28/01/2009
O ASTON VILLA DE O´NEILL
O Aston Villa gañou en Portsmouth onte cun gol de Emile Heskey. Heskey, un veterano dianteiro internacional con Inglaterra e que formou unha dupla singular con Michael Owen no Liverpool de Houllier, chegou a Birmingham grazas á confianza que lle ten Martin O´Neill, quen fora o seu adestrador no Leicester City, equipo no que adestrador e xogador se deron a coñecer ao mundo. É unha nova peza que engadir a un Aston Villa cada vez máis forte, cuarto na clasificación a tres puntos do líder e que parece non terlle medo a nada. Se reparamos no equipo vemos unha defensa consistente e veterana, un centro do campo tamén curtido, fisicamente poderoso e con moi bo criterio técnico (Barry, Sidwell, Petrov, Milner) e arriba dúas xoias cada vez máis desexadas polos grandes do fútbol mundial: Ashley Young que corre máis que ninguén e a pon onde quere, e Gaby Agbonlahor, que corre máis que ninguén e ten máis ganas que ninguén de gañar cada partido. Agora chega Heskey, un dianteiro veterano, como tamén o é John Carew, tipos que estiveron en todo tipo de batallas, que saben o que é baterse cunha defensa e que no momento máis inesperado son capaces do detalle máis exquisito. En fin, gústame o Aston Villa e gústame especialmente Martin O´Neill, un tipo que me lembra a Irureta: humilde, traballador, pero que cada vez que colle un equipo é capaz de sacarlle o máximo rendemento e de facelo crecer a cada ano que pasa. Vexamos ata onde pode chegar este Aston Villa
Marcadores:
Agbonlahor,
Ashley Young,
Aston Villa,
Barry,
Emile Heskey,
Fútbol,
Irureta,
John Carew,
Leicester City,
Martin O´Neill,
Portsmouth,
Premier,
Sidwell,
Stilian Petrov
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário