
Os
Pistons están a completar a peor campaña dos últimos anos. Esta madrugada sufriron unha derrota (
92-77) previsible na súa cancha ante os
Lakers (non xogaron por lesión nin Rasheed Wallce, nin Richard Hamilton, nin Allen Iverson), pero que ten un valor simbólico inmenso pois é a primeira vez que os Lakers conquistan Auburn Palace en sete anos, dende xaneiro de 2002. Con esta derrota, os Pistons afúndense no oitavo posto da conferencia e os Charlotte Bobcats ameazan con tres vitorias menos. Unha vitoria máis teñen xa os
Chicago Bulls que conseguiron esta madrugada ante
Miami unha vitoria (87-106) das que lle suben a moral a calquera. O partido rompérono os de Illinois cun rotundo parcial de 14-32 no terceiro cuarto, no que John Salmons achegou 13 dos 27 que anotou no partido. Despois desta derrota os Heat cédenlle o quinto posto da Conferencia aos Sixers. No outro partido da xornada, uns espléndos
Blazers, cun 60,2 de acerto en tiros de campo cortaron a xeira (
109-129) dos
Suns, que nas últimas semanas apelaran ao orgullo para evitar a debacle que suporía quedar fóra dos play offs. Lamarcus Aldridge, con 29 puntos e 12 rebotes, foi o mellor do partido. (A foto de Prince da web da
NBA)
Os Pistons están xa en reconstrucción. O movemento de Iverson foi para liberar espazo salarial e planificar o futuro. Nos últimos partidos Will Bynum está sendo o mellor....creo que con isto queda todo dito. Recórdoo do Maccabi do ano pasado, chupando balón e tirándose ata as zapatillas.
ResponderExcluirSaúdos,
Si. Xa me fixei no de Will Bynum. Está claro que pouca importancia lle están a dar á temporada. Con todo, pouca gracia lles vai facer aos Cavaliers, ous aos Celtics, ou a quen lle toqiue cruzarse con eles.
ResponderExcluirUNHA APERTA