06/02/2009

GIANLUCA BASILE

O Barcelona gañoulle onte cómodamente (85-65) na súa cancha a un pobre Macabbi de Tel Aviv na segunda xornada do Top 16 da Euroliga, nun partido marcado pola saída á cancha de varios espontaneos con bandeiras palestinas. En canto ao xogo, só se pode dicir que o Barcelona foi claramente superior aos israelíes, mantendo o alto nível de xogo da temporada. Pero este post, máis que para analizar o xogo do Barça, é para salientar a figura dun xogador que cada vez esperta máis a miña admiración, o italiano Gianluca Basile, de 34 anos. Excelente tirador, sabe elixir sempre a opción máis acertada e nunca se lle achica a man nos momentos decisivos dos partidos. É un dos mellores e máis espectaculares triplistas en carreira e un dos mellores defensores do campionato, sendo capaz de anular as maiores estrelas dos equipos contrarios, sen que iso vaia en detrimento do seu rendimento ofensivo. Un crack que é mellor a cada ano que pasa, como o bo viño.

2 comentários:

  1. Sensacional partido do Barça en xeral. Eu de Basile destacaría a súa xerarquía defensiva. Creo que é un dos mellores defensores de Europa. Nos triples, é algo racheado...

    ResponderExcluir
  2. Dende logo. Como defensor hai poucos como el. E en canto os triples tamén tes razón, pero este ano véxoo especialmente acertado. Un saudo

    ResponderExcluir