
O Breogán xa elixiu o técnico que substituirá a Paco García no obxectivo de acadar o ascenso á ACB. Trátase de Sergio Valdeolmillos, un granadino que xa conseguiu este reto en tres ocasións. A primeira no 97 co CB Huelva, a segunda no 2000 co COB Ourense e a terceira en 2004 co Granada. O venres será presentado e o sábado xa sentará no Pazo dos Deportes para acadar a vitoria ante o complicado Begar León. ( A foto de Valdeolmillos e Pecile, dous ex do Granada dende hoxe en Lugo, collina da web da
Federación Española de Baloncesto).
Nenhum comentário:
Postar um comentário