
Empate (0-0). Once semanas sen gañar. O técnico do Albacete Juan Ignacio Martínez gañoulle a batalla táctica a Eusebio na primeira parte do partido. O Albacete saíu coa defensa bastante adiantada e con superioridade numérica no medio campo, polo que o Celta hoxe nin sequera dominou a bola como acostumaba nos últimos partidos en Balaídos. Non hai mellor xeito de facerlle dano ao Celta que forzarlle perdas de balóns no centro do campo. Kitoko e Verza, os mediocentros manchegos afogaban seguido ao céltico que procurase sacar o balón. E así chegaron mesmo dúas contras de moito perigo que a piques estiveron de converterse en gol e adiantar os albaceteños, que non tiñan problema pra gañarlles as costas os centrais ou laterais do Celta nun dos males endémicos dos vigueses esta temporada. O Alba se de algo pecou foi de falta de ambición no primeiro tempo para marcar un goliño que fixese xustiza ao que se estaba a ver no campo. No segundo todo mudou radicalmente. Trashorras ofreceuse moito máis e comezou a facer correr o balón con moita velocidade e profundidade. David Rodríguez daba seguido sensación de perigo cando recibía perto da área e o Albacete puña a defensa moi atrás e renunciaba por completo ao ataque. O Celta procurou insistentemente o gol e púxoselle o partido de cara ao expulsar o árbitro a Kitoko por segunda amarela no min.58. Balaídos animouse e o gol rondou a porta de Cabrero en varias ocasións. Dinei , porén, demostrou que o seu enfado co gol é verdadeiramente preocupante. David Rodríguez, o mellor hoxe con Trashorras, tamén fallou algún gol claro. Á falta de acerto dos dianteiros xuntouse a mala sorte. A falta de cinco minutos Trashorras enviou un magnífico disparo de falta directa ao pao. O rexeite encanonouno Michu contra o traveseiro. Foi a mellor ocasión. Logo o albacete quedou con dous homes menos por expulsión primeiro de Trotta e logo de Alberto. Pero o Celta foi incapaz de marcar con tres homes máis pois o albacete procurou demorar o xogo o máis que puido. O Celta non acaba de atopar o camiño cara a tranquilidade. No segundo tempo de hoxe amosou boas trazas, no primeiro deu pena. Suma xa once partidos sen gañar, catro con Eusebio, e o descenso segue axexando. (Foto da web oficial do
Celta)
Coincido contigo e que é bastante doado xogarlle ao Celta, basta con presionar o medio do campo, presionar a Trashorras para que a ansiedade que ten este home faga o resto, estar ordeados defensivamentee aproveitar unha contra, unha xogada a balón parado ou un dos infinitos erros da zaga celeste.
ResponderExcluirDe tódolos xeitos a actitude da primeira parte é para que o analicen con moito coidadiña durante a semana. Xogaban a dous por hora, a balonazo limpo en plan ligas comarcais, cos xogadores de medio campa cara arriba estáticos, Borja Oubiña e Renan sen saber moi ben onde poñerse, Edu Moya ao que lava facendo toda a tempada, David perdido na banda, öscar Díaz entre anárquico e despreocupado... un escándalo.
Na segunda parte, Eusebio decatouse de que a alma, a orde e o traballo deste equipo reside en Rosada e entre a aportación do "Bombón" e. supoño, un "toque" dado nos vestiarios o equipo cambiou radicalmente, pero como falta claridade, un chisco -bastante- de calidade, confianza e están terriblemente nervosos, se a pelota non entra, non entra.
Así pois, conformarnos porque Alavés e Eibar son peores que nós. As Palmas e Albacete non semellan mellores e Murcia e Elxe empérranse en agardar por nós e dar gracias a que Toché debe ter o pé pequeno porque sempre lle faltaba un anaco para chegar ao balón.
Primeiros erros de Eusebio: a suplencia de Rosada, imperdonabel cando é o único que mantén o nivel. Non poñer a David de dianteiro centro, como referencia, é un xogador que precisa confianza e cando volva enchufar outro vaina coller. Non convocar a xogadores de ataque do filial, ben sexa de segunda liña -Iago Aspas que esta en moi boa forma- ben sexa dianteiros.
O derradeiro erro é que o estilo que quixo impoñer de tocar o balón desapareceu por completo, entendo que se no medio do campo Oubiña e Renan non se ofrecen... e Rubén, ademais, ten tendencia natural ao patadón...
Que non puxera de inicio a Rosada si que foi incomprensible, sobre todo porque nunca mellor Rosada se viu no Celta que co novo sistema que propuña Eusebio. Parecía un dos pucos méritos do novo adestrador.
ResponderExcluirO de Rubén é de traca! Mesmo intentou un recorte na frontal da área contraria que case supón un contrataque perigoso!
Boa razón tes ao dicir que a sorte do Celta ten que ver con que o Alavés e o Eibar son peores, pois ata empatar é un triunfo visto o visto. En fin, ánimo e non decaiades os que aínda ides por Balaídos.