
28/02/2009
MARBURY DEBUTOU COS CELTICS

Marcadores:
Al Horford,
Andre Miller,
Baloncesto,
Bulls,
Cavaliers,
Celtics,
Hawks,
Heat,
Lakers,
Magic,
NBA,
Nuggets,
Pacers,
Pistons,
Raptors,
Shaquille O´Neal,
Spurs,
Stephon Marbury,
Suns,
Wizards
DERROTAS DOS GALEGOS NA LEB

Marcadores:
Andrea Pecile,
Baloncesto,
Beirasar Rosalía,
Breogán,
Brian Cusworth,
CB Melilla,
Kamrrom Taylor,
Liga LEB,
Miguel Montañana,
UB La Palma
27/02/2009
PODERÍO DO LESTE



A xornada da volta de 1/16 da UEFA deixou uns resultados sorprendentes que deixan ver unha realidade curiosa: o poderío dos equipos do Leste de Europa. En concreto, tres equipos rusos e dous de Ucrania superaron eliminatorias complicadas ante equipos de gran potencial, mentres que Inglaterra, España e Italia, as ligas aparentemente máis poderosas, quedan con dous únicos representantes: o Udinese, que eliminou o modesto Lech Poznan polaco, e o multimillonario Manchester City, que pasou non sen apuros a súa eliminatoria ante o Copenhague. Mención destacada merece o Zenit de San Petersburgo, actual campión da competición, que xa sen Arshavin, eliminou brillantemente ao Stuttgart alemán, gañando nos dous partidos por 2-1. Outro dos grandes do fútbol ruso, o CSKA de Moscova impúxose pola súa banda ao potente Aston Villa de Martin O´Neill, se ben os ingleses saíron ao campo sen oito dos seus titulares, centrados como están na Premier, onde loitan por meterse en postos Champions. Demasiadas facilidades para os moscovitas, nos que marcou Vágner Love, quen xa marcara na ida, e suma dez goles na competición. O outro representante ruso, o Metalist de Kharkiv, eliminou brillantemente á Sampdoria de Walter Mazzari, impoñéndose nos dous partidos. Pola súa banda, os equipos de Ucrania superaron eliminatorias moi complicadas. O mítico Dinamo de Kiev deu a gran sorpresa ao acadar un empate a dous goles en Mestalla ante o Valencia , cada vez máis desconcertado polo baixón de resultados e os problemas económicos. O Shaktar Donetsk de Mircea Lucescu, pola súa banda, non tivo problemas para pasar ante un Tottenham que tamén renunciou a eliminatoria cun equipo pragado de suplentes. En canto o resto das eliminatorias destacan o empate a 2-2 do Werder Bremen en San Siro, que deixa fóra ao equipo de Ronaldinho, cada vez máis carente de identidado e necesitado dun relevo xeracional urxente. O Sporting Braga non tivo problemas para pasar despois da súa brillante exhibición na ida ante o Standard de Liège, e destacable tamén o poderío francés con tres equipos en oitavos: Marsella, PSG e Saint Ettienne. En definitiva, interesante cmbio de hexemonia entre os secundarios do fútbol europeo, nunha competición que, porén precisa reformularse nos vindeiros anos pois cada vez suscita menos interese entre as potencias futbolísticas tradicionais, como ben analiza este artigo da sección de depotes do xornal británico The Guardian.
26/02/2009
AALBORG, UNHA VERDADE INCÓMODA

UN AGASALLO PARA RODRIGO


VOLVE O MELLOR DROGBA

No outro partido da xornada, en Alvalade, vivíuse unha tremenda debacle do Sporting de Lisboa, que caeu por un contundente 0-5 ante o Bayern de Munich. No primeiro tempo, os lisboetas foron mellores e gozaron mesmo de ocasións para adiantárense no marcador, pero concederon un erro fatal: un contragolpe a Franck Ribery, que chegou ata a cociña e marcou pouco antes do descanso. Xa no segundo tempo os bávaros foron claros dominadores e machacaron á contra a un confuso Sporting. Ribery outravolta, Klose, e Luca Toni por dúas veces puxeron o marcador definitivo do partido e pecharon a eliminatoria.
Marcadores:
Bayern de Munich,
Champions,
Chelsea,
Del Piero,
Drogba,
Frank Lampard,
Fútbol,
Juventus,
Kalou,
Klose,
Luca Toni,
Nedved,
Ribery,
Sporting de Lisboa
25/02/2009
BENÍTEZ BAIXA O MADRID DA NUBE

Pola súa banda, o Vila Real desaproveitou unha ocasión inmellorable para deixar sentenciada a súa eliminatoria contra un Panathinaikos moi defensivo. Os castellonencos foron superiores aos gregos e dispuxeron dunha chea de oportunidades. Pero o equipo de Ten Cate reaxiu unha miaxiña no segundo tempo e bateu cun golazo do veterano Karagounis. O Vila Real seguíuno intentando machaconamente e oito miutos despois empatou o partido ao marcar Rossi de penalti. Con todo, o público do Madrigal marchou para a casa coa sensación de que merecerían ir máis tranquilos polos méritos demostrados no campo. En Grecia, nun ambiente infernal, están obrigados a marcar. (Foto de Aaron Carass)
Marcadores:
Benayoun,
Casillas,
Champions,
Fabio Aurelio,
Fernando Torres,
Fútbol,
Heinze,
Juande Ramos,
Karagounis,
Liverpool,
Panathinaikos,
Rafa Benítez,
Real Madrid,
Robben,
Rossi,
Vila Real,
Xabi Alonso
O BARÇA RESPIRA A BALÓN PARADO
O Barcelona rabuñou a balón parado en Gerland un empate (1-1) que lle pon de cara a eliminatoria pero que confirma certo fastío no xogo do equipo de Guardiola. No primeiro tempo foi un conxunto previsible e incapaz de superar en ningún momento a intensa presión do Olympique, cun centro do campo moi poderoso, con Toulalan e Makoun no centro, que afogaron en todo momento a saída do balón dos azulgranas. Inda por riba, bateron cun gol temperán na enésima transformación dunha falta directa por parte de Juninho Pernambucano aos sete minutos. Tivo sorte o Barcelona de que pouco despois Benzema non soubese aproveitar un un contra un ante Valdés que podería ter deixado o partido moi costa arriba. No segundo tempo o Barcelona apoderouse algo máis do balón pero apenas xerou ocasións de perigo. Messi pasou absolutamente desapercibido e a defensa do Olympique demostrou gran concentración e rapidez. O gol, porén, chegou nun corner que peiteou perfectamente Márquez para que Henry remachase en prancha no segundo pao. É destacábel que o Barcelona dispoña de recursos a balón parado para paliar carencias no seu xogo outras veces brillante. O gol do francés deixa a eliminatoria encarreirada para o partido de volta do Camp Nou, pero non despexa certas dúbidas sobre a capacidade do Barcelona para manter de aquí ao remate da temporada o excelente nível da primeira volta.
No Calderón, pola súa banda, o Atlético colleitou un empate proveitoso ante un Porto que puido golear de aproveitar as inúmeras ocasións que lles concederon os defensores atléticos. Lisandro López marcou por dúas veces e é o máximo goleador da competición. Os portugueses son favoritos para a volta. Supoñemos que Futre quedaría desconsolado ao ver o xogo do seu ex-equipo favorito.
O Manchester United desaproveitou a posibilidade de marcar en San Siro nun partido no que dispuxo dunha chea de oportunidades ante un Inter reservón e pouco brillante. O garda redes brasileiro Julio Cesar foi o mellor dos neroazzurri, salvando claras ocasións do United, a maioría delas de Cristiano Ronaldo. Alex Ferguson debe estar preocupado pois o empate sen goles é un resultado pouco desexábel se no banco contrario está sentado o señor Mourinho. Os deportivistas sabemos do que falamos.
Por último o Arsenal gañou con merecimento á Roma no Emirates Stadium por 1-o con gol de Van Persie, resultado que se antolla curto vistos os merecimentos duns e doutros. Os londinenses aínda deben estar lamentando a inimizade de Niklas Bendtner co gol esta temporada. A Roma confirmou a súa irregularidade ao longo desta temporada. Porén, prevese unha volta interesante no Olímpico da capital italiana.
No Calderón, pola súa banda, o Atlético colleitou un empate proveitoso ante un Porto que puido golear de aproveitar as inúmeras ocasións que lles concederon os defensores atléticos. Lisandro López marcou por dúas veces e é o máximo goleador da competición. Os portugueses son favoritos para a volta. Supoñemos que Futre quedaría desconsolado ao ver o xogo do seu ex-equipo favorito.
O Manchester United desaproveitou a posibilidade de marcar en San Siro nun partido no que dispuxo dunha chea de oportunidades ante un Inter reservón e pouco brillante. O garda redes brasileiro Julio Cesar foi o mellor dos neroazzurri, salvando claras ocasións do United, a maioría delas de Cristiano Ronaldo. Alex Ferguson debe estar preocupado pois o empate sen goles é un resultado pouco desexábel se no banco contrario está sentado o señor Mourinho. Os deportivistas sabemos do que falamos.
Por último o Arsenal gañou con merecimento á Roma no Emirates Stadium por 1-o con gol de Van Persie, resultado que se antolla curto vistos os merecimentos duns e doutros. Os londinenses aínda deben estar lamentando a inimizade de Niklas Bendtner co gol esta temporada. A Roma confirmou a súa irregularidade ao longo desta temporada. Porén, prevese unha volta interesante no Olímpico da capital italiana.
Marcadores:
Arsenal,
Atlético de Madrid,
Barcelona,
Champions,
Fútbol,
Henry,
Inter de Milán,
Manchester United,
Olympique de Lyon,
Porto,
Roma
24/02/2009
O DOS SIXERS NON É NORMAL
Xa contamos nun post anterior como os Sixers perderan tres partidos por canastras do equipo contrario no último segundo: primeiro Tony Parker dos Spurs, logo Nowitzki dos Mavericks, e por último Ray Allen dos Celtics. Inda que sexa demasiada casualidade podemos consideralo dentro do terreo do probable. Pero o de onte de Devin Harris, dos Nets, non ten nome. Vexan e xulguen. O dos Sixers xa entra no terreo do paranormal. Por certo, dende o parón do All Star xa van catro derrotas consecutivas.
Marcadores:
Baloncesto,
Devin Harris,
NBA,
Nets,
Sixers
23/02/2009
MERECEUSE A VITORIA

XUSTO CAMPIÓN
Finalmente cumpriuse o prognóstico e o TAU converteuse no xusto vencedor da Copa logo dunha final intensa (100-98) e disputada, con prórroga incluída, como non se podía agardar doutro xeito estando Aíto no banco rival. Foi unha final curiosa pois os agardados protagonistas non tiveron precisamete o seu mellor día, especialmente os dos vitorianos Rakocevic e Splitter que viron o final do partido no banco eliminados por cinco persoais. Non foron necesarios, en todo caso necesarios, pois Ivanovic dispón de secundarios de luxo que non desbotan asumir o rol de protagonistas. É o caso do capitán Sergi Vidal, inda que onte errase dous tiros libres que podían ter sentenciado o partido no último cuarto, ou do inconmesurable Pete Mickeal que protagonizou as dúas accións decisivas do partido. Mención aparte merece Mirza Teletovic, que acabou convertido no MVP de torneo, nunha decisión de consenso e de prognóstico incerto ata o final do partido, logo dos seus seis triplazos. En todo caso, é xusta recompensa para un xogador moi interesante e cunha enorme marxe de progresión. No Unicaja tampouco foi o mellor día de Marcus Haislip, que inda que non se agochou en ningún momento, denotou certa ansiedade sabedor do seu rol protagonista. Quen si quixo acaparar as xogadas decisivas foi Joseph Gomis, home apenas relevante no que levamos de temporada para Aíto que tirou de orgullo e quixo pasar de vilán a heroe nunha canastra. Pero o mellor dos seus, máis unha vez, acabou sendo o propio Aíto, quen con mensaxes crípticas nos tempos mortos como: Olympiakos para Joe, Panathinaikos para Jiri, soubo enzoufarlle o partido en todo momento a un rival superior. En fin, fermoso colofón pra unha competición que atopou un formato inmellorable e comeza a acumular unha pequena historia de grandes momentos.
22/02/2009
PRIMEIRAS VÍAS DE AUGA NO BARÇA

Marcadores:
Barcelona,
Betis,
De la Peña,
Espanyol,
Fútbol,
Keita,
Pep Guardiola,
Primeira,
Real Madrid,
Víctor Valdés
OS LEÓNS VENCERON ÁS AGUIAS

Marcadores:
Benfica,
Bruno Alves,
Derlei,
Fútbol,
Hulk,
Liedson,
Liga Portuguesa,
Paços de Ferreira,
Paulo Bento,
Pereirinha,
Porto,
Quique Sánchez Flores,
Reyes,
Sporting de Lisboa
O TAU CONTRA AÍTO
Agardábase un partidazo entre o Barcelona e o Tau, pero Dusko Ivanovic encargouse de dicirlles aos seus que non quería tonterías e que resolveran as cousas pola vía rápida, así que os baskonistas apenas deixaron marxe a un Barcelona desconcertado ao que se lle arrefriou a quentura das últimas semanas axiña, así que viu que Rakocevic estaba polo labor de poñerse o mono de máximo anotador da ACB (27 puntos), e que Tiago Splitter estaba disposto a ser protagonista do partido, superando un por un, en defensa e ataque, ao espectacular cuarteto de homes altos do Barcelona: Santiago, Vázquez, Andersen e Ilyasova. Canda eles, Mirza Teletovic, Pete Mickeal, Will Macdonald, Pablo Prigioni e o xenial Sergi Vidal, insuperable en defensa e decisivo en ataque, foron furando pouco a pouco no equipo contrario ata deixar a vantaxe no marcador, xa no descanso, en 9 puntos (43-34). No segundo tempo, o TAU seguíu coa mesma dinámica e o Barça foi incapaz de reaxir. Nin sequera Navarro, brillante contra o Madrid en cuartos, estivo desta volta á altura, salientando os seus erros decisivos na liña de tiros libres naqueles momentos nos que se podía enxergar algún tipo de remontada. A vitoria de onte do TAU (90-77) é un golpe de autoridade enriba da mesa, pois é xa a sexta consecutiva dos vitorianos sobre o Barcelona. O Baskonia é claro favorito para o título, pero para iso terá que derrotar na final ao hipercompetitivo Unicaja de Málaga, cuxa maior estrela está sentada no banco e quererá revalidar cun novo equipo o título conseguido o ano pasado. O Unicaja non venceu coa mesma facilidade o seu partido contra o Estudiantes (71-78) pero nos momentos decisivos foi quen de demostrar a súa superioridade. O partido foi pouco vistoso, marcado por defensas de grande intensidade dos dous equipos e baixas porcentaxes de acerto en ataque. A igualdade mantívose ata os últimos minutos, nos que o Unicaja aproveitou a súa maior calidade e veteranía. Foi no último cuarto cando Marcus Haislip decidíu facer acto de presenza (13 puntos de 15 en todo o partido) e Berni Rodríguez anotou un par de canastras decisiva. A final de hoxe é un novo episodio do TAU contra Aíto, ao igual que na última edición. Desta volta, o técnico madrileño mudou de equipo. Será quen de afastar ao Baskonia dun título que parece cantado?
UN CELTA GRAVEMENTE ENFERMO

