tag:blogger.com,1999:blog-8338938174064179725.post1245962180871817275..comments2023-09-01T00:35:26.392-07:00Comments on deporte de quen?: EXPIACIÓNmerkhttp://www.blogger.com/profile/15873939836569535125noreply@blogger.comBlogger2125tag:blogger.com,1999:blog-8338938174064179725.post-41839203430478437622009-03-16T07:00:00.000-07:002009-03-16T07:00:00.000-07:00Eu vin o partido e gañaron sen facer nada do outro...Eu vin o partido e gañaron sen facer nada do outro mundo, pero sobrados, como o Porto onte. Coincido contigo no de Adrien Silva -merece máis minutos. En canto a Quique, nunca me gustou a súa actitude. É dos típicos que lle botan a culpa a súa nai antes de asumir a propia. Ten un ego que non pode con el e montou o equipo sen saber de que vai a Liga portuguesa. Eu véxolle un plantel a anos luz do Porto. SAUDOSAnonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-8338938174064179725.post-11739886975381588812009-03-16T03:43:00.000-07:002009-03-16T03:43:00.000-07:00Partido na liña de toda a tempada do Sporting -oll...Partido na liña de toda a tempada do Sporting -ollo, non puiden velo, baséome en que onte pasei o día en Portugal e puiden ler os xornáis- que nin arre nin xo, e se está aí é porque o Porto comenzou fatal e o Benfica é... pois o Benfica ao que ten acostumados aos seus siareiros estes últimos anos.
Non me acaba de convencer o Sporting, non sei a que xoga, non domina os partidos, sae ao campo a ver que fan os rivais -falo da liga Sagres, que na champions só vin un partido-, os seus xogadores bandeira están encabronados desde agosto, Pereirinha e Adrien Silva (que a min encántame) non acaban de ter minutos, Yannick que debería ser unha das estrelas xoga 15 minutos -o seu rendemento tampouco merece máis-, Salvo Daniel Carriço non entrou ningún outro rapaz de revulsivo, e a política de fichaxes, en vez de fixarse en Portugal, que hai xogadores moi interesantes, o fai fora e con pouco tino.
Non sei, decepcióname moito o equipo.

Por certo que Quique Flores non perde as mañas que coñeciamos del aquí e non asume responsabilidades dos malos resultados, di que está a facer ben o traballo e que o equipo xoga ben.
O caso do Benfica é para analizalo durante tropecentas páxinas e non dar co que pasa. Xogador por xogador debería estar ao nivel do Porto -ou mellor-, cada ano gastan unha morea de cartos -moitas veces en fichaxes peregrinas, porque o de Balboa, o do chinés este Yu Dabao de hai un ano ou dous, e inda por riba os que non fixeron -buscaban a Codina tendo tres porteiros-, levan máis dun adestrador por tempada, coa excepción deste ano e xa veremos que pasa, e todos os adestradores con estilos distintos...
Un desastre, e claro, os xogadores están fartos: Luisao quere marchar, David Luiz se deixa de lesionarse non ha durar moito, e máis...
Un saúdoAnonymousnoreply@blogger.com