os Rockets, que completaron o seu peor partido na serie, con 3-2 a favor dos texanos. (Xogador do partido: Brandon Roy)
Nuggets- Mavericks, primeiras semifinais confirmadas. Os Denver Nuggets certificaron (86-107) na súa cancha a súa brillante clasificación para as semifinais da Conferncia Oeste. É a primeira vez que o conseguen dende 1997. Agora crúzanse nunha serie que se promete apaixonante cos Dallas Mavericks, que veñen de eliminar aos Spurs. Onte volveron impoñerlle un avultado marcador aos Hornets que, con todo, inda mantivern o tipo máis da metade do partido. Finalmente, nunha enxurrada de acertos, os de George Karl marcaron un parcial de 24-4 e romperon definitivamente o partido. Carmelo Anthony, nado en Denver, foi o mellor do seu equipo con 34 puntos. (Xogador do partido: Carmelo Anthony)
Os Hawks sentenciaron no primeiro tempo. Está a ser esta unha eliminatoria ben igualada marcada, en boa medida, pola irregularidade dos dous equipos. O que pase poucas opcións parece ter para lle complicar as semifinais aos Cavaliers. Desta volta os Hawks fulminaron (91-106) aos Heat despois dun primeiro tempo no que o equipo de Spoelstra non soubo manter a calma nun segundo cuarto marcado pola extrema dureza e os piques entre varios xogadores. O caso é que ao descanso o parcial era de 40-63 e os de Miami decidiron deixar as cousas para o sexto partido na súa cancha. Josh Smith intentou un mate de concurso, pasando a bola por debaixo das pernas, que suscitou a indignación da prensa de Miami e aventura máis piques de cara ao seguinte partido. (Xogador do partido: Ronald Murray)
(Foto da web da NBA)
O CHELSEA SAE ILESO DO CAMP NOU

Marcadores:
Barcelona,
Champions,
Chelsea,
Fútbol,
Guus Hiddink,
Pep Guardiola
27/04/2009
O PORTO NON CEDE

O BARÇA CEDE EN MESTALLA

Marcadores:
Barcelona,
Fútbol,
Pablo Hernández,
Primeira,
Raúl,
Real Madrid,
Sevilla,
Valencia
TENDENZAS AUTODESTRUTIVAS

No Faro de Vigo defíneno ben: tendenza autodestrutiva. O Celta é exactamente iso, un equipo que independentemente do día, do xogo, do resultado, das sensacións, do esquema táctico, do rival, acaba complicándose a vida de mala maneira. E todo por un problema de coco. Tampouco é que se poida dicir que o Celta sexa un equipo sobrado para a Segunda División, máis ben ao contrario, pero xa son demasiadas veces que acaba batendo coa mesma pedra. O de onte, segundo contan as crónicas –non puiden ver o partido- é o enésimo exemplo disto que estamos a falar. Eusebio procurou unha pequena revolución táctica. Do mesmo xeito que Lotina apelara aos cinco centrais no sseu momento máis crítico na Coruña, o de La Seca, decidiu poboar a defensa e darlle maior liberdade aos carrileiros para se incorporar ao ataque, non en balde un home de ataque como Óscar Díaz ocupaba un dos carriles. E a cousa parece que non saíu ml de inicio. O Celta dominou con relativa comodidade ante un rival ao que, honestamente, non lle vai demasiado no que queda de aquí ao remate do campionato. Óscar Díaz marcou o primeiro rematando unha xogada a balón parado e pouco despois Ghilas, o atacante máis entoado nas últimas semanas, marcaba o segundo. Con 2-0 ao descanso quedaba por ver aínda se o Celta sería capaz de facer o que temía a meirande parte dos poucos seareiros que foron a Balaídos. E foi capaz. E desta volta non se pode falar tampouco de erros defensivos puntuais, nin apuntar a Falcón, que volveu á titularidade despois dos catro de Vallecas. Foi máis ben unha cuestión de coco, é de supoñer, ou a certeza por parte dos propios xogadores de que se as cousas poden saír mal logo sairán moito peor. O Levante empatou en dúas accións illadas de Pedro Vega, e o Celta xa ten o descenso a cinco puntos a falta de oito partidos aínda. Eusebio mudou o sistema e, por momentos, non lle foi para mal, pero, é que pode sacar algunha conclusión consistente? Iso da autoaxuda... funcionará? O que está claro é que deberá que procurar solucións alternativas.
(Foto da web do Celta)
Marcadores:
Celta,
Eusebio Sacristán,
Fútbol,
Levante,
Óscar Díaz,
Segunda
PONTEVEDRA DESPÍDESE DO ASCENSO

Marcadores:
2ªB,
Celta B,
Ciudad de Santiago,
Fabril,
Fútbol,
Lugo,
Pontevedra,
Racing de Ferrol
26/04/2009
HUMILLACIÓN HISTÓRICA

Os Mavs a un paso das semifinais de Conferencia. Os Dallas Mavericks gañaron (90-99) por segunda vez na súa cancha e están a piques de consumar a primeira sorpresa- se é que así se lle pode chamar- da primeira rolda dos play offs. Ao contrario que nas anteriores vitorias nesta serie, os Mavericks non tiveron necesidade de parar a Tony Parker. O francés estivo xenial. Fixo nada menos que 43 puntos, (31 no primeiro tempo, no que é un record da franquía en playoffs), pero non foi suficiente, nin sequera coa axuda de Tim Duncan, que estivo moi ben e anotou 25 puntos e 10 rebotes. O xogo dos Spurs dependeu tanto das súas dúas estrelas que se fixo previsible. Entre Parker e Duncan anotaron 68 dos 90 puntos do seu equipo. Dallas, en cambio, foi un equipo. Destacou especialmente Jason Kidd, que no play off non se reserva como noutros partidos da Liga Regular. Fixo 17 puntos, 7 rebotes e 7 asistencias. Xenial estivo tamén Josh Howard, máximo anotador do seu equipo con 28 puntos, a maioría deles no segundo tempo do partido. Nowitzki non foi o home decisivo pero soubo facer un traballo suxo a favor do equipo (12 puntos e 13 rebotes). Barea, Terry, Wright e Dampier completaron tamén unha boa actuación e destacou o excelente traballo defensivo de Ryan Hollins, que acabou xogando 20 minutos e por momentos foi quen de pararlle os pés a tim Duncan. A serie volve ao AT&T Center de Santo Antonio e haberá que ver como responden os Spurs a esta situación límite. (Xogador do partido: Jason Kidd)
Os Lakers afastaron calquera dúbida que puidera aparecer tras o terceiro partido cunha vitoria contundente (108-94). Kobe Bryant estivo xenial e foise ata os 38 puntos cun excelente 16 de 24 en tiros de campo. O de Pennsylvania foi o líder dos Lakers nun segundo cuarto no que marcaron un parcial de 40-28. A incapacidade defensiva para parar a máquina de baloncesto de Phil Jackson acabou coas aspiracións dos Utah Jazz, cada vez máis dependentes de dous homes: Deron Williams (23 puntos e 13 asistencias) e Carlos Boozer (23 puntos e 16 rebotes). Nos Lakers, pola contra, ademais de Bryant apareceron os secundarios de luxo (Gasol e Odom), e sobre todo os reservas, como Walton, Vujacic ou Shannon Brown achegaron o suficiente para marcar a diferencia entre os dous equipos. De volta ao Staples, a serie parece máis que decidida. (Xogador do partido: Kobe Bryant)
Os Bulls gañan (118-121) despois de dúas prórrogas. Está a ser, sen dúbida a grande serie destes playoffs. Un equipo novo e alegre contra uns Celtics maduros de máis. Ademais, ofrece un espectacular duelo entre bases de gran futuro: o mellor rookie do ano, Derrick Rose e Rajon Rondo, que asinou o seu segundo triple doble consecutivo (25-11-11). Rose quedou a unha asistencia de conseguilo (23-11-9). No seu debe sete bolas perdidas mais no seu favor cómpre dicir que anotou 13 dos seus 23 puntos no último cuarto. (Xogador do partido: Derrick Rose)
Os Cavs, primeiros en pasar a semifinais de Conferencia (99-78). Era visto. Os Pistons non foron rival en ningún momento da serie para os Cavs e rematan unha das máis tristes campañas da súa historia recente. Rasheed e Iverson probablemente abandonen o equipo polo que é o momento de pensar seriamente na renovación dun plantel glorioso noutros tempos. Mais estes tempos son para os Cavs, que teñen en Lebron un líder famento de gloria. Onte fixo 36 puntos, 13 rebotes e 8 asistencias ademais de un notable 16 de 17 nun dos peros do seu xogo: os tiros libres. Lebron, ademais, non está so. Ilgauskas, Williams, West e compañía completan un plantel que é gran favorito para o título. Polo momento, foron os máis aplicados e contarán, xa que logo, con máis días de descanso. (Xogador do partido: Lebron James)
Turkoglu dalle a vitoria a Orlando cun triple no último segundo (84-81). Xa van máis de media ducia de partidos que os Sixers perden este ano cunha canastra no último segundo. Onte tocoulle a Turkoglu acabar coa esperanza de Philadelphia de forzar a prórroga. O turco, con esta canastra importantísima, resárcese dos seus pésimos tres primeiros partidos. Dwight Howard con 18 puntos e 18 rebotes dominou o xogo interior. Nos Sixers, Iguodala deu a cara en todo momento (13 puntos, 7 rebotes e 11 asistencias) e liderou un novo intento de remontada do seu equipo (como é habitual tivo que remar contra o marcador a maior parte do tempo), pero Miller non tivo o seu día máis afortunado e precipitouse en moitos momentos do xogo. A súa porcentaxe de acertos e tiros de campo estivo acorde coa pésima porcentaxe do equipo (38,8). A serie volve a Florida con vantaxe para os Magic, que seguen sendo os favoritos, se ben os Sixers xa demostraron que teñen calidade abonda para lles dar moita guerra. (Xogador do partido: Hedo Turkoglu)
Os Rockets a un paso das semifinais. Houston venceu (88-89) por segunda vez consecutiva. Outra vez cun marcador axustado mais demostrando maior calidade e veteranía nos momentos decisivos. A estas alturas, o equipo de Nick Adelman parece o único capaz de poñerlle as cousas algo difíciles aos Lakers no Oeste. Yao Ming (21 puntos e 12 rebotes) e Luis Scola (19-10) foron os máis destacados dos Rockets, onde tamén destacou Battier con 4 triples de 6 intentos. Peor estivo Artest, que tirou todo canto lle caía na man e fixo un pobre 5 de 20 en tiros de campo. Brandon Roy foi o mellor anotador do seu equipo con 31 puntos. A diferencia do terceiro partido, a participación dun anotador como Rudy Fernández foi máis ben testimonial con cinco tristes puntos. A serie volve a Texas e todo parece que está pronta a resolverse. (Xogador do partido: Yao Ming)
Os Hawks recuperan o factor cancha. Outra eliminatoria que denota a igualdade na Conferencia Leste, salvando a superioridade manifesta dos Cavaliers. O equipo de Atlanta recuperou o factor cancha ante Miami Heat tras vencer (81-71) con relativa comodidade no cuarto partido. O equipo de Mike Woodson soubo conter a Dwyane Wade, que quedou por debaixo dos seus números habituais (22 puntos, 6 rebotes e 7 asistencias). En Miami, ademais de Wade, só dous xogadores alcanzaron os dobles díxitos de anotación: O´Neal e Jones. Nos Hawks, pola contra, fixérono seis xogadores, destacando o partido do xeorxiano Zaza Pachulia, con 12 puntos e 18 rebotes. (Xogador do partido: Zaza Pachulia)
(Foto da web da NBA)
25/04/2009
PUIDO SER PIOR. MERECEU SER MELLOR

WEBB E ROONEY FORON OS REVULSIVOS

Marcadores:
Chelsea,
Fútbol,
Howard Webb,
Hull City,
Liverpool,
Manchester United,
Premier,
Rooney,
Tottenham,
West Ham
AFERRÁNDOSE Á MIRAGRE

O Rosalía, malia ter certificado matematicamente o seu descenso, aférrase aínda á esperanza da penúltima praza, que lle permitiría agardar polo miragre de conservar a categoría se algúns dos que acadan o ascenso dende a LEB Prata renuncia á súa praza por problemas económicos. É unha opción posible pero moi improbable que en todo caso esixía gañarlle no Sar ao Illescas, equipo co que compite por eludir a última praza. Conseguiuse (65-64) nun partido de infarto, grazas a unha canastra a falta de cinco segundos do grego Pavlidis coa buguina a piques de soar por fin de posesión. O curioso é que a canastra foi a única que anotou Pavlidis, xogaor máis determinate do Beirasar nas últimas semanas, en todo o partido. Os dous puntos son unha pequena alegría para os de César Iglesias, que viran como nos dous últimos cuartos os manchegos se lles subiran ás barbas, pero non agocha a decepción de non terlle dado á volta ao basket average, que esixía gañar por máis de oito puntos, polo que os santiagueses continúan sendo pechacancelas, coas mesmas vitorias co Illescas, a falta de cinco partidos para o remate da competición. Taylor foi o mellor do equipo con 21 puntos, ben secundado polo esloveno Cebular con 18 e unha moi boa selección de tiro. Pavlidis, malia os seus dous escasos puntos, contribuíu á vitoria con 11 rebotes. A nota negativa foi a lesión de Jordi Vallmajó, que precisou da axuda dos seus compañeiros para retirarse da cancha. O Breogán, pola súa banda, acadou a súa terceira vitoria consecutiva, desta vez ante Los Barrios, e aséntase no cuarto posto da clasificación. Hoxe no Universitario tivo que remontar un marcador de 10 en contra no descanso. No segundo tempo aflorou a calidade dos lugueses e mesmo gañaron con comodidade (80-73). Volveu destacar, como a pasada semana, Dani López, con 13 puntos e 8 rebotes. Tamén destacou, como é normal, Brian Cusworth con 19 puntos e 6 rebotes. O ferrolán Lucho Fernández anotou 18 puntos. Unha boa nova foi a volta de Pecile despois da lesión. Por certo, curiosa reportaxe na web do Breo pescudando sobre os gustos literarios do plantel. Elmore Leonard, Murakami, Suso de Toro, Tolkien, Pérez Reverte, Antonio Gala, Oscar Wilde... (Foto de elcorreogallego)
Marcadores:
Baloncesto,
Beirasar Rosalía,
Breogán,
Dani López,
Illescas,
Kamrrom Taylor,
Liga LEB,
Los Barrios
24/04/2009
BAREA: O PROTAGONISTA INESPERADO