Marcadores:
Celta,
Eibar,
Fútbol,
Ghilas,
Pepe Murcia,
Segunda,
Trashorras
21/02/2009
OUTRO TRISTE EMPATE DO ARSENAL
Prometedora estrea de Andrei Arshavin na Premier League. O ruso debutou hoxe co Arsenal no Emirates Stadium contra o Sunderland (0-0) e xa no primeiro tempo dispuxo de tres claras ocasións, creadas a partir da súa calidade individual e que non foron gol polo acerto do porteiro Fulop. do mesmo xeito, puxo dous magníficos centros que a piques estiveron de acabar en gol, sobre todo o rematado por Kolo Touré. No segundo tempo, o ruso acusou o cansanzo e foi cambiado ao cabo dos quince primeiros minutos polo mexicano Carlos Vela. Pero, á marxe da boa actuación de Arshavin, o partido do Arsenal volveu ser unha mostra da mediocridae na que ten caído este equipo, mermado por baixas importantes -Fábregas, Walcott, Rosicky, Eduardo, etcétera...- e polo baixo rendemento doutros homes que no ano pasado amosaron moito máis nivel como Adebayor, Van Persie ou Bendtner. Os londinenses afúndense na clasificación por mor da súa incapacidade para gañar partidos ante rivais inferiores. Este ano as circunstancias parecen estar podendo con Wenger, que ve como a distancia entre o Arsenal e os outros grandes da Premier é cada vez máis abismal.
Por outra banda, o gran partido da Premier disputábase onte en Birmingham. O emerxente Aston Villa de O´Neill recibía en Villa Park a un Chelsea en crise que se puxo nas mans do holandés Guus Hiddink. Parece que o holandés pode ser quen de obrar unha nova miragre na súa carreira, pois hoxe o Chelsea mudou radicalmente a súa imaxe e foi en todo momento superior ao Aston Villa, ao que venceu cun gol aos 19 minutos de Nicolas Anelka, que ve porta na Liga por primeira vez en 2009. Os de O´Neill tropezan por segunda vez na súa casa nun partido importante despois do empate contra o CSKA o mércores na UEFA.
Por último, con este gol, o paraguaio Roque Santa Cruz ao bater o gardarredes Kucszack, púxolle unha cifra definitiva ao récord de imbatibilidade do Manchester United. Finalmente o equipo de Ferguson rexistrou 1.334 minutos coa porta a cero. Van der Sar, porén, inda pode seguir batendo marcas. Con todo, o United afiánzase no liderato pois conseguiu a vitoria ante o Blackburn. Rooney adiantou ao seu equipo no min.23, e logo do empate de Santa Cruz, Ronaldo acabaría poñendo o 2-1 definitivo no 60 do segundo tempo, cun espléndido lanzamento de falta directa.
Marcadores:
Anelka,
Arsenal,
Arshavin,
Aston Villa,
Blackburn,
Chelsea,
Cristiano Ronaldo,
Fútbol,
Manchester United,
Premier,
Rooney,
Santa Cruz,
Sunderland,
Van der Sar
CON AÍTO, SEN AÍTO
20/02/2009
A ESPIÑA CRAVADA DOS SIXERS
Os Sixers están a facer unha campaña aceptable, mesmo podemos considerala boa tendo en conta a notable melloría dende a chegada do novo técnico Tony DiLeo o pasado 13 de decembro. Antes da súa chegada, con Maurice Cheeks, os de Philadelphia levaban 9 vitorias por 14 derrotas. Dende aquela, o promedio é moi diferente: 18 vitorias e 12 derrotas, cunha mellora sustancial do xogo, na que tamén poden ter que ver as baixas por lesión de Elton Brand. O caso é que, con todo, aínda hai unha espiña cravada na traxectoria dos Sixers. Nos partidos contra equipos grandes xa van tres derrotas por canastra no último segundo. Primeiro foi Tony Parker dos Spurs. Días despois Nowitzki dos Mavericks. O último, fai quince días, o gran Ray Allen con este triplazo para os Celtics. De ter gañado estes tres partidos, os Sixers estarían de quintos de Conferencia por diante dos Heat e a dous partidos dos Hawks.
Marcadores:
Baloncesto,
Dirk Nowitzki,
Elton Brand,
NBA,
Ray Allen,
Sixers,
Tony DiLeo,
Tony Parker
19/02/2009
RAFER AOS MAGIC E MILLER AOS BULLS
Interesantes movementos na última xornada habilitada para os traspasos na NBA. Rafer Alston base titular dos Rockets, abandona Texas para suplir ao mancado Jameer Nelson en Orlando ata o remate da temporada. Para sustituír a Rafer, chega a Houston Kyle Lowry procedente de Memphis Grizzlies. Os de Florida precisan un base de garantías de cara aos playoffs para paliar a baixa de Nelson, e iso é o que pode ofrecer precisamente o veterano Alston, garantías e experiencia. Houston, en cambio, fai unha aposta de futuro ao facerse cun base prometedor como Lowry que ten marxe de progresión xunto cos veteranos dos Rockets. Outro xogador importante que cambia de equipo é o pívot Brad Miller, que abandona Sacramento para suplir a carencia dun cinco de garantías nos Bulls. Miller intentará darlle a Chicago a consistencia que non foron capaces de achegar Noah ou Aaron Gray. Con Miller chega tamén un home anotador e irregular como John Salmons. Os Bulls, en cambio desfanse de Nocioni e de Drew Gooden, que van para a capital de California, e de Larry Hughes, quen vai a New York, a cambio de Jerome James, mancado ata o remate de temporada, e de Tim Thomas, un home alto de bo tiro exterior. Interesante e penso que acertada a aposta dos Bulls de aquí ao remate de temporada
Marcadores:
Brad Miller,
Bulls,
John Salmons,
Kings,
Knicks,
Kyle Lowry,
Larry Hughes,
Magic,
NBA,
Rafer Alston,
Rockets,
Tim Thomas
BARÇA-TAU, FINAL ANTICIPADA
A pimeira xornada de cuartos de final da Copa do Rei de baloncesto abríase cun fascinante Real Madrid-Barcelona (75-83). O equipo catalán demostrara ata o de agora máis nivel cos brancos, pero estes viñan de facer unha verdadeira proeza coa súa espectacular remontada ligueira contra o TAU o pasado sábado. Porén, o partido confirmou que o Barça é un equipo hoxe por hoxe máis completo, sobre todo polo poderío do seu xogo interior que onte anulou por a Felipe Reyes, único home alto do Madrid capaz de contribuír notabelmente na faceta anotadora. No equipo blaugrana, en cambio, Fran Vázquez, Andersen e o propio Santiago son garantía de puntos baixo os aros, por non falar do turco Ersan Ilyasova, un xogador cada vez máis a gusto na competición española, que tanto contribúe ao rebote ofensivo e defensivo e en xeral ao xogo interior do seu equipo, como é capaz de destrozar ao equipo contrario dende a liña de tres puntos. Canto ao particular duelo Navarro-Bullock, os dous xogadores estiveron ao nível que deles se esixe pero un punto por riba o barcelonista que fixo un partido sinxelamente espectacular con 29 puntos e 8 asistencias. O Madrid non atopou desta volta ningún antídoto para anular o seu xogo, máis cómodo que nunca. O Madrid apelou á heroica pero esa é unha vía que non sempre acaba funcionando. Joan Plaza está a pagar esta temporada a escasa amplitude do seu banco e o baixo rendemento de xogadores outrora importantes como Hervelle, Mumbrú, Massey, Hosley , ou o propio Bullock. Canto a outra semifinal, cumpriuse o prognóstico e o TAU venceulle ao Pamesa Valencia, inda que con certos apuros (82-66) pois os vitorianos non abriron fenda no marcador ata o último cuarto. Con todo, os de Ivanovic teñen recursos abondos para solucionar calquera problema. Onte, por exemplo, non destacou demasiado Igor Rakocevic na faceta anotadora, pero Splitter si estivo ao seu máximo nivel e, do mesmo xeito, apareceron Pete Mickeal e o grande e incombustíbel capitán Sergi Vidal, para marcar a xerarquía dun equipo sobre outro. Non puido Spahija vingarse do seu ex-equipo dando un sorpresón polo que o Baskonia pasa as semifinais onde se enfrontará ao Barça, no que constitúe unha final anticipada pois falamos, sen dúbida, dos dous mellores equipos do baloncesto español.
"GRANDE BANHO DE BOLA" DO BRAGA

