15/03/2009

A TRES PUNTOS DA PROMOCIÓN

O Pontevedra sumou a súa cuarta vitoria consecutiva. Gañoulle brillantemente (4-1) ao Marino de Luanco en Pasarón e xa enxerga como algo moi posible a promoción de ascenso. Na actualidade suma 44 puntos e é oitavo mais só a tres puntos do Zamora que ocupa a terceira posición. Agás o Unión de Irún e a Cultural Leonesa, destacados na cabeza, os outros dous postos de acceso á promoción están moi disputados pois dende o terceiro: a Ponferradina con 48 puntos, ata o décimo: o Guijuelo, hai oito equipos en apenas seis puntos, entre eles o Racing de Ferrol, sétimo cun punto máis co Pontevedra. Aos granates agárdaos un final de calendario complicado. Pasarón será fundamental pois no vetusto estadio terán que recibir os de Gay a tres equipos de arriba: Barakaldo, Cultural e Zamora, e mais ao Ciudad de Santiago. Fóra da casa agardan dous filiais: Valladolid e Athletic, dous derbis contra Racing e Lugo e un último partido ante un Lemona que tamén está na fariña. Con todo, as sensacións actuais do equipo granate son boas. Con Gay no banco conseguironse 13 puntos de 15, marcáronse 11 goles e encaixáronse so tres. Mellorar o rendemento defensivo é a chave para que o quipo aspire ao máximo, pois en canto a capacidade goleadora do Pontevedra non hai dúbida: é o segundo equipo máis goleador da categoría con 41 goles, so un menos que o líder Unión de Irún. (Foto de Manuls)

Nenhum comentário:

Postar um comentário