01/04/2009

AS PROBAS DE QUEIROZ

Portugal xogaba onte en Lausanne un amigable contra a anfitrioa do vindeiro Mundial, Sudáfrica, que adestra Joel Santana. O partido serviulle a Queiroz, quen xa fora seleccionador de Sudáfrica, para facer as probaturas necesarias e procurar alternativas a un equipo que ten certamente complicada a súa clasificación. Bruno Alves e Ricardo Carvalho repetiron como centrais mais houbo cambios nos laterais. Pola dereita entrou o xogador do Betis Nelson, que estivo ben inda que a titularidade de Bosingwa parece indiscutible, ademais de haber moita competencia nese posto con Miguel e o Paulo Ferreira. Pola esquerda, probou Queiroz co defensor do Siena Gonçalo Brandão o experimento resultou máis insatisfactorio. O malaguista Duda, centrocampista reonvertido lateral, parece indiscutible para prensa e torcida portuguesa. No centro do campo repetiu Pepe, acompañado desta volta por Deco e Maniche. Seica o xogo resultou máis fluente que no pasado sábado ante Suecia e o do Chelsea, máis o do Atlético, deron mostras da súa pegada dende lonxe e da súa chegada para o remate. A proba máis interesante era a de dianteiro, onde Portugal adoece dun goleador que releve a figura xa histórica de Pauleta. Con Nani e Danny caídos á banda, Queiroz puxo de avanzado a Edinho, do AEK de Atenas que debutaba co equipo nacional, e o rapaz cando menos marcou e gañouse a confianza para vindeiros xogos. Portugal gañou 2-0 con dous goles de saque dende o recanto. Ademais do gol de Edinho marcou tamén o Bruno Alves. Por certo, outro dos dianteiros que procura un sitio na selección, Orlando Sá, do Sporting Braga, será xogador do Porto a partir da vindeira temporada segundo informa hoxe O Jogo. (A foto collina no Publico)

4 comentários:

  1. Na Bola tómanse a coña o amigable e din que semellou un adestramento porque Portugal fixo goles.
    A verdade é que incluso é un resultado curto fronte a unha selección como a sudadfricana que actualmente está lonxe do nivel desexado, e os goles foron a balón parado (de córner os dous)
    Pese a que na prensa portuguese louvan a actuación de Pepe no mediocentro, penso que contando con Meireles aí, co Miguel Veloso (sabes se está lesionado ou simple,mente continúa no seu ano de encabronamento?), incluso Pelé ou Rubem Amorín -que hoxe van xogar coa selección B-, coido que non é preciso adiantalo, vale que ten boa saída de balón, que non é un xogador que cometa erros, que mantén moi ben a posición sobre todo recuando nas contras, pero xustamente o que se pretende é reconvertir mediocentros en centrais buscando esas cualidades -caso de Albiol-, porque nos exemplos contrarios non acaban aportando moito -caso de Marchena.
    No tema do dianteiro, pois nada, aí sigue, á procura. Agora téntao con Edinho, que non deixa de ser un segundo nivel pero é que non ten máis -Na selección B están Yannick, Varela e Eliseu, e ningún deles é dianteiro centro, digamos, clásico-.
    Penso que Queiroz tamén debería axeitar o xogo do equipo a esa carencia, buscar que os estremos fagan diagonáis, entrar con forza desde unha segunda liña, mover o balón constantemente, buscar a sorpresa por detrás dos centrais e esquecerse un pouco das bandas porque non hai un rematador clásico -Tanto Simao como Cristiano, poden facelo, de feito encántalles facelo.
    Se é que teñen unha segunda liña de ataque tremendo con Deco, Moutinho incluso Tiago.

    Por certo, xa que ocmentas o de Orlando Sá. Noutra mostra da senrazón do Benfica, está a piques -a bola di que o negocio está case feito- de asinar a Rorys Espinoza, o porteiro do Standard de Liexa que nin é nada doutro mundo nin mellora a Quim, Moreira ou Moretto. Será unha petición de Quique? Non ve este home que o problema é que o Benfica non sabe como xogar e que o problema non está na portería senon nese medio campo insulso que ten?
    Un saúdo e, perdou, doutra volta, polo tostón

    ResponderExcluir
  2. Estou de acordo en que Portugal non debería agobiarse tanto con non ter un rematador como por buscar solucións alternativas cos xogadores de arriba,que son realmente bos. Talvez o modelo Barça sería acaído, con Deco e Moutinho de Xavi e Iniesta, salvando as comparacións, combinando cos homes de arriba que deberan ter moita máis mobilidade da que demostraron contra Suecia. En fin... En canto o de Pepe concordo tamén plenamente. O caso é que é posible que o domingo Zé Castro xogue de medio centro no Deportivo. Honestamente nunca gostei demasiado do Zé Castro.

    ResponderExcluir
  3. Por certo Portugal B gañou 2-0 con goles de Eliseu e Yannick (que foi suplente).

    Eu son moi de Lopo. Penso que se estivera Coloccini e con Lopo, Ze Castro medraría moito. Pero detesto os se... así que isto é o que hai.
    É un xogador con moito camiño todavía por percorrer, pensa que saiu da Académica de Coimbra, que é terceiro chanzo de nivel en Portugal (detrás dos tres grandes e de Braga, Guimaraes) a ese desastre que é o Atlético de Madrid e agora ten que recuperar o tempo perdido, asentarse (porque moitos pensan que por ter estado nun equipo importante son grandes xogadores e non asumen a súa nova situación)A min paréceme algo lento, un pouco estático ás veces (o cal vai unido ao anterior) e bastante dado a atrapallarse por querer facer cousas que non sabe coa bola.

    Un comentario do Depor que non ven a conto, e ademais feito desde "lonxe": A min gústame Laure e, desde os sub17, son de Rochela -outro ao que,por certo, Tito Ramallo pon de medio centro e non sei por que

    ResponderExcluir
  4. Eu teño a impresión de que a Zé Castro fáltanlle un par de ferveduras aínda para ser un bo central. Independentemente de que tecnicamente sexa bastante bo, comete demasiados erros de colocación e fáltalle contundencia. A día de hoxe Piscu e o mesmo Colotto inspíranme máis confianza. Lopo é un grandísimo central, inda que esta temporada, en parte polos moitos problemas físicos que inda acusa, non está ao mellor nivel e cometeu varios erros graves impropios da súa calidade. Laure paréceme un moi bo lateral, e esta temporada aínda non ofreceu todo o seu potencial, sobre todo á hora de incorporarse ao ataque. Rochela vai para figura e efectivamente está probando no centro do campo onde o Fabril quedou orfo trala marcha de Begantiños e Pita, aínda que penso que algún día chegará ao Dépor como central. En quen teño moita confianza é en Álex Bergantiños. Paréceme un xogador moi completo, sempre metido no partido, bo recuperador e intelixente distribuidor. Gustaríame que se incorporara ao equipo a vindeira temporada, na que todo apunta que non estarán Sergio e De Guzmán, pero parece que lotina prefire que volva estar cedido no Xerez un ano máis, vexamos se en Segunda ou en Primeira. UN SAUDO

    ResponderExcluir