Outro partido interesante era o que disputaban no Villa Park de Birmingham dous equipos de enorme potencial: o Aston Villa contra o CSKA de Moscova. Os rusos rabuñaron un gorentoso empate (1-1) de cara ao partido de volta. Adiantou aos rusos no primeiro tempo o brasileiro Vágner Love, despois dunha gran gallopada dende o centro do campo. Empatou no segundo tempo, coa equipa envorcada na área rusa, o noruegués John Carew, que volve ao equipo despois dunha longa lesión.
En Alemaña, o Werder Bremen conseguiu empatar a cinco minutos do final por medio do brasileiro Diego, despois de remar contra maré polo gol no primeiro tempo do eterno Inzaghi.
Marcadores:
Aston Villa,
CSKA de Moscova,
Fútbol,
Milan,
Sporting Braga,
Standard de Liège,
UEFA,
Werder Bremen
18/02/2009
MAL PARTIDO, PÉSIMO RESULTADO

EMPATE DUN VALENCIA CONFORMISTA
Os dezaseisavos da UEFA abrían o pano cun clásico: Dinamo de Kiev-Valencia (1-1) no Lobanovsky Dinamo Stadium da capital de Ucrania, que foi un partido igualado e pouco brillante no que os españois aproveitaron un gol aos nove minutos de partido grazas a unha combinación de calidade con pase de Del Horno ás costas dos defensas, internada de Mata e pase da morte que culminou Silva. Os ucraínos apenas demostraron potencial. No primeiro tempo optaron por presionar moi arriba ao Valencia e roubarlles o balón. Intentaban entrar na área polo centro procurando sobre todo o seu xogador máis perigoso, Milevskyy. E nalgunha ocasión estiveron a piques de sacar froito, por mor de erros defensivos dos centrais valencianistas, sobre todo dun desafortunado Marchena. O Valencia, alén do gol, non volveu achegarse con verdadeiro perigo á area contraria nos primeiros corenta e cinco minutos pero soubo administrar correctamente a vantaxe no marcador. No segundo tempo, o técnico ruso do Dinamo Yuri Semin, decidiu darlle entrada no campo ao romanés Cernat en lugar do seu compatriota Ghioane e o equipo mellorou notablemente na elaboración do xogo de ataque. O gol do empate chegou nunha xogada a balón parado mal defendida polos valencianistas que aproveitou Milevsky. Este xogador, porén, aos dous minutos de meter o gol, cometeu unha estupidez e foi expulsado por segundo cartón amarelo, o segundo por simular malamente unha falta do contrario. Con inferioridade, o Dinamo foi recuando e o Valencia deu un tímido paso cara adiante, dándolle entrada no campo a Villa e Joaquín. Nun par de pases ao primeiro toque de Villa aos seus compañeiros, especialmente un a Morientes, estiveron a piques de adiantarse os de Emery. O técnico basco quedou frío, máis do que xa estaba, cando comprobou que César, ao deter un disparo de Cernat que foi a ocasión máis perigosa dos ucraínos no segundo tempo, escordaba o xeonllo. O porteiro daba mostras claras de dor pero decidiu aguantar no campo os dez minutos que restaban co risco conseguinte. Con todo, non tivo que intervir máis.
O Valencia afronta a volta en Mestalla cun bo resultado, inda que o club non está no momento de maior confianza con graves problemas económicos e un baixón no rendemento deportivo -só dúas vitorias en 2009-. César marchou do campo con caras de preocupación e a súa posíbel baixa para as próximas semanas sería un contratempo para o Valencia, dado o pouco entusiasmo que parecen ter afección, compañeiros e técnico polo novo canteirán Guaita. Esperemos que os seus medos se confirmen o domingo en Riazor.
Marcadores:
Aston Villa,
Cernat,
César,
Dinamo de Kiev,
Fútbol,
Guaita,
Marchena,
Milevskiy,
Silva,
UEFA,
Unai Emery,
Valencia,
Yuri Semin
GLUBS! FALEI EU DOS SUNS?
Despois de falar onte sobre a actualidade máis recente dos Suns, marcada pola destitución de Terry Porter, bato esta mañá coa sorpresa de ver os resultados da última madrugada na NBA. O general manager, Steve Kerr, dicía que o principal motivo do cesamento tiña que ver coa necesidade de recuperar o estilo brillante e vistoso dos Suns de D´Antoni, marcados polo run & gun e as altas anotacións. Para iso poñian o equipo baixo a batuta de Alvin Gentry, man dereita moitos anos do actual técnico dos Knicks. Pois ben, onte os de Phoenix gañáronlle por 100-140 aos Clippers. Tremendo subidón! Ao descanso xa levaban 81 puntos. D´Antoni is back. Ou non. Unha das características típicas de DÁntoni era o chamado Con oito chega; isto é, rotacións de apenas oito xogadores, como os actuais Knicks. Pois ben, onte Gentry utilizou 11 xogadores, dez deles participaron máis de vinte minutos, e o que máis minutos dispuxo, o brasileiro Barbosa, que substituía ao sancionado Jefferson no quinteto titular, apenas estivo 27 minutos en cancha, sendo por certo o máximo anotador do equipo. Se os Suns procuraban revulsivos, polo momento parece que o conseguiron. En todo caso, permanecerei un pouco escéptico a ver que acontece nos próximos días.
Do resto da xornada destacar o triple doble de Gasol e a decepcionante derrota dos meus Sixers en Indiana.
Do resto da xornada destacar o triple doble de Gasol e a decepcionante derrota dos meus Sixers en Indiana.
Marcadores:
Alvin Gentry,
Baloncesto,
Leandrinho Barbosa,
NBA,
Suns,
Terry Porter
A DESTITUCIÓN DE KRESIC
Definitivamente hai cousas que non entendo. O Numancia destituíu a Sergio Kresic, despois de que o equipo soriano se metera en postos de descenso ao sumar cinco derrotas consecutivas, inda que catro delas fosen no coñecido tourmalet polo que teñen que pasar todos os equipos esta temporada. É certo que é lexítimo que todos os clubes, aínda que sexan tan modestos como o Numancia,aspiren cando menos conservar a categoría. Pero fala moi mal dunha directiva demostrar tan pouca sensibilidade cara o traballo dun empregado como neste caso Kresic, que demostrou sobradamente ao longo da temporada a súa capacidade para administrar do mellor e máis digno xeito posíbel un plantel máis que modesto, mesmo comparado con algúns equipos da Segunda División. O tempo dará e quitará razóns, pero este tipo de decisións, polo xeral, poucas veces foron acertadas.
17/02/2009
DEMASIADAS NUBES SOBRE OS SUNS
