Xa falamos noutras ocasións da equipa revelación da Liga Portuguesa, o Leixões de Matosinhos. Pois ben, esta fin de semana tiña a oportunidade de acadar un fito histórico, ser o primeiro na Historia en gañar nunha mesma temporada nos campos dos tres grandes do fútbol portugués. Xa o fixera no Dragão do Porto por 2-3 e en Alvalade ao Sporting por 0-1. Onte era a quenda do Estádio da Luz, pero o Benfica frustrou o soño do equipo que dirixe brillantemente José Mota. Non foi sen apuros. O Leixões é unha equipa que se caracteriza polo súa extraordinaria seriedade táctica e por xogar o balón ao pé, inda que con moi pouca xente por diante dela. Onte seguíu os mesmos parámetros, inda que o Benfica conseguíu superar a arañeira dos de Matosinhos con certa facilidade nos primeiros minutos do partidos grazas á calidade da súa parella de arxentinos: Aimar e Di María. O gol, porén chegou despois dun erro defensivo do lateral franxivermello Laranjeiro, que lle permitiu a José Antonio Reyes gañar a liña de fondo e mandar un pase da morte que o defensa Elvis meteu na súa propia porta. O Leixoes non se achicou e intentou timidamente buscar o empate, por medio sobre toda da loita en solitario dos seus dous avanzados Braga e o Zé Manuel. Foi de balde. No segundo tempo, o partido continuou coa mesma tónica e o Benfica atopou o segundo gol nunha xogada que tamén comezou pola banda. O paraguaio Cardozo superou ao seu defensor, gañou a liña de fondo, e mandou un centro á testa do veterano Nuno Gomes, quen transformou habilmente. O partido parecía sentenciado, inda que o Leixoes seguía fiel ao seu estilo, agora con dous avanzados de refresco: Rodrigo e Sony e cunha circunstancia ao seu favor: ficar en superioridade numérica pola lesión do ex do Recreativo Carlos Martins cando xa esgotara Quique os tres cambios. Deste xeito, Rodrigo Silva aproveitou para reducir distancias. Parecía posible cando menos o empate pero o Benfica foi capaz de achicar as fendas da súa defensa e amarrou os tres puntos que lle veñen de perolas na súa loita polo título, pois no outro partido destacado da xornada, o que enfrontaba no Dragao os dous equipos que viñan de disputar eliminatorias de Champions, o Sporting de Lisboa e o Porto empataron sen goles nun partido pouco vistoso, no que os de Paulo Bento preferiron agardar atrás e non conceder ningún tipo de facilidade defensiva despois do estrago da Champions contra o Bayern. O Porto mantén o liderado con 42 puntos, dous máis co Benfica (40) e catro sobre o Sporting (38). Ao cuarto posto accede o Nacional de Madeira (35), que gañou 3-1 ao Acadêmica de Coimbra con dous goles de Mateus e outro do pichichi Nenê, igualando deste xeito ao Leixoes. O Sporting Braga podería sumarse a este grupo de gañarlle mañá ao Vitória de Guimaraes nun interesante derbi minhoto do que daremos boa conta.
02/03/2009
O BENFICA FRUSTRA O SOÑO DO LEIXOES
Xa falamos noutras ocasións da equipa revelación da Liga Portuguesa, o Leixões de Matosinhos. Pois ben, esta fin de semana tiña a oportunidade de acadar un fito histórico, ser o primeiro na Historia en gañar nunha mesma temporada nos campos dos tres grandes do fútbol portugués. Xa o fixera no Dragão do Porto por 2-3 e en Alvalade ao Sporting por 0-1. Onte era a quenda do Estádio da Luz, pero o Benfica frustrou o soño do equipo que dirixe brillantemente José Mota. Non foi sen apuros. O Leixões é unha equipa que se caracteriza polo súa extraordinaria seriedade táctica e por xogar o balón ao pé, inda que con moi pouca xente por diante dela. Onte seguíu os mesmos parámetros, inda que o Benfica conseguíu superar a arañeira dos de Matosinhos con certa facilidade nos primeiros minutos do partidos grazas á calidade da súa parella de arxentinos: Aimar e Di María. O gol, porén chegou despois dun erro defensivo do lateral franxivermello Laranjeiro, que lle permitiu a José Antonio Reyes gañar a liña de fondo e mandar un pase da morte que o defensa Elvis meteu na súa propia porta. O Leixoes non se achicou e intentou timidamente buscar o empate, por medio sobre toda da loita en solitario dos seus dous avanzados Braga e o Zé Manuel. Foi de balde. No segundo tempo, o partido continuou coa mesma tónica e o Benfica atopou o segundo gol nunha xogada que tamén comezou pola banda. O paraguaio Cardozo superou ao seu defensor, gañou a liña de fondo, e mandou un centro á testa do veterano Nuno Gomes, quen transformou habilmente. O partido parecía sentenciado, inda que o Leixoes seguía fiel ao seu estilo, agora con dous avanzados de refresco: Rodrigo e Sony e cunha circunstancia ao seu favor: ficar en superioridade numérica pola lesión do ex do Recreativo Carlos Martins cando xa esgotara Quique os tres cambios. Deste xeito, Rodrigo Silva aproveitou para reducir distancias. Parecía posible cando menos o empate pero o Benfica foi capaz de achicar as fendas da súa defensa e amarrou os tres puntos que lle veñen de perolas na súa loita polo título, pois no outro partido destacado da xornada, o que enfrontaba no Dragao os dous equipos que viñan de disputar eliminatorias de Champions, o Sporting de Lisboa e o Porto empataron sen goles nun partido pouco vistoso, no que os de Paulo Bento preferiron agardar atrás e non conceder ningún tipo de facilidade defensiva despois do estrago da Champions contra o Bayern. O Porto mantén o liderado con 42 puntos, dous máis co Benfica (40) e catro sobre o Sporting (38). Ao cuarto posto accede o Nacional de Madeira (35), que gañou 3-1 ao Acadêmica de Coimbra con dous goles de Mateus e outro do pichichi Nenê, igualando deste xeito ao Leixoes. O Sporting Braga podería sumarse a este grupo de gañarlle mañá ao Vitória de Guimaraes nun interesante derbi minhoto do que daremos boa conta.
TÍTULO E MEDIO DUNHA TACADA
O Manchester United acadou esta fin de semana título e medio dunha tacada pois venceulle brillantemente ao Tottenham Hostpur na final da Carling Cup mentres que na Liga o seu principal perseguidor, o Liverpool, perdía lamentablemente contra o Middlesborough (2-0), quedando a sete puntos malia contar cun partido máis a falta de once para que remate a competición. Onte, na Carling, O United proclamouse campión despois dunha final divertida e vibrante na que os dous equipos foron de cabeza pola vitoria con alternativas constantes nas dúas áreas. Parece incríbel que o partido puidera permanecer 120 minutos co 0-0 pois as oportunidades foron incontábeis. O Manchester apostou na súa aliñación inicial por Cristiano Ronaldo e Nani nos estremos con Tévez na punta acompañado polo canteirán Guelbeck. Scholes encargábase de distribuír o xogo cunha sencillez alucinante. Pola súa banda o Tottenham de Harry Redknapp, un equipo que parece incríbel que leve dúas temporadas tan pobres visto o potencial, un por un, dos seus xogadores, ofreceu a súa mellor versión: cun excelete Luka Modric na organización o xogo, un potente Zokora na recuperación e sobre todo un Aaron Lennon que foi un constante perigo para a defensa contraria, desbordando seguido e contando coas mellores ocasións dos spurs, anuladas case todas por un brillante suplente de Van der Sar, BEn Foster. No Tottenham, en cambio non estiveron desta volta á altura Pavlychenko, dianteiro que chegou con moita expectación ao fútbol inglés despois da súa espléndida Eurocopa e que non se cabou de aclimatar aínda ás illas, e Jermaine Jenas, un home importantísimo no Tottenham que onte pasou desapercibido. Cando o tempo regulamentario do partido estaba a piques de cumprirse, Cristiano Ronaldo estivo a piques de evitar a prórroga cun espléndido zurdazo que bateu violentamente contra o poste. Mais o empate fixo xustiza ao visto no campo, se ben debería reflectir varios goles nos casilleiros dos dous equipos. Na quenda dos penaltis o Manchester non perdoou metendo os catro que intentou (Giggs, Tévez, Ronaldo e Anderson), mentres que o Hotspur errou o primeiro: Jamie Hara enviou contra o corpo de Ben Foster e logo non puido parar a choreira en toda a noite, mentres que Bentley wuixo axustar tanto ca mandou fóra. Título para o United que viu, ademais, como esta fin de semana, o Liverpool ofrecía a súa por versión ligueira ante o Middlesbrough (2-0), despois da exhibición táctica no Bernabeu o mércores pasado. O Chelsea, porén, sumaba a súa terceira vitoria consecutiva con Hiddink no banco. Impúñase en Stanford Bridge ao Wigan con gol de Lampard no desconto. Tamén no desconto chegou o empate (2-2) do modesto Stoke City en Villa Park. O Aston Villa desínflase no treito final do campionato, cando aspiraba a consolidarse entre os grandes. O Arsenal sumou o seu quinto empate consecutivo sen goles, desta volta na casa e contra o Fulham, e ve como xa se lle pon a un punto o Everton, que sen Arteta, venceu brillantemente ao West Brom con goles de Cahill e Saha. (Foto de Scholes de Austin Osuide)
Marcadores:
Aston Villa,
Carling Cup,
Chelsea,
Everton,
Fulham,
Fútbol,
Liverpool,
Manchester United,
Middlesborough,
Premier,
Tottenham,
WBA,
Wigan
01/03/2009
MERECIDA E TRABALLADA VITORIA
Era un partido complicado. Perder, ou mesmo empatar, ante un equipo que levaba sete derrotas consecutivas e despois da debacle contra o Aalborg, tería sumido ao equipo nun estado de ánimo preocupante, cando o que queda por diante non deixa de ser máis que esperanzador pois o equipo xa pode dar por asegurada a permanencia e os únicos obxectivos á vista teñen que ver coa gloria de repetir participación en Europa, na UEFA, ou mesmo na Champions. E o equipo saíu a Los Pajaritos coa súa versión máis seria a domicilio, pechándolle ao contrario todos os espazos posibles cun granítico medio do campo, e procurando saír á contra con perigo nas poucas oportunidades dispoñibles. O guión saíu á perfección, agás por unha cousa, o gol, que tanto se resiste e que lle xogou unha nova mala pasada ao canteirán Lassad, quen por méritos propios e lesións e outros contratempos do resto de dianteiros, parece que vai disputar moitos minutos no que queda de temporada. Hoxe volveu telo nas súas botas nunha ocasión calcada á que dispuxo no seu debú contra o Vila Real, e desta volta evitou ben o porteiro mais non o pau na ocasión máis clara do Deportivo. Inda dispuxo doutra boa o equipo de Lotina aos poucos minutos, nun fermoso pase de Juan Rodríguez por riba da defensa contraria que baixou con calidade Lafita dun toque que deixou sentado ao porteiro pero que o obrigou a rematar algo escorado dándolle tempo ao defensor Boris a sacar o balón a córner. Co caro que lle está ao Dépor o gol, parecía que se desperdiciaran ocasións demasiado claras para amarrar o partido. O Numancia deu un paso adiante e dispuxo tamén da súa nunha fermosa parede de Aranda con Barkero que o dianteiro malagueño, o mellor con diferencia do seu equipo, estrelou contra o corpo dun gran Aranzubia, quen sen dúbida foi a gran fichaxe do Dépor esta temporada. Ao comezo do segundo tempo, o garda redes rioxano tivo outras dúas boas intervencións a disparos de Del Pino e Nagore. O Dépor perdera a frecura arriba e o partido tomaba un cariz preocupante, pois o empate parecía o resultado máis probable, inda que se alguén parecía poñer ánimo na vitoria era o equipo soriano, acuciado pola súa situación de pechacancelas. Mais o Dépor tivo paciencia e acabou atopando o gol grazas a unha arrincada racial de Lafita que superou un defensa, cruzou medio campo e agardou ao momento preciso para cederlle o balón a Juan Rodríguez, quen se incorporaba pola dereita e que soubo marcar inda dispoñendo de pouco ángulo. Os tres puntos teñen unha importancia máxima pois sitúan ao Dépor no vagón dos equipos que loitan pola UEFA e polo cuarto posto que dá acceso a Champions, coa expectativa dun vindeiro partido na casa contra o Racing. Esperemos que desta volta o Dépor non tire na casa o que consegue fóra, inda que os cántabros son un equipo afeito a sacar tallada de Riazor. O peor do partido, sen dúbida, as lesións de Zé Castro e Antonio Tomás, que serán baixa durante varias semanas por problemas musculares e que se suman a unha enfermería cada vez máis chea pois o plantel do Dépor comeza a acusar a esta altura da temporada a carga de partidos das tres competicións.
Marcadores:
Antonio Tomás,
Aranzubia,
Dépor,
Fútbol,
Juan Rodríguez,
Lafita,
Numancia,
Primeira,
Zé Castro
EN CAÍDA LIBRE
Esta semana a directiva do Celta quixo dar unha mensaxe de tranquilidade, amosando a súa confianza no plantel e no traballo do técnico Pepe Murcia, e situando os principais obxectivos do club no deseño da vindeira temporada. Era unha boa ocasión para que o Celta reparase a súa danada imaxe no campo dun dos equipos fortes da categoría: o Tenerife, terceiro clasificado. Pero non foi así porque aos dez minutos os vigueses xa tiñan dous goles encaixados. O estado anímico do equipo no seu conxunto está baixo mínimos e calquera circunstancia adversa parece insuperable. Cos dous goles en contra, o Celta non amosou a máis mínima capacidade de reacción- inda que por segunda semana consecutiva fixo un troco antes do descanso- e puido encaixar moitos máis goles de non ser polas intervencións do seu mellor home nesta nefasta temporada: Notario. Se no vestiario, durante o descanso, Pepe Murcia quixo insuflarlle algo de ánimo aos seus para o que quedaba de partido, pouco persuasivo puido ser, pois o equipo continuou coa apatia acostumada e un dos grandes goleadores da Segunda, Nino, puxo o 3-0 no 57. O Celta, de alí o final, adicouse a conservar o marcador, pois a inercia do partido podería ter desembocado nunha tremenda debacle. Nestas difíciles circunstancias, e cun tercio da temporada aínda por diante, o celtismo non ve trazas de recuperación mais ve xa a só cinco puntos o temido descenso. Unha situación crítica na que parece ser necsaria algunha medida que, cando menos, desentumeza a apatía instalada en todos os estamentos do club.
CO MADRID NOS CALCAÑARES
O Madrid esqueceu axiña a derrota do mércores na Champions, e sumou con merecemento ante o Espanyol a súa décima vitoria consecutiva na Liga, que o sitúa a catro puntos dun Barcelona que teima en darlle emoción á Liga. Hoxe sucumbíu á épica do Atlético de Madrid que conseguíu unha remontada histórica no seu campo (4-3) nun dos partidos máis vibrantes do que vai de Liga. O Madrid saíu ao Olímpic de Montjuic cunha aliñación algo diferente á dos últimos partidos, con Robben pegado á banda e Snejder na mediapunta para lles dar balóns aos dianteiros. Mais o papel determinante foi o de Raúl, quen baixou ata o centro do campo para apoiar a Lassana Diarra na circulación do balón. Foi a partir dese momento que os de Juande se sacudiron da presión inicial do Espanyol e comezaron a sentirse a gusto no campo, inda que as ocasións non fosen claras de todo. Ao descanso semellaba que a vitoria resultaría cara para un Madrid ao que lle faltaba un pouco máis de chispa. Juande procurouna unha vez máis coa entrada no campo de Guti e Marcelo. O brasileiro, fixado á banda esquerda, axudou a artellar un debuxo máis clásico e eficaz no mediocampo, mentres que Guti non acababa de cumprir coa principal función que tiña asignada: liberar a Raúl do seu traballo e asumir el a fluidez no xogo da pelota. Tanto tivo. Nunha falta dende a frontal, marcou un tremendo golazo pola escadra co que se puido reivindicar ante a súa afición. Co gol a favor, as cousas foron máis fáciles para o Madrid, pois o Espanyol apenas foi capaz de volver incomodar a área de Casillas. O segundo gol, de Raúl, nun espléndido lanzamento de primeiras dende a frontal a pase de Marcelo pechou o partido e confirmou a solidez da versión ligueira do equipo madrileño, que contrasta cos síntomas de esgotamento do brillante modelo barcelonista, que comeza a parecerse preocupantemente ao Arsenal da pasada temporada. Hai que salientar o partidazo de Lassana Diarra, espectacular na recuperación e sempre intelixente e prudente na saída da bola. No terceiro posto da taboa afiánzase o Sevilla, despois da súa vitoria por 1-2 en San Mamés, nun partido que anticipa o vibrante duelo da volta da Copa do vindeiro mércores. O Sevilla gañou grazas á actuación dun xogador simplemente xenial: Frederic Kanouté, que marcou dous golazos froito da súa clase, demostrando que é posiblemnte un dos tres mellores xogadores do mundo baixando o balón. Mención aparte merecen o enésimo empate do Vila Real, que segue sen saír da súa crise de resultados e o Valencia, que se mete nunha lameira despois da súa eliminación na casa ante o Dinamo de Kiev na UEFA e da derrota de hoxe, tamén no seu campo contra o Valladolid (1-2). Nestas circunstancias, a vitoria do Dépor ten unha importancia maiúscula pois permítelle asentarse na loita por un posto Champions e polos dous da UEFA. (Foto de Guti de ytoyoda)
Marcadores:
Athletic de Bilbao,
Atlético de Madrid,
Barcelona,
Betis,
Espanyol,
Fútbol,
Liga LEB,
Real Madrid,
Valencia,
Valladolid,
Vila Real
28/02/2009
MARBURY DEBUTOU COS CELTICS
Interesante xornada na madrugada da NBA marcada pola estrea de Stephon Marbury cos Celtics. O xogador que chega despois de estar afastado por D´Antoni en Nova York colaborou con oito puntos na vitoria dos Celtics no Garden ante Indiana Pacers (99-104), mentres que os seus ex-compañeiros caían en Philadelphia por 108-103 con 25 puntos de Andre Miller e 23 de Thaddeus Young. Os Lakers perderon ben (79-90) na cancha dos Nuggets mentres que os Cleveland resarcíronse da súa lastimeira derrota a pasada madrugada ante os Rockets cunha vitoria (97-86) en Texas ante San Antonio, no que non xogaron Duncan nin Ginobili por problemas físicos. Os Suns prolongaron un día máis a súa boa racha dende a chegada ao banco de Alvin Gentry, cunha vitoria de marcador alto (113-133) ante os Raptors cunha actuación xenial de Shaquile O´Neal (45 puntos e 11 rebotes). Do mesmo xeito destacada foi a actuación do pívot dominicano Al Horford, quen achegou 22 puntos e 21 rebotes na vitoria dos Hawks na súa cancha ante uns grises Heat (83-91). En Washington, a sorpresa deuna o presidente Obama, quen acudiu ao pabillón para animar os seus Bulls, inda que non lles levara sorte pois os de Chicago perderon ben (90-113). Salientar tamén a vitoria dos Pistons en Orlando (93-85) , que acaba cunha xeira negativa de oito derrotas seguidas. Hoxe é a quenda dos dous equipos máis en forma, pois suman senllas xeiras de seis vitorias consecutivas: os Rockets viaxan a Chicago, mentres que os Jazz, con Carlos Boozer recuperado xa fai uns días, recibe a Sacramento. (Foto de Marbury de Lois Waweru.)
Marcadores:
Al Horford,
Andre Miller,
Baloncesto,
Bulls,
Cavaliers,
Celtics,
Hawks,
Heat,
Lakers,
Magic,
NBA,
Nuggets,
Pacers,
Pistons,
Raptors,
Shaquille O´Neal,
Spurs,
Stephon Marbury,
Suns,
Wizards
DERROTAS DOS GALEGOS NA LEB
Os dous equipos galegos na LEB Ouro perderon onte e dan un paso atrás nas súas respectivas aspiracións. O Beirasar Rosalía caeu (62-74) no multiusos do Sar ante un equipo da metade baixa da táboa, o Club de Baloncesto La Palma, despois dun partido gris no que os santiagueses amosaron unha preocupante falta de claridade en ataque e debilidade no rebote nos momentos decisivos. Os canarios abriron axiña unha fenda no marcador ao inicio do partido grazas a tres triples consecutivas (2-9) e conseguiron mantela durante un triste primeiro cuarto dos homes de César Iglesias (10-20). No segundo pareceu que os colexiais meteron unha marcha máis no partido, grazas sobre todo aos seus dous únicos homes destacados: o norteamericano Kamrrom Tyalor, buscándose a vida en solitario ante a inoperancia dos seus compañeiros no xogo exterior, e o valenciano Miguel Montañana, que se faxou bravamente contra os homes altos do conxunto canario. Porén, outros homes desesperaron á paciente torcida do Multiusos: Rogelio Legasa, que axiña se cargou con catro faltas, e Giorgios Dedas e Sandi Cebular, que nun caso sen precedentes, non anotaron nin un só punto durante todo o partido malia estaren o tempo habitual na cancha. Os tres rexistraron un arrepiante -4 de valoración. Deste xeito era difícil consumar unha remontada ante un equipo contrario moito máis equilibrado e no que destacaban o norteamericano Thomas Terrel (23 pts,9 reb.), o prometedor islandés Pavel Ermolinski (10 pts. 9 reb.) e o base Pedro Sala (12 pts., 7 asistencias). Malia os arranques de orgullo de Taylor e Montañana, que non puido xogar tanto como lle tería gustado ao seu adestrador por mor dunhas lixerias molestias, que por veces parecían achegar o seu equipo no marcador, en ningún mmento deu a impresión de que o equipo de Santiago puidese gañar o partido. Como dato curioso dicir que non só é que Dedas e Cebular quedaran sen anotar, é que só catro dos oito homes que xogaron no Rosalía anotaron (Taylor 22, Montañana 17, 7 rebotes e 10 faltas recibidas, Harding Nana 16 e Jordi Vallmajó 7). O peor do resultado para o Rosalía é que corta unha racha de bos resultados que lle permitiran enxergar a saída do pozo, e confirma os seus graves problemas na faceta anotadora. Agora cómpre desexar que Gandía, penúltimo igualado a puntos co Rosalía que é pechacancelas, e o Illescas, cunha vitoria máis perdan os seus partidos para que a salvación siga estando preto. Pola súa banda o Breogán deu un paso atrás ao perder un partido moi igualado en Melilla (89-87). Os breoganistas comezaron impoñendo a súa autoridade, pois no descanso o marcador era de 39-51 para os lugueses, pero tras a reanudación os melillenses, que viñan dunha xeira negativa de cinco derrotas consecutivas, tiraron de orgullo e da man duns brillantes Andrés Ciorciari (10 puntos e 11 asistencias), ex do Breogán, e Benjamin Southall (21 puntos e 8 rebotes) foron rabuñando a desvantaxe no marcador ata consumar a remontada con dous tiros libres anotados por Cuthbert a tres segundos do final. No Breogán, como xa é habitual, o home máis destacado foi Brian Cusworth, con 27 puntos, seis rebotes e cinco balóns recuperados. Os lugueses, que quedan na cuarta praza á espera do que faga o Valladolid hoxe, veñen de anunciar a fichaxe do escolta italiano Andra Pecile, procedente do Cajasol da ACB, de onde sae por 'pouca implicación'. Pecile é un bo anotador que foi internacional co seu país e que é coñecido ademais pola súa curiosa e divertida faceta artística da que hai boas mostras en youtube.
Marcadores:
Andrea Pecile,
Baloncesto,
Beirasar Rosalía,
Breogán,
Brian Cusworth,
CB Melilla,
Kamrrom Taylor,
Liga LEB,
Miguel Montañana,
UB La Palma
27/02/2009
PODERÍO DO LESTE

A xornada da volta de 1/16 da UEFA deixou uns resultados sorprendentes que deixan ver unha realidade curiosa: o poderío dos equipos do Leste de Europa. En concreto, tres equipos rusos e dous de Ucrania superaron eliminatorias complicadas ante equipos de gran potencial, mentres que Inglaterra, España e Italia, as ligas aparentemente máis poderosas, quedan con dous únicos representantes: o Udinese, que eliminou o modesto Lech Poznan polaco, e o multimillonario Manchester City, que pasou non sen apuros a súa eliminatoria ante o Copenhague. Mención destacada merece o Zenit de San Petersburgo, actual campión da competición, que xa sen Arshavin, eliminou brillantemente ao Stuttgart alemán, gañando nos dous partidos por 2-1. Outro dos grandes do fútbol ruso, o CSKA de Moscova impúxose pola súa banda ao potente Aston Villa de Martin O´Neill, se ben os ingleses saíron ao campo sen oito dos seus titulares, centrados como están na Premier, onde loitan por meterse en postos Champions. Demasiadas facilidades para os moscovitas, nos que marcou Vágner Love, quen xa marcara na ida, e suma dez goles na competición. O outro representante ruso, o Metalist de Kharkiv, eliminou brillantemente á Sampdoria de Walter Mazzari, impoñéndose nos dous partidos. Pola súa banda, os equipos de Ucrania superaron eliminatorias moi complicadas. O mítico Dinamo de Kiev deu a gran sorpresa ao acadar un empate a dous goles en Mestalla ante o Valencia , cada vez máis desconcertado polo baixón de resultados e os problemas económicos. O Shaktar Donetsk de Mircea Lucescu, pola súa banda, non tivo problemas para pasar ante un Tottenham que tamén renunciou a eliminatoria cun equipo pragado de suplentes. En canto o resto das eliminatorias destacan o empate a 2-2 do Werder Bremen en San Siro, que deixa fóra ao equipo de Ronaldinho, cada vez máis carente de identidado e necesitado dun relevo xeracional urxente. O Sporting Braga non tivo problemas para pasar despois da súa brillante exhibición na ida ante o Standard de Liège, e destacable tamén o poderío francés con tres equipos en oitavos: Marsella, PSG e Saint Ettienne. En definitiva, interesante cmbio de hexemonia entre os secundarios do fútbol europeo, nunha competición que, porén precisa reformularse nos vindeiros anos pois cada vez suscita menos interese entre as potencias futbolísticas tradicionais, como ben analiza este artigo da sección de depotes do xornal británico The Guardian.
26/02/2009
AALBORG, UNHA VERDADE INCÓMODA
Todo rematou precisamente ao pouco de ter conseguido o máis difícil: o primeiro gol. Onde outro equipo máis maduro se tería permitido un minutiño de acougo cando menos para tomar folgos, o Dépor, en cambio, revolucionouse e quixo rematar o traballo canto antes, de xeito bravo pero irreflexivo, e pasou o que pasou, que o Aalborg aproveitou os espazos para nos crear problemas e a falla de mentalidade defensiva para meter dous goles a balón parado. Dese xeito a eliminatoria ficaba sentenciada e só quedou agardar ata o final para ver se o equipo, cando menos, era capaz de rescatar un resultado digno, cousa que tampouco foi tal, inda que cando menos non se pode negar a actitude dos xogadores nunha situación difícil como a de onte. Na miña opinión, coido que nos pasamos un pouquño á hora de falar de épica e noites máxicas. Abofé que o de onte era un reto en toda regra e que consumalo tería o espírito das grandes noites, pero tamén é certo que gañarlle a un equipo coma o Aalborg por 3-0 en Riazor non é un imposible. Fai poucas semanas metéuselle 3-0 ao Vila-Real. E por iso eu non son partidario de facer grandes cambios tácticos ante partidos así, que crean desaxustes e incertidumes nos xogadores, pois onte Filipe perdeu percorrido con respecto a outros días, De Guzmán estivo un pouco perdido, e os tres centrais non deron demasiada seguridade ante os homes rápidos de arriba do Aalborg que saían disparados ao contragolpe. Porén, o equipo xogou ben durante a primeira metade. Igual que o domingo contra o Valencia, presionaron con intensidade arriba, recuperando axiña a bola e procurando solucións rápidas en ataque. Mesmo hai que lamentar que no minuto 12 o árbitro anulase inxustamente un gol a Omar Bravo que tería cambiado radicalmente o trancurso da eliminatoria. O gol parecía complicado pero tiña que caer de maduro, inda que Valerón non tivo precisamente o seu día máis xenial e os centrocampistas nunca estiveron demasiado atentos á hora de chegar á área ou de gañar os rechaces. Finalmente foi Sergio quen abriu a lata cun disparo dende fóra da área que desviou un defensa, despistando o seu porteiro. Momento de euforia en Riazor. A remontada comezaba a enxergarse como posible e foi aí cando esquecimos que tiñamos un equipo enfrente. En menos de seis minutos fixéronnos un estrago. Marcaron Sheldon, Wahler e Enevoldsen. 1-3. Agora cómpre pensar xa só na Liga. Estamos nunha situación bonita na clasificación e non se pode baixar a concentración, pois existe a posibilidade de facer algo bo. Lotina tamén pensa o mesmo, por iso na rolda de prensa de onte estaba máis arisco que nunca. Non quixo falar demasiado do partido. En cambio, amosou o seu cabreo pola lesión de Bodipo, acusando veladamente ao xogador de ter arriscado sen estar en condicións.
UN AGASALLO PARA RODRIGO
Esta noite hei de ir aló, a animar o Deportiviño para facer outra trasnada desas que tanto nos gustan. É posible, recoiro, va que si. Non nos poden botar uns pavos que teñen nome de ex-presidente da Xunta. Esta noite habemos de ir a deixar as gorxas roucas porque merecemos pasar e porque temos que facerlle un agasallo a Don Rodrigo García Vizoso, historia viva do Deportivo que cumpríu cen anos e está coma un buxo. Disque dunha volta contra o Madrid chegou a facer 76 paradas e o Dépor perdeu apenas 2-1 en Chamartin e pasou a eliminatoria copeira. Que gran porteiro e, vaites, que defensa tiñamos daquela! Pois iso, que mola mil ser do Deportivo e hoxe é o día de demostralo. (Fotos de Riazor.org e canaldeportivo.com)
VOLVE O MELLOR DROGBA
O Chelsea gañou onte o partido de ida dos oitavos de final da Champions por 1-0 á Juventus despois dun primeiro tempo brillante no que por momentos lembrou ao mellor Chelsea dos tempos de Mourinho, sobre todo pola aparición estelar de Didier Drogba, quen practicamente inédito ao longo da temporada, destacou onte ao xeito dos últimos anos, gañando todos os balóns, desbordando e desmarcándose sempre no momento preciso, marcando un golazo na primeira que tivo, e mesmo protestándolle todas ao árbitro. Canda el, destacou tamén Salomon Kalou, levando moito perigo pola banda dereita e sendo protagonista da acción do gol, pois meteulle un pase interior maxistral polo medio da defensa ao marfileño Drogba , que este non desaproveitou. Do mesmo xeito Lampard distribuía balóns dunha banda á outra coa súa soltura característica e o equipo, no seu conxunto, era unha engrenaxe moi ben engraxada na recuperación e na chegada a área contraria, afogando unha Juve que só vía a luz de cando en vez, cando algún balón solto caía aos pés de Del Piero. Con todo, o panorama mudou radicalmente no segundo tempo. O Chelsea decaeu e concedeulle a iniciativa aos italianos que, de vagar, fóronse metendo no partido, superando aos blues no medio campo grazas a un poderoso Sissoko e intentando a chegada polas bandas con Marchionni e Nedved, se ben botaron seguido en falta o desborde dos laterais. Amauri, entrementres comezaba a gañarlles os balóns aéreos aos centrais do Chelsea. O gol estivo a piques de chegar, sobre todo nun disparo a ras de chan de Nedved que lambeu o pao da porta de Cech. Pero finalmente o marcador ficou como ao descanso e o Chelsea leva un resultado de ouro para Delle Alpi. Guus Hiddink suma a súa segunda vitoria no seu segundo partido e demostra como por momentos, é capaz de recuperar a mellor imaxe do Chelsea, sobre todo se é quen de rescatar ao mellor Drogba.No outro partido da xornada, en Alvalade, vivíuse unha tremenda debacle do Sporting de Lisboa, que caeu por un contundente 0-5 ante o Bayern de Munich. No primeiro tempo, os lisboetas foron mellores e gozaron mesmo de ocasións para adiantárense no marcador, pero concederon un erro fatal: un contragolpe a Franck Ribery, que chegou ata a cociña e marcou pouco antes do descanso. Xa no segundo tempo os bávaros foron claros dominadores e machacaron á contra a un confuso Sporting. Ribery outravolta, Klose, e Luca Toni por dúas veces puxeron o marcador definitivo do partido e pecharon a eliminatoria.
Marcadores:
Bayern de Munich,
Champions,
Chelsea,
Del Piero,
Drogba,
Frank Lampard,
Fútbol,
Juventus,
Kalou,
Klose,
Luca Toni,
Nedved,
Ribery,
Sporting de Lisboa
25/02/2009
BENÍTEZ BAIXA O MADRID DA NUBE
O Liverpool demostrou (0-1) onte como non é moi normal que o Real Madrid acumule nove vitorias consecutivas en Liga. Rafa Benítez dispuxo un sistema táctico perfecto que anulou todo o potencial perigo dos madridistas. Anuladas as bandas, especialmente a de Robben, tapada por un perfecto Fabio Aurelio, ao equipo de Juande faltáronlle as ideas para abrir a lata, sobre todo pola ausencia dun home desequilibrante entre liñas. Así o Madrid non creou no primeiro tempo ningunha ocasión de gol, mentres que o Liverpool, en canto podía, saía con moita intención ao contragolpe e dispuxo deste xeito de claras oportunidades, destacando a de Fernando Torres que desviou brillantemnte Casillas a córner, ou, pola súa plasticidade, o disparo de Xabi Alonso dende o círculo central que a piques estivo de sorprender ao porteiro de Aranjuez. No segundo tempo, o Liverpool, que viña de perder a Torres por lesión no nocello, deu un pasiño atras pero non por iso lle concedeu máis espazos ao equipo de Juande, que procuraba solucións poñendo no campo a Guti, cuxa participación no xogo foi absolutamente irrelevante. Os de Benítez parecían contentarse co empate pois xa apenas saían con intención cara a área contraria, pero tampouco estaban dispostos a desperdiciar un agasallo. Este fíxollelo Heinze, que cometeu unha falta estúpida por innecesaria sobre Kuyt ao borde do lateral da área. Centrou Fabio Aurelio e rematou o máis baixiño, Benayoun, ante a pasividade dos centrais brancos. O Madrid non demostrou capacidade de reacción, nin ese carácter épico e agónico que de cando en vez amosa nos últimos tempos, polo que terá que ir a Liverpool coa espada no pescozo. Juande terá que remexer abondo os miolos para devolverlle a xogada a Benítez. Pola súa banda, o Vila Real desaproveitou unha ocasión inmellorable para deixar sentenciada a súa eliminatoria contra un Panathinaikos moi defensivo. Os castellonencos foron superiores aos gregos e dispuxeron dunha chea de oportunidades. Pero o equipo de Ten Cate reaxiu unha miaxiña no segundo tempo e bateu cun golazo do veterano Karagounis. O Vila Real seguíuno intentando machaconamente e oito miutos despois empatou o partido ao marcar Rossi de penalti. Con todo, o público do Madrigal marchou para a casa coa sensación de que merecerían ir máis tranquilos polos méritos demostrados no campo. En Grecia, nun ambiente infernal, están obrigados a marcar. (Foto de Aaron Carass)
Marcadores:
Benayoun,
Casillas,
Champions,
Fabio Aurelio,
Fernando Torres,
Fútbol,
Heinze,
Juande Ramos,
Karagounis,
Liverpool,
Panathinaikos,
Rafa Benítez,
Real Madrid,
Robben,
Rossi,
Vila Real,
Xabi Alonso
O BARÇA RESPIRA A BALÓN PARADO
O Barcelona rabuñou a balón parado en Gerland un empate (1-1) que lle pon de cara a eliminatoria pero que confirma certo fastío no xogo do equipo de Guardiola. No primeiro tempo foi un conxunto previsible e incapaz de superar en ningún momento a intensa presión do Olympique, cun centro do campo moi poderoso, con Toulalan e Makoun no centro, que afogaron en todo momento a saída do balón dos azulgranas. Inda por riba, bateron cun gol temperán na enésima transformación dunha falta directa por parte de Juninho Pernambucano aos sete minutos. Tivo sorte o Barcelona de que pouco despois Benzema non soubese aproveitar un un contra un ante Valdés que podería ter deixado o partido moi costa arriba. No segundo tempo o Barcelona apoderouse algo máis do balón pero apenas xerou ocasións de perigo. Messi pasou absolutamente desapercibido e a defensa do Olympique demostrou gran concentración e rapidez. O gol, porén, chegou nun corner que peiteou perfectamente Márquez para que Henry remachase en prancha no segundo pao. É destacábel que o Barcelona dispoña de recursos a balón parado para paliar carencias no seu xogo outras veces brillante. O gol do francés deixa a eliminatoria encarreirada para o partido de volta do Camp Nou, pero non despexa certas dúbidas sobre a capacidade do Barcelona para manter de aquí ao remate da temporada o excelente nível da primeira volta.
