05/02/2009

OS 61 PUNTOS DE KOBE

Kobe pasou polo Madison Square Garden e sumou nada menos que 61 puntos. Son números arrepiantes, propios dun xogador único e irrepetíbel, que xa o ano pasado conseguira 82 nun partido contra os Raptors. Fai pouco falaba de que non vía outra posibilidade de MVP que Lebron James, e reafírmome. Pero Kobe, cando falte, botarémolo de menos. Porque poderiamos pensar que estes rexistros de anotación espectaculares de Kobe teñen que ver cunha compulsiva necesidade de tirar todo canto lle chega ás mans. Nada máis lonxe da realidade. Kobe é un xogador maduro que cada vez é máis consciente da necesidade do colectivo e do seu rol no mesmo. Él é o principal anotador e o que se xoga as canastras decisivas, pero ao longo dun partido non dubida en procurar solucións máis intelixentes se cómpren que xogarse el a canasta. Kobe non é un personaxe especialmente querido, talvez por iso non se lle recoñece o lugar que lle corresponde na historia da NBA, pero con campañas como as dúas últimas está a reivindicarse de xeito incontestábel na cancha. Agora só queda que este ano, os Celtics non lle amarguen outravolta a recompensa do anel de campión.

2 comentários:

  1. Enhorabuena. Es uno de los pocos blogs en gallego que he encontrado que está bien escrito. Como buen vecino (soy de El Bierzo), me pasaré por aquí con asiduidad.

    Respecto a Kobe, es verdad que lleva dos temporadas impresionantes, pero yo creo que este es el año en que LeBron ha de quitarle el MVP de la temporada regular. Después, si los Lakers ganan el anillo, él se llevará el de las finales.

    Un saludo

    ResponderExcluir
  2. Benvido, amigo. Si, penso que este ano tócalle a Lebron, sempre que os Cavs non a caguen demasiado cedo nos play offs, que non o creo. Con todo, se llo desen a Kobe tampouco resultaría inxusto.

    Un saudo para o Bierzo

    ResponderExcluir