Terry Porter vén de ser cesado como adestrador dos Phoenix Suns, o día despois de que a cidade de Arizona fora escenario da fin de semana das estrelas con Shaquille O´Neal de protagonista. Fai quince días falabamos de que na Conferencia Oeste había nove equipos disputando oito prazas de play off e advertiamos de que a nosa aposta sería precisamente que os Suns quedarían fóra. Daquela os de Phoenix aínda ocupaban o oitavo posto, pero a estas alturas xa foron superados por uns Utah Jazz cada vez máis fiables. Segundo o general manager dos Suns, Steve Kerr, o obxectivo da destitución é recuperar o estilo de xogo rápido e alegre dos anos de Mike D´Antoni. Para iso apóstase de xeito interino polo adestrador asistente Alvin Gentry, quen estivo ao carón do actual adestrador dos Knicks na súa xeira cos Suns, e que conta ademais coa simpatía dos xogadores. Só o tempo dirá se a decisión é a axeitada, como ben dixo Amare Stoudemire. Está claro que os Suns teñen un plantel excepcional, se ben cunha media de idade especialmente elevada, e outros problemas como os constantes rumores sobre unha saída inminente do propio Stoudemire para rebaixar carga salarial, ou os problemas extradeportivos da última incorporación, Jason Richardson, quen foi onte pillado por conducir a 145 kms. por hora nun treito limitado a 56, e co seu fillo de tres anos na parte de atrás sen o asento regulamentario. Honestamente, sigo apostando porque serán os Suns os que queden fóra dos playoff.
Marcadores:
Amare Stoudemire,
Baloncesto,
Jason Richardson,
NBA,
Suns,
Terry Porter
16/02/2009
O PARTIDO DAS ESTRELAS
O partido das Estrelas apenas deixou marxe para o espectáculo. Parecía que todos estaban con ánimo de tomalo demasiado en serio. Ata que apareceu Shaquille e comezou a festa. Un momento mítico a xogada con Chris Paul na que decidiron intercambiar os seus roles. Miguel Piñeiro ofrece no seu blog unha extraordinaria semblanza do personaxe. Os do Oeste metéronlles unha boa pana (146-119) aos do Leste e o MVP compartido para Shaq e Kobe, ademais da súa enorme carga de morbo, fai xustiza con dous xogadores xeniais, cada un a súa maneira, que acumulan ademais un palmarés espectacular. A Kobe quédalle unha espiña no seu particular duelo con Shaq: gañar un anel sen el. Talvez sexa esta temporada, a carón de Gasol, cando se desquite.
Marcadores:
All Star,
Baloncesto,
Kobe Bryant,
NBA,
Shaquille O´Neal
O LEIXOES REIVINDÍCASE EN BRAGA
Esta fin de semana o partido máis destacado da xornada en Portugal era o que enfrontaba aos dous equipos revelación do campionato no estádio AXA de Braga: o Sporting de Braga contra o Leixões de Matosinhos. Dous equipos de filosofías contrapostas: vistoso e ofensivo o Sporting dirixido por Jorge Jesus; conservador e pragmático o Leixões de Jose Mota. O partido respondeu ao roteiro previsto. O Braga levou a iniciativa en todo momento pero acabou perdendo, pódese dicir, na única oportunidade da que dispuxo o equipo contrario e grazas ao espectacular remate na súa propia porta do sportinguista Frechaut. Con este resultado o Leixões afiánzase no terceiro posto na táboa empatado a puntos (34) co Sporting de Lisboa, que gañou a domicilio no campo dos Belenenses (1-2) con goles de Helder Postiga e Vukcevic. Os dous de arriba gañaron con algúns apuros. O Porto (38 puntos) impúxose por 3-1 no seu campo ao pechacancelas, o Rio Ave de Vila do Conde, con dous goles nos últimos cinco minutos do arxentino Farías. O Benfica (37) tamén xogaba no seu estadio da Luz e gañoulle por 3-2 ao modesto Paços de Ferreira. Despois da derrota do Sporting de Braga, ao quinto posto da taboa accede o Nacional de Madeira (32), que gañou facilmente (3-0) ao Vitória de Guimaraes con dous goles de Nené, que é o pichichi da Liga. Chama a atención a excelente campaña dos dous equipos de Funchal na máxima categoría, pois se o Nacional é quinto, o Marítimo (29) ocupa a sétima posición na táboa. A vindeira fin de semana especial atención ao clásico lisboeta: Sporting- Benfica en Alvalade.
Marcadores:
Benfica,
Fútbol,
Leixões,
Liga Portuguesa,
Maritimo de Funchal,
Nacional de Madeira,
Porto,
Sporting Braga,
Sporting de Lisboa
O BARÇA PINCHA, O MADRID NON
O Madrid sumou a súa oitava vitoria consecutiva en Liga nunha xornada na que por fin o Barcelona cedeu puntos despois do seu sufrido empate contra o Betis no Ruíz de Lopera (2-2). O Madrid, malia estar sen Robben, fixo un dos mellores partidos da temporada e gañou con facilidade (4-0) a un fraco Sporting de Xixón. Destacábel o partido de Lassana Diarra, que vai ser un home moi importante no futuro do Real Madrid. É un portento físico e é moi intelixente tacticamente. Ademais, é un home especialmente polivalente que xa probou a xogar, sempre con acerto, nas posicións máis variadas: mediocentro, lateral, interior, etc... nos seus anteriores equipos: Arsenal, Chelsea, Portsmouth. Un xogador deses polos que devece calquera adestrador inda que para o resto dos afeccionados poidan pasar máis desapercibidos. O caso é que é unha peciña máis para sumar nun Real Madrid máis serio cada día e que a base de vitorias fixo esquecer case por completo a crise institucional de fai un mes. A xornada, polo demais, demostrou como o Sevilla é posíbelmente o terceiro mellor equipo da Liga, inda que lle coste moito gañar os partidos, como onte en Montjuic, e que o Valencia e o Vila Real están experimentando un baixón considerábel, sobre todo os castellonencos, cunha crise de xogo e resultado grave nos últimos partidos. Canto ao Atlético, fiel ao seu espírito, despois da euforia da semana pasada volveu ao gatillazo: empate na casa ante o Xetafe. Pouco a pouco os colchoneiros decataranse de que para solucionar certas cousas a solucion non pasa necesariamente por desfacerse dun técnico como Aguirre.
Marcadores:
Atlético de Madrid,
Barcelona,
Betis,
Fútbol,
Primeira,
Real Madrid,
Sporting de Xixón,
Valencia,
Vila Real,
Xetafe
15/02/2009
NATE 'KRYPTONITA' ROBINSON
A xornada dos concursos do All Star foi bastante pobre e só a salvou a última hora a teatrada argallada por Nate Robinson, gañador final do concurso de mates. Estivo ben porque Dwight Howard estaba máis que convencido de que non tería rival no concurso. Argallouno todo para darse un novo baño de masas co seu numeriño de Superman, pero o 4 dos Knicks tiña o antídoto: a kryptonita. O chiste foi máis que gracioso e valeulle a simpatía do público que votou dende a casa. Foi, en fin, o único detallle destacable dunha xornada na que Rudy Fernández converteuse no primeiro europeu en participar nun concurso de mates, cunha actuación digna na que, porén, emperrouse en probar un mate no que parecía que Gasol estaba por facerlle a putada. Ademais, foi decepcionante que non probara co mate Djalminha despois de tanto como se falou del. Do concurso de triples e do de habilidades, que gañaron Daequan Cook e Derrick Rose, respectivamente, mellor non falar. Gañaron os menos malos e posibelmente calquera medianía da LEB podería facelo mellor. Esta noite é o partido das estrelas e aventúrome a prognosticar quen será o MVP: Dwayne Wade. Algunha aposta?
Marcadores:
All Star,
Baloncesto,
Daequan Cook,
Derrick Rose,
Dwayne Wade,
Dwight Howard,
Nate Robinson,
NBA,
Pau Gasol,
Rudy Fernández
O DÉPOR PERDE OUTROS DOUS PUNTOS

