16/02/2009
O PARTIDO DAS ESTRELAS
O partido das Estrelas apenas deixou marxe para o espectáculo. Parecía que todos estaban con ánimo de tomalo demasiado en serio. Ata que apareceu Shaquille e comezou a festa. Un momento mítico a xogada con Chris Paul na que decidiron intercambiar os seus roles. Miguel Piñeiro ofrece no seu blog unha extraordinaria semblanza do personaxe. Os do Oeste metéronlles unha boa pana (146-119) aos do Leste e o MVP compartido para Shaq e Kobe, ademais da súa enorme carga de morbo, fai xustiza con dous xogadores xeniais, cada un a súa maneira, que acumulan ademais un palmarés espectacular. A Kobe quédalle unha espiña no seu particular duelo con Shaq: gañar un anel sen el. Talvez sexa esta temporada, a carón de Gasol, cando se desquite.
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Gracias polo enlace, Merk. O problema de Kobe é que os rumores dunha volta de Shaq a LA son cada vez maiores... Imaxínaste?? Apertas!
ResponderExcluirGracias a ti, Miguel, e pásate por aquí cando queiras. O do rumor, honestamente, non o acabo de crer, pero si, para Kobe sería unha auténtica putada. E para o resto, diversión asegurada.
ResponderExcluir