
Onte disputouse o clásico lisboeta no estadio Alvalade e o Sporting de Paulo Bento impúxose (3-2) ao Benfica que adestra o Quique Sánchez Flores, nun partido que os le
ões puideron ter sentenciado moito antes do final. Adiantouse axiña o brasileiro Liedson cun
espléndido xute dende un lateral da área, ante o que nada puido facer o garda redes benfiquista Moreira. O Benfica pretendeu reaxir, con insistencia inda que pouco fútbol, e acabou atopando un
penalti claro sobre o hondureño Suazo que transformou en gol o sempre cuestionado extremo español José Antonio Reyes. Tras o descanso, o partido converteuse nunha demostración de superioridade do Sporting, que comezou a asediar con numerosas ocasións a porta de Moreira, mentres que o Benfica apenas pasaba do mediocampo. Así chegaron outros dous goles. O
segundo de Derlei, ante a inmobilidade de tres centrais contrarios, e o
terceiro novamente de Liedson, de cabeza, tras unha fermosa xogada por banda do prometedor Pereirinha. O Benfica recortou distancias a dous minutos do final, na única ocasión da que dispuxo no segundo tempo, cun
cabezazo do paraguaiao Cardozo, que moitos seareiros benfiquistas consideran que debera dispoñer de máis minutos, pois é un goleador de moitas garantías. Con este resultado os le
ões igualan a puntos aos seus veciños e permanecen a catro do líder, o Porto, que non errou na súa visita (0-2) ao modesto campo do Paços Ferreira, onde marcaron
Hulk e
Bruno Alves de penalti.
Nenhum comentário:
Postar um comentário