EMPATE DUN CELTA INCONSISTENTE
O Celta deixou escapar de Tarragona dous puntos nun partido (1-1) no que demostrou algo de xogo por momentos pero no que volveu caer nos erros de toda a temporada. A primeira parte dos vigueses foi mala, anodina, con escasa capacidade para chegar á area contraria. O Nástic, pola súa banda, non necesitaba elaborar demasiado o xogo. Abondáablle co fútbol directo xa que un veterano decadente como Jose Mari gañoulles practicamente todos os balóns aereos aos centrais do Celta. Nun centro cruzado dende a dereita por outro veterano, Campano, Edu Moya cometeu un penalti inocente sobre o sevillano José Mari. O propio Campano lanzou o penalti pero apareceu o mellor xogador do Celta esta temporada, Notario, para paralo brillantemente. No segundo tempo, o Celta xogou moito mellor, coas liñas moito máis adiantadas e presionando arriba. De roubos no campo contrario naceron dúas claras ocasións de gol que non aproveitaron David Rodríguez e Dani Abalo, por erros no último control. Mentres, atrás, Rubén estaba a piques de estragar o bo traballo dos seus compañeiros coa enésima pifia defensiva da temporada que significou a ocasión máis clara do Nástic no partido: un balón ao pao do talentoso Jordi Alba. Mais finalmente o Celta atopou o gol de David Rodríguez, un premio merecido para o que se estaba a ver no campo, inda que tratándose do equipo vigués, insuficiente para ficar tranquilo. O Nástic botouse arriba descaradamente polo empate e o Celta pechouse atrás de contado, aturando unha retesía de corners ata que nun destes Tortolero gáñalles outra vez no salto aos defensas e marca. O celta botou deste xeito pola borda, unha vez máis, todo o traballo anterior por culpa da súa inconsistencia defensiva.
14/02/2009
E O ROSALÍA IMPONSE NO DERBI GALEGO
E onte, ademais do partido de Phoenix, disputábase o mellor partido de baloncesto que se pode ver hoxe entre equipos galegos. No Multiusos do Sar, o poderoso Breogán de Lugo, segundo na clasificación, enfrontábase ao segundo por abaixo, o Beirasar Rosalía, que deu a gran sorpresa ao impoñerse por 58-53 aos lugueses nun partido no que destacaron Miguel Montañana con 13 puntos e 7 rebotes, e o esloveno Sandi Cebular con 12 puntos e 9 rebotes. O Rosalía, que fai unhas semanas parecía condenado ao descenso despois de sumar unha soa vitoria en dezaseis partidos, ve agora moito máis factíbel a salvación despois de sumar tres vitorias nos últimos catro partidos, co que xa relagaron ao pechacancelas ao Gandía e bótanlle o bafo ao Illescas, que ten só unha vitoria máis e é o equipo que marca o posto de salvación. Entrementres, noutro lugar de Santiago, a directiva do Obradoiro segue traballando para ver se é posíbel que a praza que lle corresponde ao equipo santiagués na vindeira edición da ACB, non ten que marchar de Santiago, o cal parece a estas alturas bastante complicado.
Marcadores:
Baloncesto,
Beirasar Rosalía,
Breogán,
Lebron James,
Obradoiro
DURANT PROTAGONISTA
O aleiro de segundo ano dos Thunder de Oklahoma City foi o gran protagonista do partido dos rookies contra os sophomores co que deu comezo a fin de semana das estrelas da NBA en Phoenix. Durant anotou 46 puntos, ademáis de 7 rebotes e 4 asistencias, colaborando activamente na remontada dos sophomores ante uns rookies que saíron bravos no primeiro tempo do partido. Con esta grande actuación individual, Durant dá un golpe na mesa, pois ata agora a súa gran campaña nos Thunder non tivo a repercusión mediática que realmente merece, por mor da fraqueza do seu equipo, pero Kevin Durant está chamado a converterse nun dos xogadores máis relevantes da Liga profesional americana nun futuro próximo, posíbelmente nos propios Thunder que terán que medrar a partir dos seus xogadores máis novos: Durant, Jeff Green e Russell Westbrook, que tamén foron protagonistas do partido de hoxe. Por certo, chama a atención unha noticia que se deu a coñecer esta madrugada: Shawn Marion, xunto co base Marcus Banks, vai para Toronto a cambio de Jermaine O´Neal e Jamario Moon, que acompañarán a Dwayne Wade en Miami. Un movemento abofé arriscado que veremos a quen beneficia se é que beneficia a algunha das dúas partes.
Marcadores:
All Star,
Heat,
Jamario Moon,
Jeff Green,
Jermaine O´Neal,
Kevin Durant,
Marcus Banks,
NBA,
Raptors,
Russell Westbrook,
Shaun Marion,
Thunder
13/02/2009
JÔ ALVES E O EVERTON
Jô Alves é un dos dianteiros brasileiros máis prometedores. Formado nas categorías inferiores do Corinthians, fichou con 18 anos polo CSKA de Moscova. Alí acompañou na punta do ataque ao seu compatriota Wagner Love, co que formou unha dupla moi produtiva. Alto e forte, sabe xogar moi ben de costas, parar e aguantar o balón, mais do mesmo xeito é moi dotado tecnicamente e de cara ao gol, salientando pola súa potencia en carreira. No CSKA marcou 30 goles en 53 partidos. Ao comezo desta tempada, despois de ser tentado por algúns clubes importantes do fútbol europeu, como Sevilla ou Valencia, acabou recalando nas ringleiras do Manchester City, converténdose nunha das fichaxes máis interesantes do verán na Premier. Porén, a súa achega ao equipo celeste foi mínima. Apenas contou para Mark Hughes que preferíu a Benjani Mwaruwari. Por iso, no mercado invernal acordouse a súa cesión ata o final da temporada ao Everton, que andaba falto de dianteiros despois da grave lesión de Yakubu. No seu debú na pasada fin de semana marcou dous goles ante o Bolton, o doble de goles que en seis meses en Manchester. O primeiro foi unha marabilla. Desfíxose de dous defensores cun sutil control de costas para chantarse so diante do porteiro. David Moyes relámbese porque vai contar ata o remate de temporada cun dianteiro máis que feito para integrarse no seu sistema de xogo. Estou convencido de que Jô Alves vai despuntar no Everton, e demostrar a súa calidade de grandísimo dianteiro. Do mesmo xeito, o Everton, que é un dos equipos máis sólidos da Premier, ten na falta de gol un dos seus principais defectos para dar o salto que lle permita competir abertamente cos equipos que tradicionalmente entran en Champions. Con Jô Alves van dispoñer dun xogador que vai marcar goles e, sobre todo, vaillos facilitar aos xogadores que cheguen de segunda liña, unha das características do xogo do equipo. Jô Alves e o Everton de David Moyes estaban condenados a atoparse. Vexamos se se cumpren as miñas expectativas. Daquela a final de temporada haberá dúas opcións: que o Everton intente facerse en propiedade co xogador, ou que o Manchester City se decate de que tiñan un xogador de moitos quilates apodrecendo no banco. Son as diferencias entre equipos con moito potencial económico e pouca cabeza para administralo e outros, coma o Everton, que saben medrar aos poucos administrando moi ben o potencial do seu plantel.
Marcadores:
David Moyes,
Everton,
Fútbol,
Jô Alves,
