15/03/2009
NON HAI SOBERBIA QUE NON CAIA
Pablo Hernández, cun femosísimo e meritorio gol de vaselina na recta final do partido, salvou un puntiño para un Valencia que non dá pé con bola e afúndese nunha crise deportiva,económica e institucional equiparable á da pasada temporada con Ronald Koeman no banco. Rematou xa a sensación de paz tras a chegada de Unay Emery. O Valencia é unha sociedade que parece que só disfruta se se instala na insatisfacción permanente. A afección de Mestalla é das que viven nun estado de infelicidade e ansiedade constante. Se gañan a Copa de europa aínda teñen algo que dicir e inda por riba o vestiario é unha colección de egos en decadencia - Baraja, Albelda, Marchena, Morientes, etcétera- como poucas quedan no fútbol europeo. Así non é raro que o Valencia estea na situación na que está, malia o incuestionable potencial do seu plantel. Onte ante o Recre non estaban nin Villa nin Joaquín, mais incorporábase Vicente pola banda esquerda, canda Silva e Mata. O equipo non funcionou, os avellentados Albelda e Baraja non podían co extraordinario empuxe de Javi Fuego, Barber e Jesús Vázquez no mediocampo. Atrás, Marchena sufría para conter as acometidas dun excepcional Adrián Colunga, a quen de cando en vez acompañaba por sorpresa Camuñas, un dos grandes modestos desta Liga. O primeiro tempo foi iso: a incapacidade do Valencia para crear perigo e a velocidade do Recre para sacar contras que deixaban en evidencia á armazón defensiva do equipo de Emery. No segundo tempo a cousa comezou igual coa diferencia de que o Recre marcou nunha xogada na que Camuñas se adiantou a uns parsimoniosos Alexis e Moretti para tocar un balón cruzado e superar a César. O valencia, ante a desconfianza dos seus adeptos, tivo que apelar á heroica e sacou todo canto de ataque tiña no banco. O home determinante foi Pablo Hernández, extremo puro de gran desborde e calidade que compensou o xogo do Valencia, ata o daquela envorcado exclusivamente na banda esquerda de Vicente. O Valencia asediou a porta de Riesgo e acabou atopando o gol despois da fermosa xogada do ex xogador do Xetafe. Contra o final, Morientes puido marcar de cabeza o 2-1 mais a máis clara tívoa Adrián Colunga no desconto para o 1-2, que tería deixado K.O ao equipo de Emery, que perde o tren dos postos europeos para satisfacción de Dépor, Málaga e Atlético. (Foto recollida na web oficial do Valencia)
Marcadores:
Adrián Colunga,
Camuñas,
Fútbol,
Pablo Hernández,
Primeira,
Recreativo de Huelva,
Unai Emery,
Valencia
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário