30/01/2009

FRAN VÁZQUEZ E A NBA

Nunca cheguei a entender as razóns polas que Fran Vázquez non foi á NBA cando tivo oportunidade. Mesmo recoñezo que me pareceu mal, inda que non son eu quen para dicirlle a Fran Vázquez o que ten ou non que facer. Daquela, despois de deixar plantados os magic, o seu rendemento decaeu notabelmente. Parece que esta temporada, por fin, está a recuperar o seu mellor nivel. Fran é un xogador que non teño dúbida de que pode ter un sitio na NBA. Non sería raro pensar que volva ter oportunidade. Será capaz de rexeitar dúas veces?

2 comentários:

  1. Ola! Parabéns polo blog. Da gusto ter un blog en galego de deporte.
    Sobre Fran Vazquez creo que lle faltou madurez para dar o salto á NBA. Agora está nun gran momento, máis maduro, pero dudo da súa capacidade (mental, non de calidad) para xogar na NBA.
    Saúdos.

    ResponderExcluir