Premier
O DOMINIO DO TAU
Se falamos de baloncesto europeu é xusto dicir que esta temporada, con diferencia, o equipo máis forte é o Tau Baskonia. Líder destacado na Liga regular española con só unha derrota en 21 partidos e líder do seu grupo no Top 16 da Euroliga, gaña os seus partidos cunha facilidade e superioridade abraiantes. Tendo en conta o baixón experimentado esta campaña con respecto á anterior polos grandes do básket europeu como CSKA, Macabbi ou Panathinaikos, poderiamos aventurar que o Tau eríxese no gran favorito para o máximo trofeo europeu. Do mesmo xeito, na Liga, só o Barcelona parece ameazar o obxectivo dos baskonianos. Mirar o plantel do equipo vitoriano é decatarse do enorme potencial de cada xogador, comezando por Igor Rakocevic, ao que esta temporada se lle ve con máis ambición que nunca, máximo anotador da Liga, aparecendo sempre nos momentos decisivos; Splitter parece xa practicamente recuperado dos seus problemas físicos de principio de temporada, aparece nos primeiros postos de case todas as estatísticas indiviuais da Liga, pero salienta especialmente que apareza como segundo mellor recuperador de balóns. O mellor recuperador, porén, Pablo Prigioni, o base arxentino que le con total intelixencia o xogo do equipo e sabe exactamente que lle pide cada compañeiro. A súa achega anotadora decrece cos anos pero aparece só nos momentos difíciles, como lle acontece os xogadores grandes. E logo está Pete Mickeal, ao que xa coñeciamos abondo os breoganistas pero que sen facer moito ruído demostrou que é un xogador fundamental para o TAU. MVP das pasadas finais, esta temporada a súa aportación está a ser tamén espectacular. Pete aparece sempre que o resto dos compañeiros esmorecen nalgunha faceta do xogo. Que non rebotea quen ten que rebotear, rebotea Mickeal, que non anota quen anota sempre, anota Pete Mickeal, etcétera. A maiores, falar doutros xogadores como Sergi Vidal, Mirza Teletovic, Will McDonald, San Emeterio, etcétera, é comprobar como hai banco abondo para competir con garantías, se ben nese sentido, penso que o TAU non ten tanta profundidade como algúns dos seus competidores. Por exemplo, o Barça.
Marcadores:
Baloncesto,
Igor Rakocevic,
Pablo Prigioni,
Pete Mickeal,
TAU,
Thiago Splitter
12/02/2009
ÁS VOLTAS CON TRASHORRAS
Hai xogadores que se distinguen dos demais pola súa calidade técnica e a súa capacidade de desequilibrar un partido nunha acción individual, sexa desborde, pases ao espazo, disparo dende fóra da área, etcétera. Estes xogadores, polo xeral, gústanlle máis aos afeccionados cos demais, pero moitas veces son obxecto constante de polémica, pois non sempre son do gusto dos adestradores, as máis das veces porque aparellada á súa calidade, vai unha certa desidia defensiva e no compromiso co xogo colectivo. Trashorras, o de Rábade, é abofé un xogador desta fasquía. Ten unha calidade innegábel e en moitos partidos as súas accións serven para desequilibrar e en consecuencia supoñen goles para o seu equipo. Pero tamén é certo que entre os xogadores técnicos desequilibrantes hai que saber distinguir. Hainos como Messi, ou o Valerón dos seus mellores tempos, por exemplo, que cada vez que intentan algo atinan, e por iso teñen a consideracións de cracks. Hai outros, en cambio, tipo Guti aos que lles saen as cousas o 70% das veces e que se consideran a si mesmos máis importantes que o resto do equipo. Hai outros, tipo Trashorras, de calidade incuestionábel, aos que lles saen as cousas o 40-50% das veces, e que porén, tampouco se distinguen pola súa integración na engrenaxe colectiva do seu equipo. Este tipo de xogadores suscitan a simpatía da bancada e dos xornalistas, pero poucas veces as dos técnicos. Eu, particularmente, penso que Trashorras pode xogar no Celta e que sería bon procurar un sistema acaído para que un xogador coma el acade a confianza necesaria para brillar ao seu máximo nivel. Preo tamén comprendo perfectamente a reticencia do técnico a prescindir ás veces del polo beneficio do equipo. Pode haber decisións de todos os gustos, pero a fin de contas, ensarillarse no debate Trashorras si ou Trashorras non, perxudica sempre finalmente ao celtismo, que pensa que todos os problemas se reducen a este, cando os problemas do equipo son moito máis graves e estruturais de que xogue un xogador ou outro que, por certo, vén batendo coa mesma pedra en todos os equipos de Segunda División polos que pasou.
GAÑARON ARXENTINA E PORTUGAL
Arxentina impúxose onte no Velodrome de Marsella a Francia (0-2) no segundo partido de Maradona como seleccionador da albiceleste. A derrota de Francia cuestiona un pouco máis a continuidade do seu seleccionador Raymond Domenech, quen non acaba de sacar ao seu equipo dunha sensación de esgotamento e carencia de ideas crónica. Onte a súa principal aposta foi a entrada no xogo do talentoso mediapunta do Bordeaux, Gourcuff, mais a súa presenza foi pouco estímulo nunha selección na que segue dominando a vella garda: Gallas, Abidal, Henry, Anelka... Pola súa parte, Arxentina presentaba un equipo peculiar, con Kun e Messi, como principal argumento, na punta de ataque, dous homes cumpridores como Maxi e Jonás Gutiérrez polas bandas, e Mascherano recuperando balóns a esgalla a carón de Gago. A defensa, con Heinze e Demichelis, cumpríu abondo o seu cometido e só sufríu ante algunha trasnada de Ribery. A Arxentina tampouco lle resultou doado crear ocasións, sobre todo porque o balón apenas lles chegaba ao Kun e Messi. Pero unha vez que os arxentinos chegaban á area contraria, a sensación de perigo aumentaba exponencialmente. Nun destes achegamentos, aparentemente inofensivo, chegou o primeiro gol, marcado por Jonás, o do Newcastle, quen parece ata o de agora un dos favoritos de Maradona. No segundo tempo Francia demostrou incapacidade para reaxir e Arxentina aproveitou un contragolpe por medio de Messi para sentenciar o partido.
Pola súa banda, Portugal xogaba contra Finlandia, no Estádio do Algarve. Portugal, como Francia, non vive o seu mellor momento, despois de recibir seis goles de Brasil no último amigábel. No banco portugués senta Carlos Queiroz, quen procurou un par de sorpresas tácticas, como ubicar a Pepe no mediocentro e ao xogador do Málaga Duda como lateral esquerdo. A posición do xogador do Málaga foi a mellor noticia para os cronistas portugueses, Duda fixo un gran partido, pois mantivo correctamente a posición defensiva e sobre todo, deu un recital de pases en curto e en longo dende a súa posición. Porén, o gran problema de Portugal, que xa vén de vello, é a falta de pólvora arriba. Onte probou Queiroz con Hugo Almeida no primeiro tempo e Orlando Sá no segundo, mais o único gol do partido (1-0), acadouno Cristiano Ronaldo ao transformar un penalti dubidoso cometido sobre Almeida. Pobre bagaxe dos portugueses que se enfrontaban a unha selección moi feble e veterana. O titular da crónica do partido no noso benquerido xornal O Jogo: A vaca gosta de Duda, mas só dá leite magro