Clara vitoria dos Celtics (107-86).Despois do sufrimento acumulado nos dous primeiros partidos da serie disputados en Boston, os Celtics chegaron ao United Center de Chicago dispostos a impór a súa xerarquía. Os Chicago Bulls son un equipo talentoso que pode amargarlle un partido a calquera, pero as súas estrelas son aínda demasiado novas e non teñen a regularidade suficiente para competir ante un grande como Boston. Paul Pierce foi o máximo anotador con 24 puntos pero un partido máis erixiuse como xogador determinante dos de Massachusets o base Rajon Rondo (20 puntos, 11 rebotes e máximo reboteador do equipo e 6 asistencias ademais dunha gran defensa sobre Derrick Rose). Boston pode sentenciar a serie se volve demostrar a mesma superioridade no vindeiro partido, tamén na cancha dos Bulls. (Xogador do partido: Rajon Rondo)
Os Jazz aproveitan a relaxación dos Lakers. Os Lakers perderon (86-88) un partido que dominaban con relativa comodidade no terceiro cuarto, cunha vantaxe de 13 puntos.Como como xa é habitual, relaxáronse en exceso e acabáronlle concedendo opcións de vitoria a un rival que desta volta non as desaproveitou ante a intensidade e paixón do seu público. Os Jazz acabaron impoñéndose grazas a unha canastra a falta de dous segundos de Deron Williams, nun partido no que demostraron unha gran superioridade no rebote (55 por 40 dos Lakers).Espectacular nesta faceta estivo Carlos Boozer, que colleu 22, ademais de anotar 23 puntos, o que delata un pobre partido en defensa de Pau Gasol. Nos Lakers, moi desacertados no tiro, destacou Lamar Odom con 21 puntos e 14 rebotes. Malia todas as facilidades que hoxe concederon os Lakers, aos Jazz custoulles unha barbaridade gañar o partido, polo que pensar nunha sorpresa ao remate da serie é realmente unha quimera. (Xogador do partido: Carlos Boozer)
Os Cavs superiores tamén en Detroit. Ata agora o equipo que demostrou maior superioridade na súa serie con respecto ao seu rival fora Cleveland ante os Pistons. Quedaba por ver que acontecía lonxe de The Q, mais no Auburn a historia non mudou en exceso (79-68). Lebron James demostrouse abondo para marcar a diferencia con respecto a un equipo triste, apático e decadente. Se os de Michael Curry, ben en defensa, foron capaces de manterse no partido durante tres cuartos, no último a grande estrela da Liga tomou o mando e anotou 11 puntos decisivos no parcial de 18-2 que decidiu o partido. Os números de James, coma sempre, rozaron o triple doble (25 puntos, 11 rebotes e 9 asistencias). Onte secundouno ben Joe Smith con 19 puntos e 10 rebotes. (Xogador do partido: Lebron James)
Importantísima vitoria dos Sixers no Wachovia Center. Unha canastra a falta de dous segundos de Thaddeus Young deulle a vitoria (94-96) aos Sixers no primeiro partido da serie en Philadelphia. O equipo de DiLeo ponse por diante na eliminatoria e demostra unha vez máis que ten equipo abondo para lle plantar cara a uns Orlando Magic demasiado irregulares. Por vez primeira na serie destacou Dwight Howard, que estivo nos seus números: 36 puntos e 11 rebotes. Mais o resto do equipo de Florida tivo moitos problemas para superar a intensa defensa dos Sixers ao longo do partido. Apenas Rafer Alston parecía ter capacidade para facerse sitio na mesta arañeira preparada por Di Leo. No equipo de Philadelphia, como sempre, os máis destacados foron Miller e Iguodala, que enn ningún momento lle perderon a cara o partido. O base fixo24 puntos, 9 rebotes e 7 asistencias. O escolta 27 puntos, 7 rebotes e 4 asistencias. Iggy anotou en momentos decisivos, pero como no primeiro partido a piques estivo de estragra a súa boa actuación despois de errar dous tiros libres nun momento crucial. Por fortuna, apareceu na última xogada do partido Thaddeus Young, que estivera especialmente discreto (anotou apenas seis puntos), para selar a vitoria. Orlando está agora coa corda no pescozo. No caso de perder o segundo partido en Philadelphia chegaría cunha presión insoportable ao Amway Arena. (Xogador do partido: Andre Iguodala)
Os Rockets gañaron (83-86) o primeiro partido no Toyota Center polo que manteñen vantaxe na serie. Como era de prever, non foi sen traballo malia que fosen un chisco superiores aos Blazers ao longo do partido. Os texanos dominaron o marcador dende o inicio grazas, sobre todo, ao acerto atacante de Scola e Carl Landry, que machacaron a un fraco Lamarcus Aldridge en defensa. O propio Aldridge tampouco andaba demasiado fino na canastra contraria, ao igual que o resto dos seus compañeiros, especialmente Brandon Roy, cunhas porcentaxes de acerto realmente baixas por mor de forzar en exceso ante a dura defensa que lle preparou Adelman. Apenas Rudy Fernández dende a liña de tres impediu que o seu equipo perdese opcións no partido no primeiro tempo. Pola contra, os Blazers defenderon moi ben a Yao Ming. No segundo tempo, os Rockets tiveron máis dificultades en ataque, con Scola con problemas de faltas. Portland reaxiu de vagar, Roy afinou a puntería e Fernández seguía aparecendo nos momentos decisivos, mais contra o final, valeu a experiencia dos Rockets para gañar por tres escasos puntos. Destacou o partido de Luis Scola con 19 puntos e 9 rebotes. (Xogador do partido: Luis Scola)
New Orleans Hornets respira. Despois de saír escaldado dos dous partidos en Denver, o equipo de Byron Scott recuperouse na súa cancha cunha vitoria agónica (93-95) despois dun partido moi disputado, mesmo violento por momentos. Da batalla saíu vitorioso Chris Paul, que asinou 32 puntos e 12 asistencias. Tamén foi importante a achega de David West (19 puntos e 9 rebotes) e, sobre todo, de Rasual Butler (17 puntos e 3 de 4 dende a liña de 3). Nos Nuggets, Carmelo foi o maximo anotador con 25 puntos, mentres que Chauncey Billups estivo por debaixo dos números dos dous primeiros partidos. Os Nuggets tentarán no cuarto volver a Colorado con, cando menos unha vitoria en cancha allea (Xogador do partido: Chris Paul)
Os Heat póñense moi rufos. Despois do pésimo partido dos Heat o primeiro día, poucos pensaban que, habida conta a inexperiencia da meirande parte do seu plantel, se recuperarían tan axiña e tan ben. Pero despois da contundente vitoria (78-107) de hoxe en Miami ante os Hawks, que pon a serie a favor do equipo de Spoelstra por 2-1, as principais dúbidas enxergan cara Atlanta, que hoxe regalou o partido cunha pésima serie de 17 de 19 de tiros de campo no inicio do mesmo e que permitiu un 29-50 ao descanso que logo foi insuperable para os de Mike Woodson. Dwyane Wade foi o mellor de Miami con 29 puntos, 8 asistencias e 7 rebotes. Outro veterano, Jermaine O´Neal achegou 22 puntos e 10 rebotes. En Atlanta, apenas se pode destacar algunha actuación individual. (Xogador do partido: Dwyane Wade)
(Foto da web da NBA)
23/04/2009
SEMANA COPEIRA EN EUROPA

Portugal: O Porto procurará revalidar o seu título ante o Paços de Ferreira, que chega por primeira vez na súa historia ao último partido da competición. Os ‘castores’, como son alcumados os xogadores deste clube, deron a sorpresa ao superar ao Nacional de Madeira no Estádio da Choupana por 2 goles a 3 despois de ter empatado a dous goles en Paços de Ferreira –vila moi cercana a Porto coñecida pola súa industria do moble-. O Porto, pola súa banda caeu en Amadora ante o Estrela por 2-1 mais fixo valer a vantaxe no Dragao (2-0). Porén, para Jesualdo Ferreira, o partido foi nefasto por canto Hulk lesionouse dun nocello e pode perder o que resta de temporada. A final disputarase como é tradición no Estadio Nacional do Jamor, en Oeiras (periferia lisboeta), o vindeiro 31 de maio.
Francia: Final inédita en Francia. As semifinais depararon un derbi bretón entre o Rennes, que superou ao Grenoble (0-1) e o Guingamp, equipo da Ligue 2, que deu a sorpresa ao vencer (1-2) no estadio do Touluse, da máxima categoría. É a segunda vez que o Guingamp dá a sorpresa chantándose nunha final copeira. Xa o fixo en 1997, cando perdeu o título ante o Niza. O Rennes, que adestra o mítico goleador dos 80 Guy Lacombe, aspira ao terceiro título da súa historia. A final será o 9 de maio no Stade de France.
Alemaña: O Werder Bremen será o rival do Bayer Leverkusen despois de gañar unhas igualadas semifinais ao Hamburgo. Os de Bremen gañáron após dunha tanda de penaltis (chegouse 1-1 ao final) na que Tim Wiese foi o gran protagonista ao parar tres lanzamentos dos hamburgueses. O Bayer Leverkusen eliminaran o día anterior ao Mainz non sen problemas (3-1) pois tiveron que chegar á prórroga.
Italia: O Lazio deu a sorpresa ao bater á Juve en Delle Alpi co mesmo resultado da ida (2-1). O seu rival será a Sampdoria, que eliminou ao Inter de Mourinho grazas ao 3-0 da ida. Na volta, disputada onte en Milan, o Inter apenas gañou por 1-o. A final disputarase o 13 de maio no Olímpico de Roma.
(A foto dos xogadores do Paços de Ferreira celebrando o seu histórico pase á final en abola)
Marcadores:
Bayer Leverkusen,
Copa alemana,
Copa francesa,
Copa italiana,
Fútbol,
Fútbol internacional,
Guingamp,
Lazio,
Paços de Ferreira,
Porto,
Rennes,
Taça,
Werder Bremen
MORREU UN MITO DO DÉPOR

UN DÉPOR SOLVENTE

22/04/2009
ALLEN DALLES VIDA AOS CELTICS

Inconmensurable Tony Parker. O base francés, que fora anulado no segundo tempo do primeiro partido por José Juan Barea, foi o home determinante na vitoria incontestable (84-105)dos Spurs que iguala 1-1 a eliminatoria. Parker anotou 38 puntos, e deu 8 asistencias, pero no primeiro tempo xa sumara 27 e rompera definitivamente o partido. Os Mavericks non puideron frear a enxurrada de xogo do francés. Sen chegar a perderlle de todo a cara ao partido, os Mavs foron inferiores e Nowitzki volveu facer un partido moi discreto (14 puntos e un pobre 3 de 14 en tiros de campo). Moito mellor estivo Jason Kidd, atrevido e acertado no tiro exterior. A eliminatoria viaxa a Dallas. Despois do visto onte, parece que Popovich non está disposto a concederlle máis facilidades aos homes de Carlisle. (Xogador do partido: Tony Parker).
Imparables Cavaliers. Os Cleveland Cavaliers sumaron a súa segunda vitoria (82-94) consecutiva ante os Pistons e, sobre todo, demostraron a súa tremenda superioridade. O partido foi un baño, cuns Cavaliers soberbios liderados por un Lebron aínda máis soberbio que non tiveron piedade dos Pistons. O único pero para Mike Brown, o frouxo rendemento dos seus reservas no último cuarto, no que a piques estiveron de complicarse despois de partir dunha vantaxe de 29 puntos. Lebron tivo que voltar á cancha para poñer as cousas no seu sitio. Os Pistons pasaron inadvertidos e parecen asumir que pouco lles queda por facer esta temporada. (Xogador do partido: Lebron James).
Roy lidera aos Blazers. Barndon Roy erixiuse en líder dos Blazers para conseguir a fundamental vitoria (103-107) sobre Houston que iguala a eliminatoria. Anotou nada menos que 42 puntos, fundamentais para se impoñer ao correúdo e competitivo equipo de Adelman. Escoltouno perfectamente Lamarcus Aldridge (27 puntos e 12 rebotes), mentes que Pryzbilla e Oden axustaron moito mellor a súa defensa sobre Yao, que fixera estragos no primeiro partido. O máximo anotador de Houston foi Aaron Brooks con 23 puntos. Como era de prever, enxérgase un dos cruces máis igualados e apaixonantes dos playoffs. Por desgraza, Dikembe Mutombo lesinouse nun xeonllo e posiblemente disputou onte os últimos minutos da súa brillante carreira.(Xogador do partido: Brandon Roy).
Vitoria requena dos Lakers. Os Lakers gañaron (109-119) pero non convenceron demasiado no seu segundo partido no Staples ante os Jazz. Nunca acabaron de dominar o partido inda que no seu defecto hai que dicir que sempre que achuchaba o equipo de Sloan no marcador, anotaban algunha canastra que confirmaba a súa superioridade. Ademais estiveron moi acertados de cara a canastra cun meritorio 60% de acerto en tiros de campo. Nos Jazz destacaron Deron Williams (35 puntos e 9 asistencias) e Boozer (20 puntos e 10 rebotes), pero a estas alturas non parece abondo para complicarlle a vida aos Lakers. Haberá que ver se cando menos recuperan a súa histórica fiablidade no Energysolutions, posta en cuestión no último treito da Liga Regular. Phil Jackson pasa á historia ao converterse no técnico con máis vitorias en playoffs: 195. (Xogador do partido: Kobe Bryant).
Os Sixers desaproveitaron a oportunidade do 2-0. Pódense arrepentir moito os Philadelphia 76ers de non ter gañado (87-96) o segundo partido no Amway Arena de Orlando ante uns Magic que poucas veces serán tan vulnerables. Os Sixers conseguiron, por segundo día consecutivo, parar a Dwight Howard (11 puntos e 10 rebotes), mesmo desesperalo (foi eliminado por seis faltas mediado o último cuarto). Tampouco permitiron o acerto no tiro dos homes exteriores (6 de 23 en triples e un discreto 43% en tiros de campo). Pero todo ese traballo non valeu de nada pois en cancha contraria os de DiLeo perderon ata 16 bolas e cometeron unha chea de precipitacións que impediron facer dano cando o partido estaba máis de cara. Un gran problema é que o potencial ofensivo dos Sixers redúcese en exclusiva a tres homes: Miller, Iguodala e Young, que onte anotaron 71 dos 87 puntos do equipo. Andre Miller estivo soberbio, sobre todo no primeiro tempo e foi o máximo anotador do partido (30 puntos). Polos Magic, ante a mediocridade xeral, brillou o rookie Courtney Lee que desatascou a empanada mental dos seus compañeiros. A serie viaxa agora a Philadelphia, onde os Sixers deberán manter a súa vantaxe despois da vitoria no primeiro partido. (Xogador do partido: Courtney Lee)
Reacciona Miami grazas a Wade. Os Miami Heat sorprenderon aos Hawks (108-93) , talvez confiantes de máis despois das facilidades do primeiro partido. Dwyane Wade asumiu o mando e no primeiro tempo xa colaborara nun parcial suficiente para non sufrir demasiado o resto do partido (ao final sumou 33 puntos). Canda el, tamén tivo o día o gañador do concurso de triples: Daequan Cook, con 20 puntos e un magnífico 6 de 9 dende máis alá dos 7,25. Atlanta debe reaxir pois perde o factor cancha. Onte, a diferencia do primeiro día, saíu con pouca intensidade e cando se deu conta, Wade xa orientara a eliminatoria cara Florida. (Xogador do partido: Dwyane Wade).
Billups lidera outravolta a vitoria dos Nuggets (93-108). Chauncey Billups está a ser un dos grandes nomes propios desta primeira ronda de playoffs. Suma 67 puntos entre os dous partidos (31 esta madrugada), e é o gran líder duns Nuggets imparables. Os Hornets están a pasar pola postemporada sen pena nin gloria, e mesmo Chris Paul e David West están moi por debaixo do seu rendemento habitual. Onte a mellor nova para o equipo de Byron Scott foi o acerto nos triples de Stojakovic e Rasual Butler (4 de 5 cada un). (Xogador do partido: Chauncey Billups).
(Foto da web da NBA)
O LIVERPOOL AFAISE Á LOUCURA

A PEPE FÓISELLE A PINZA

Incrible o partido do Bernabeu entre Real Madrid e Xetafe. E incrible, mesmo paranormal, que o equipo de Juande Ramos acabase levando os tres puntos (xa van 49 de 51 posibles). Excuso comentar o partido a xeito de crónica pois non puiden velo, pero parece que o relato do xogo queda eclipsado polo momento de absoluta enaxenación mental de Pepe que agrediu a Casquero cunha violencia inusitada (Só faltaba Guti gravando co móbil). Haberá que ver a decisión do Comité de Disclplina (tendo en conta que o Madrid estase a xogar o título de Liga). A acción foi tan ridícula e incomprensible que o churro de Casquero no lanzamento do penalti non aumentou en exceso a perplexidade do público, que debeu entender que era a sucesión lóxica dunha secuencia propia do teatro do absurdo. E menos aínda debeu sorprender que nun partido tolo no que o Madrid estivo á beira do precipicio, -perdía 1-2 a falta de cinco minutos e quedou con 10 no 87 pola acción de Pepe despois de que Guti empatase de falta-, emerxera a figura de Higuaín no desconto para marcar o gol da vitoria e manter aos brancos atrás dos calcañares do Barcelona, que tampouco fallou no seu partido ante o Sevilla. A diferencia do Madrid, o Barça non ten necesidade de apelar á epica ou á fortuna. Está sobrado de fútbol. Ante o Sevilla, sen Messi nin Puyol, ofreceu a súa enésima exhibición liderado por un Iniesta xenial que adiantou o Barça no minuto 3 e logo foi un pesadelo para a defensa de Jimenez.
20/04/2009
PRIMEIRAS SORPRESAS