No Calderón, pola súa banda, o Atlético colleitou un empate proveitoso ante un Porto que puido golear de aproveitar as inúmeras ocasións que lles concederon os defensores atléticos. Lisandro López marcou por dúas veces e é o máximo goleador da competición. Os portugueses son favoritos para a volta. Supoñemos que Futre quedaría desconsolado ao ver o xogo do seu ex-equipo favorito.
O Manchester United desaproveitou a posibilidade de marcar en San Siro nun partido no que dispuxo dunha chea de oportunidades ante un Inter reservón e pouco brillante. O garda redes brasileiro Julio Cesar foi o mellor dos neroazzurri, salvando claras ocasións do United, a maioría delas de Cristiano Ronaldo. Alex Ferguson debe estar preocupado pois o empate sen goles é un resultado pouco desexábel se no banco contrario está sentado o señor Mourinho. Os deportivistas sabemos do que falamos.
Por último o Arsenal gañou con merecimento á Roma no Emirates Stadium por 1-o con gol de Van Persie, resultado que se antolla curto vistos os merecimentos duns e doutros. Os londinenses aínda deben estar lamentando a inimizade de Niklas Bendtner co gol esta temporada. A Roma confirmou a súa irregularidade ao longo desta temporada. Porén, prevese unha volta interesante no Olímpico da capital italiana.
No Calderón, pola súa banda, o Atlético colleitou un empate proveitoso ante un Porto que puido golear de aproveitar as inúmeras ocasións que lles concederon os defensores atléticos. Lisandro López marcou por dúas veces e é o máximo goleador da competición. Os portugueses son favoritos para a volta. Supoñemos que Futre quedaría desconsolado ao ver o xogo do seu ex-equipo favorito.
O Manchester United desaproveitou a posibilidade de marcar en San Siro nun partido no que dispuxo dunha chea de oportunidades ante un Inter reservón e pouco brillante. O garda redes brasileiro Julio Cesar foi o mellor dos neroazzurri, salvando claras ocasións do United, a maioría delas de Cristiano Ronaldo. Alex Ferguson debe estar preocupado pois o empate sen goles é un resultado pouco desexábel se no banco contrario está sentado o señor Mourinho. Os deportivistas sabemos do que falamos.
Por último o Arsenal gañou con merecimento á Roma no Emirates Stadium por 1-o con gol de Van Persie, resultado que se antolla curto vistos os merecimentos duns e doutros. Os londinenses aínda deben estar lamentando a inimizade de Niklas Bendtner co gol esta temporada. A Roma confirmou a súa irregularidade ao longo desta temporada. Porén, prevese unha volta interesante no Olímpico da capital italiana.
Marcadores:
Arsenal,
Atlético de Madrid,
Barcelona,
Champions,
Fútbol,
Henry,
Inter de Milán,
Manchester United,
Olympique de Lyon,
Porto,
Roma
24/02/2009
O DOS SIXERS NON É NORMAL
Xa contamos nun post anterior como os Sixers perderan tres partidos por canastras do equipo contrario no último segundo: primeiro Tony Parker dos Spurs, logo Nowitzki dos Mavericks, e por último Ray Allen dos Celtics. Inda que sexa demasiada casualidade podemos consideralo dentro do terreo do probable. Pero o de onte de Devin Harris, dos Nets, non ten nome. Vexan e xulguen. O dos Sixers xa entra no terreo do paranormal. Por certo, dende o parón do All Star xa van catro derrotas consecutivas.
Marcadores:
Baloncesto,
Devin Harris,
NBA,
Nets,
Sixers
23/02/2009
MERECEUSE A VITORIA
Terceiro empate consecutivo do Dépor na Liga. Nos dous anteriores falabamos de que se deixaran escapar catro puntos. Onte, en cambio, gañouse un, inda que os de Lotina fosen notoriamente superiores a un gris Valencia e merecesen a vitoria. Con todo, o resultado (1-1) é consecuencia da repetición dalgúns defectos que lle impiden ao Dépor mirar máis arriba na táboa: os erros defensivos e a falla de pegada adiante. O erro de De Guzmán, regalándolle o balón a un Villa que se plantou so diante de Aranzubia, permitiulle ao Valencia xogar a favor de marcador. Arriba, o equipo estivo francamente ben, destacando o traballo de presión e recuperación da bola, se cadra dos mellores da temporada. O trío de medios centros do Dépor comeuse con patacas a Manuel Fernandes e Baraja. E arriba, Lassad confirmou as súas boas condicións, xogando con moita confianza e demostrando que ademais de boa planta é técnicamente fino e intelixente. Mágoa que non tivera oportunidade de marcar, en boa medida porque tivo que ocupar as máis das veces, a deserta banda dereita. O gol do Dépor, chegou por enésima vez nunha xogada a balón parado, pero alegra especialmente que marcara Piscu, despois de que o mércores pasado cometera un grave erro contra o Aalborg. Piscu é un defensa central de absoluta garantía, moito máis serio táctica e posicionalmente que Zé Castro, moito máis rápido na anticipación e no cruce, e moito máis contundente pois é moito máis consciente das súas limitacións que o central portugués. Só á hora de sacar o balón xogado, o de Coimbra está un pouco por riba do das Pontes. O gol de Piscu é un merecido premio para un rapaz que ten calidade abonda para asentarse no Dépor nos próximos anos, e o que é inxusto xulgar por un erro cometido nun día no que tivo que xogar nunha posición que lle resulta estraña. Polo demais, cómpre lamentar a arbitraxe de Pérez Burrull, unha auténtica ful, ao que, abofé, non lle elixiron o partido máis acaído para saír da neveira. Especialmente lamentable que se deixara vacilar por César durante minuto e medio e que nin lle sacara cartón, nin logo descontara máis de tres minutos. En todo caso, notable melloría do Dépor con respecto ao último partido que haberá que refrendar cunha tremenda machada o próximo xoves.
XUSTO CAMPIÓN
Finalmente cumpriuse o prognóstico e o TAU converteuse no xusto vencedor da Copa logo dunha final intensa (100-98) e disputada, con prórroga incluída, como non se podía agardar doutro xeito estando Aíto no banco rival. Foi unha final curiosa pois os agardados protagonistas non tiveron precisamete o seu mellor día, especialmente os dos vitorianos Rakocevic e Splitter que viron o final do partido no banco eliminados por cinco persoais. Non foron necesarios, en todo caso necesarios, pois Ivanovic dispón de secundarios de luxo que non desbotan asumir o rol de protagonistas. É o caso do capitán Sergi Vidal, inda que onte errase dous tiros libres que podían ter sentenciado o partido no último cuarto, ou do inconmesurable Pete Mickeal que protagonizou as dúas accións decisivas do partido. Mención aparte merece Mirza Teletovic, que acabou convertido no MVP de torneo, nunha decisión de consenso e de prognóstico incerto ata o final do partido, logo dos seus seis triplazos. En todo caso, é xusta recompensa para un xogador moi interesante e cunha enorme marxe de progresión. No Unicaja tampouco foi o mellor día de Marcus Haislip, que inda que non se agochou en ningún momento, denotou certa ansiedade sabedor do seu rol protagonista. Quen si quixo acaparar as xogadas decisivas foi Joseph Gomis, home apenas relevante no que levamos de temporada para Aíto que tirou de orgullo e quixo pasar de vilán a heroe nunha canastra. Pero o mellor dos seus, máis unha vez, acabou sendo o propio Aíto, quen con mensaxes crípticas nos tempos mortos como: Olympiakos para Joe, Panathinaikos para Jiri, soubo enzoufarlle o partido en todo momento a un rival superior. En fin, fermoso colofón pra unha competición que atopou un formato inmellorable e comeza a acumular unha pequena historia de grandes momentos.
22/02/2009
PRIMEIRAS VÍAS DE AUGA NO BARÇA
O Barça navigaba ata agora pola Liga maxestosamente coma un trasatlántico de luxo, pero onte, o Titanic de Guardiola descubríu as primeiras vías de auga. E fíxoo no día máis inesperado, ante un contrario que malia a súa pobre clasificación na táboa, non ía ser recibido con desdén por canto é o gran rival. En cambio, Pochettino gañoulle a partida a Guardiola. Saíu sen complexos a presionarlle moi arriba ao Barcelona, que non atopaba ocasións claras de gol, agás algúns chispazos soltos de Messi ou Alves. Ademais, os pericos aproveitaban calquera oportunidade para meter o partido nunha dinámica de crispación que lles favorecera. E abofé que lles saíu ben, pois xa no minuto 38, o colexiado Delgado Ferreiro, un pouquiño verde, expulsou a Keita por unha entrada que non era merecente de tal sanción. O caso é que o Barça púxose máis ansioso aínda e o Espanyol aproveitou para facerse dominador do partido, sobre todo no emocional. así, a comezos do segundo tempo aproveitou unha contra para adiantase no marcador. Nené deixoulle un preciso centro á cocorota de De la Peña, que poñía o 0-1. Aos cinco minutos, o propio De la Peña aproveitaba un erro lamentable de Victor Valdés para marcar o segundo. O Barça púxose aínda máis nervioso e Guardiola quitou a Eto´o do campo para poñer a Gudjohnsen e situar a Sergi Busquets como dianteiro centro, nunha decisión tan sorprendente como de escaso proveito. Con todo, o Barça atopou o gol nunha xogada a balón parado que remachou Touré despois dun rexeite. Inda lle quedaba tempo ao Barça, pero non chegou o empate, nin sequera pareceu rondar demasiado a área de Kameni. O Espanyol converteuse con esta vitoria no primeiro equipo na Historia da Liga que vence no campo do líder sendo pechacancelas. O Barça, en cambio, comeza a sentir na caluga o bafo dun espléndido Madrid que onte acadou a súa novena vitoria (6-1) consecutiva cunha exhibición de fútbol ante o seu público. Meteulle seis goles en corenta e cinco minutos a un pobre Betis que só puido marcar por medio de Oliveira, e xa está a só sete puntos do Barcelona de Guardiola. É certo que todos os grandes equipos poden ter un día malo, e o máis normal é que o Barça siga liderando a Liga con velocidade de cruceiro, pero o certo é que nas últimas dúas xornadas xa cedeu cinco puntos ante a planadora madridista, e a angustia pode comezar a instalarse nunha casa tan aprensiva como a blaugrana. Non parece posíbel que afunda, mais si o Barça chegara a afundir, sería unha catástrofe das dimensións da do Titanic. (Foto de Shay)
Marcadores:
Barcelona,
Betis,
De la Peña,
Espanyol,
Fútbol,
Keita,
Pep Guardiola,
Primeira,
Real Madrid,
Víctor Valdés
Assinar:
Postagens (Atom)