Marcadores:
Agüero,
Arxentina,
Carlos Queiroz,
Cristiano Ronaldo,
Duda,
Finlandia,
Francia,
Fútbol,
Gourcuff,
Hugo Almeida,
Jonás,
Leo Messi,
Maradona,
Orlando Sá,
Pepe,
Portugal,
Raymond Domenech,
Ribery
11/02/2009
ESPAÑA SUPEROU A INGLATERRA
Interesante partido o amigable que enfrontaba onte no Sánchez Pizjuán de Sevilla á selección española, actual campiona de Europa, e a Inglaterra que adestra Fabio Capello. Ao italiano ben se lle ve que está a traballar arreo no seu cargo, non só porque cada vez que emiten un partido de fútbol inglés na televisión ,tanto ten cal, sempre está el, senón tamén porque os ingleses chantáronse no campo sevillano cunha disposición táctica moi traballada, coa defensa moi adiantada, practicamente na medular, e cos dianteiros presionando practicamente na área de Casillas. A este sistema estiveron a piques de tirarlle proveito nalgunha ocasión, como aos seis minutos, cando Agbonlahor cruzou de máis ante a saída de Casillas. Pero España foise afacendo á cilada de Capello e pouco a pouco, unha vez se foron afastando os seus centrocampistas do bafo dos defensores ingleses, comezaron a facer o seu xogo combinativo, case hipnótico, que cando semella que xa ten o equipo contrario adormecido, vira nun pase xenial ao interior da área onde España ten a día de hoxe dous dianteiros espectaculares capaces de fabricar un gol na situación máis adversa. É o que fixo Villa, que recibíu un balón de Xabi Alonso entre dous defensas e cun movemento institntivo desfíxose deles, Terry e Jagielka, e resolveu con grande acougo á saída de James. Co gol a favor, o equipo de Vicente del Bosque reafirmouse no seu xogo, mentres que a Inglaterra custoulle procurar alternativas, sobre todo porque era incapaz de roubarlle o balón aos españois. Con Xabi Alonso, Xavi e Iniesta España pode tocar e tocar o balón ata o infindo. Certo é que a súa presenza no campo priva a España de xogadores e fútbol de banda, pero non parece necesario pois son xogadores capaces de meter unha ducia de balóns ao oco, ás costas de calquera defensa, por moi poboada e boa que sexa. Iso foi o que aconteceu onte, e con dianteiros como Villa e Torres é garantía de vitoria. A Inglaterra faltoulle capacidade de resposta. Á falta da calidade de Gerrard, os ingleses procuraron o empuxe dun centro do campo forte, con Barry, Carrick polo centro no primeiro tempo, con Lampard e Beckham que entrou pola dereita na segunda e unha dianteira de homes recios, rápidos e complementarios como Heskey e Agbonlahor, actual dianteira do Aston Villa, na Primeira, e Crouch e Carlton Cole cara o remate da Segunda. Non tiveron moito que facer sobre todo polo que xa falamos, porque foron incapaces de roubarlle balóns a unha selección que xoga como unha araña que tece unha arañeira, traballo laborioso e complexo que sempre acaba ofrecendo unha presa á que cravarlle o aguillón. Llorente sentenciou cerca do final cun gol de cabeza, o seu primeiro gol coa selección española e o segundo do partido.
ADAM E ODOM
Andy Bynum rompeu e os Lakers perden unha peza fundamental. Porén non parecen ter acusado demasiado a súa baixa ata agora. É a quenda de Adam e Odom. Lamar xa ten destacado nun partido importante: contra os Cavaliers, e demostrado a pasada campaña que pode ser un bo complemento para Kobe e Gasol. Unha incógnita é Adam, recén chegado no intercambio cos Bobcats que quedan con Radmanovic. Adam Morrison é un tipo moi prometedor. Ten moita calidade, tiro exterior e loita no poste baixo. Ademais, trátase dunha rara avis no mundo do deporte profesional americano. Nado en Montana, superou unha grave enfermidade na adolescencia e foi universitario contestatario con posters do Che, Larry Bird e Rage Against the Machine no seu cuarto, cun look que parece saído dunha peli de Michael Cimino. Con todo, terá que comezar a confirmar axiña ás expectativas depositadas nel, despois duns inicios na NBA algo decepcionantes cos Bobcats.
Marcadores:
Adam Morrison,
Baloncesto,
Bobcats,
Kobe Bryant,
Lakers,
Lamar Odom,
NBA,
Pau Gasol
HIDDINK
Tócalle a Guus Hiddink tentar salvar ao Chelsea do que algúns consideramos un declive inevitable. É Hiddink un grande adestrador, carismático e capaz de xestionar á perfección grupos complexos como o equipo londinense. Porén, independentemente dos resultados deportivos que acade o holandés de aquí ao final da temporada, o verdadeiro traballo terá que comezar ao remate desta, sendo quen de coller a tixola polo mango, e impoñerse aos egos de xogadores e presidente para compoñer un plantel acorde co seu rico ideario futbolístico. Con todo, Guus Hiddink demostrou ata agora máis man para xestionar seleccións nacionais que clubes que adestran a diario e compiten cada catro días. Se é quen de superar a proba, terá demostrado, abofé, que é un grande.
A RENOVACIÓN DE LOTINA
Lotina renovará co Dépor. É unha nova feliz. O de Meñaka está chamado a marcar unha era no Deportivo equiparábel ás de Arsenio ou Irureta. Fai xa un par de temporadas que o Dépor tocou fondo no económico, institucional e deportivo e aínda que a situación segue sendo complicada, a renovación de Lotina axuda a enxergar a luz ao final do túnel. A Lendoiro se lle poderán imputar moitas cousas, algunhas boas e outras malas, pero hai unha que non se lle pode negar: é, con diferencia, o presidente que máis sabe de fútbol, en todos os sentidos, do fútbol español. E dentro desa sabedoría, hai que salientar a súa intelixencia á hora de saber delegar a xestión deportiva e do vestiario a técnicos serios, traballadores e honestos, mesmo en situacións complicadas como a que vivíu Lotina ao final da primeira volta da pasada temporada, co equipo en postos de descenso. Do mesmo xeito, coido que despois de moitos anos de ver bo fútbol en Riazor, a afección do Deportivo é tamén a día de hoxe, unha das máis sabias do fútbol español, capaz de apreciar o traballo ben feito alén das coxunturas ou dos resultados. O deportivismo é unha masa social numerosa e futboleira, entregada e pouco fanática, esixente mais tamén paciente, por moito que amole a algúns medios de comunicación salvapatrias que fixeron do acoso e derrubamento do presidente Lendoiro a súa razón de ser, aínda que para iso tampouco lles importe levar o Dépor por diante.
09/02/2009
A CLASE DE RAY ALLEN

Marcadores:
Allan Houston,
Baloncesto,
Celtics,
NBA,
Ray Allen,
Reggie Miller
OS DOUS RECORTES DE RYAN GIGGS

Marcadores:
Cristiano Ronaldo,
Diego Tristán,
Fútbol,
Manchester United,
Premier,
Ryan Giggs,
Van der Sar,
West Ham,
Zola
O PORTO MANTÉN O LIDERADO

Marcadores:
Benfica,
Fútbol,
Jesualdo Ferreira,
Liga Portuguesa,
Porto,
Quique Sánchez Flores
08/02/2009
UN EMPATE QUE SABE A POUCO

Assinar:
Postagens (Atom)