Os Bulls venceron (105-103) aos Celtics en Boston despois dunha prórroga e dun partido memorable de Derrick Rose, que igualou a marca histórica de puntos nun debut en playoffs de Karem Abdul-Jabbar (36 puntos). Ademais deu 11 asistencias e apañou 4 rebotes. Os Celtics acusaron en exceso a baixa de Kevin Garnett e non puido cos homes altos de Vinnie Del Negro. Especialmente espectacular estivo Joakim Noah, con 17 rebotes. O veterano Brad Miller dende o banco colaborou con outros doce. Ademais, non tiveron o seu día os outros dous piares do big three. Pierce, moi ben defendido durante todo o partido, quedou nuns modestos 23 puntos e errou un tiro libre decisivo para evitar a prórroga, mentres que Ray Allen só sumou catro puntos (1 de 12 en tiros de campo) en corenta minutos. Apenas Rajon Rondo deu a cara polos de Boston con 29 puntos, 9 rebotes e 7 asistencias. Os peores prognósticos para os de Massachussets comezan a coller trazas despois do primeiro choque e agora están obrigados a gañar cando menos un partido no United Center. Queda por ver se Derrick Rose, alén de facer un debut alucinante é capaz de completar unha elimintoria alucinante. (Xogador do Partido: Derrick Rose)
Os Cavaliers non deron opcións a Detroit. Lebron James non quixo agardar para demostrar que é o gran líder dun dos grandes favoritos para o título. Coa súa contribución (38 puntos, 8 rebotes e 7 asistencias) marcou a diferencia con respecto a uns Pistons que só resistiron ata mediado o terceiro cuarto. Ao final a máquina dos Cavs comezou a furar ata deixar a vantaxe final en 18 puntos (84-102). Canda James destacaron os 12 puntos e 10 rebotes de Ilgauskas. Nos Pistons, apenas Stuckey chegou aos 20 puntos. No anecdótico dicir que Lebron, alén do seu partido deixou unha xogada para a lembranza e que cuestiona a súa condición humana. Pechou o segundo cuarto cunha canastra dende medio campo que deixou estupefacta á torcida de The Q. (Xogador do partido: Lebron James)
Os Cavaliers non deron opcións a Detroit. Lebron James non quixo agardar para demostrar que é o gran líder dun dos grandes favoritos para o título. Coa súa contribución (38 puntos, 8 rebotes e 7 asistencias) marcou a diferencia con respecto a uns Pistons que só resistiron ata mediado o terceiro cuarto. Ao final a máquina dos Cavs comezou a furar ata deixar a vantaxe final en 18 puntos (84-102). Canda James destacaron os 12 puntos e 10 rebotes de Ilgauskas. Nos Pistons, apenas Stuckey chegou aos 20 puntos. No anecdótico dicir que Lebron, alén do seu partido deixou unha xogada para a lembranza e que cuestiona a súa condición humana. Pechou o segundo cuarto cunha canastra dende medio campo que deixou estupefacta á torcida de The Q. (Xogador do partido: Lebron James)
Dallas tamén sorprende. O de Dallas tamén foi sorprendente. Gañaron (105-97) e convenceron na cancha dos San Antonio Spurs. Non necesitaron ademais dun partido extraordinario de Dirk Nowitzki (19 puntos e 8 rebotes). Os Mavericks fixeron un partido magnífico, defendendo cunha intensidade descoñecida. O portorriqueño Barea estivo inmenso no segund tempo parando e desesperando a un perplexo Tony Parker. Apenas as canastras a táboa de Duncan e as triples de Finley e Mason (10 de 13 en tiros de tres para os Spurs) impediron que os Mavs pechasen o partido moito antes. Ademais de Barea cómpre salientar o gran partido de Josh Howard (25 puntos). (Xogador do partido: José Juan Barea)
Yao Ming impuxo o seu poderío. Baixón no Rose Garden despois da contundente vitoria (108-81) dos Rockets ante Portland. O gran protagonista foi Yao Ming, ao que foron incapaces de parar os pívots dos Blazers: Pryzbilla primeiro e Oden despois. O chinés, con 24 puntos con pleno de acertos en tiros de campo (9 de 9) e tiros libres (6 de 6), e 9 rebotes, foi o líder do seu equipo á hora de deixar pechado o partido xa no primeiro tempo (62-44). Nick Adelman administrou perfectamente os tempos dos seus homes, ata 12 xogadores participaron activamente na rotación, e conseguiu un magnífico 58% de acerto en tiros de campo. Aaron Brooks foi o máximo anotador do seu equipo con 27 puntos (5 de 8 en triples). Os Blazers terán que mellorar moito primeiro para parar a Yao nos días vindeiros e logo para mellorar as súas prestacións ofensivas ante uns Rockets moi serios en defensa. Só dous xogadores do equipo de McMillan superaron os 10 puntos de anotación: Brandon Roy (21) e Greg Oden (15). (Xogador do partido: Yao Ming)
Os Lakers sen problemas. O equipo de Phil Jackson demostrou no primeiro partido de play offs que poucas concesións está disposto a darlle aos seus rivais (100-113). Saiu dominador ante os Jazz e xa no descanso gañaba de 22. A diferencia doutras ocasións na Liga Regular, non se despistou e soubo administrar con intelixencia a súa vantaxe no marcador. Destacou o gran partido de Trevor Ariza en defensa e en ataque (21 puntos). Os Jazz moito terán que mellorar se pretenden gañar algún partido no Staples. Os mellores, como non, Deron Williams (16 puntos e 17 asistencias) e Carlos Boozer (27 puntos e 9 rebotes). (Xogador do partido: Trevor Ariza)
Os Sixers gañan tras unha gran remontada no último cuarto. Philadelphia deu un gran paso adiante nas súas aspiracións de dar a sorpresa na súa eliminatoria ante os Magic. Gañaron (100-98) grazas a unha canastra de Iguodala a falta de dous segundos un partido que perdían de 18 contra o final do terceiro cuarto. Dwight Howard non escatimou o seu poderío baixo os aros: 31 puntos e 16 rebotes, pero non o acompañaron os tiradores, cun pobre 5 de 18 en tiros de tres. Os Sixers, pola contra estiveron moito máis acertados cun 51,2 en tiros de campo e 7 de 12 en triples, destacando nesta faceta, como sempre acontece nos partidos importantes, o veterano Donyell Marshall que anotou tres triples no último cuarto. Andre Iguodala foi o mellor do seu equipo con 20 puntos, 8 rebotes e 8 asistencias, Miller fixo un 15-7-7 e Louis Williams dende o banco achegou 18 puntiños. Os Sixers, como o ano pasado, volven ofrecer a súa mellor versión ao comezo dos play offs. (Xogador do partido: Andre Iguodala)
Batacazo dos Heat. Atlanta Hawks foi inmisericorde con Miami (64-90). Saíron superenchufados de inicio, cunha intensidade defensiva encomiable e anularon por completo o xogo de Miami, no que nin sequera Dwyane Wade atopaba o camiño da canastra. O segundo cuarto, cun 18-35 a favor dos de Georgia, acabou definitivamente co partido. Seis homes dos Hawks superaron os 10 puntos de anotación mentres que en Miami só o conseguiron dous: Beasley fixo 10 pelados e Wade quedou en 19, cando fixera máis de 20 nas súas últimas doce aparicións en playoffs. Miami pagou a súa inexperiencia e corre o risco de que cando se dea conta da esixencia da postemporada sexa demasiado tarde. Os Hawks tiñan moi claro o que estaban xogando. (Xogador do partido: Josh Smith)
Pobres Hornets. Nuggets e Hornets confirmaron no primeiro partido dos playoffs a imaxe que viñan dando nos últimos partidos de Liga Regular. Os Denver Nuggets son unha máquina de facer baloncesto no que o talento individual acabou confluíndo nun proxecto consistente de equipo, grazas en boa medida ao papel de Chauncey Billups, que fixo un partidazo con 36 puntos e 8 rebotes. Os Hornets, pola contra, son un equipo que cada vez máis parece depender en exclusiva da calidade de Chris Paul e David West. Inda por riba, nin o un nin o outro tiveron un partido especialmente afortunado polo que non é de estrañar o avultado marcador final (84-113). (Xogador do partido: Chauncey Billups) (Foto da web da NBA)
46 DE 48

Marcadores:
Fútbol,
Juande Ramos,
Primeira,
Real Madrid,
Recreativo de Huelva
Assinar:
Postagens (Atom)